DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Mércores, 11 de febreiro de 2026 Páx. 12528

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria por promoción interna de trece prazas de persoal bibliotecario medio encadradas no subgrupo A2.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 201, do 21 de outubro de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 13 de outubro de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– Trece (13) prazas de persoal bibliotecario medio pola quenda de promoción interna, encadradas no subgrupo A2, C.E. 7/25.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2026

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica