O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.
A aprobación definitiva do proxecto de trazado de conversión en autovía do corredor Nadela-Sarria. Treito Nadela-A Pobra de San Xiao, de clave LU/21/218.01, produciuse o 13 de outubro de 2025 mediante Acordo do Consello da Xunta de Galicia e foi publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 205, do 23 de outubro de 2025. Esta aprobación definitiva implica a declaración de utilidade pública, a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos necesarios para a execución das obras, dos depósitos dos materiais sobrantes, dos préstamos necesarios para executalas e para a reposición de servizos afectados, previstos no proxecto, así como para a reformulación do proxecto e as modificacións deste que, se é o caso, se poidan aprobar posteriormente, e a urxencia da ocupación, todo iso para os efectos de expropiación, ocupación temporal ou imposición ou modificación de servidumes, segundo o disposto no artigo 22.5 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.
A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.
En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante a Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG núm. 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar os titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo, para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.
– Concello de Lugo.
Lugar: salón de actos do Centro Uxío Novoneyra (rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo).
Data: 24 de febreiro de 2026, das 10.00 ás 12.40 horas.
– Concello do Corgo.
Lugar: Centro Sociocultural do Corgo (Estrada Nacional VI, 53, 27163 O Corgo, Lugo).
Data: 25 de febreiro de 2026, das 10.00 ás 13.20 horas.
Data: 26 de febreiro de 2026, das 10.00 ás 11.20 horas.
Concello do Páramo.
Lugar: Casa do Concello do Páramo (rúa Vilarmosteiro, s/n, 27363 O Páramo, Lugo).
Data: 26 de febreiro de 2026, das 13.00 ás 13.20 horas.
A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos nos concellos de Lugo, O Corgo e O Páramo, e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo (edificio administrativo, rolda da Muralla núm. 70, 27071 Lugo), e publicaranse na seguinte ligazón da páxina web da consellería:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/avisos?content=aviso_0380.xml
Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.
Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por unha persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como o certificado da conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria; poderán ir acompañados pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.
Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez elaboradas as actas previas á ocupación e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.
En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación, o cal terá lugar, logo do aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e na data que se indican:
– Concello de Lugo.
Lugar: salón de actos do Centro Uxío Novoneyra (rúa Quiroga Ballesteros, s/n, 27001 Lugo).
Data: 21 de abril de 2026, das 10.00 ás 12.40 horas.
– Concello do Corgo.
Lugar: Centro Sociocultural do Corgo (Estrada Nacional VI, 53, 27163 O Corgo, Lugo).
Data: 22 de abril de 2026, das 10.00 ás 13.20 horas.
Data: 23 de abril de 2026, das 10.00 ás 11.20 horas.
– Concello do Páramo.
Lugar: Casa do Concello do Páramo (rúa Vilarmosteiro, s/n, 27363 O Páramo, Lugo).
Data: 23 de abril de 2026, das 13.00 ás 13.20 horas.
No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.
Este acordo faise público para o xeral coñecemento, advertindo os titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, que non se admitirá a representación senón por medio dun poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, e que deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros, e que se deberán identificar co documento nacional de identidade.
Lugo, 28 de xaneiro de 2026
Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Lugo
