Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 129, do 7 de xullo), e realizado o acto de elección de destino definitivo previsto na Resolución do 15 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 13, do 21 de xaneiro), esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e demais normas concordantes,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de orientación laboral, as persoas aspirantes aprobadas que se relacionan no anexo desta resolución, ordenadas de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicarlles como destinos definitivos, segundo o disposto na base IV.5, os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo desta resolución deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que a persoa aspirante se encontre en situación de incapacidade temporal, o prazo para a toma de posesión comezará a partir do día seguinte hábil ao da data de finalización da baixa médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que poderán tomar posesión durante esta situación.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO
|
Nº |
NIF |
Apelidos e nome |
Posto elixido |
Código do posto |
Denominación |
Cons. |
Centro de destino |
Centro directivo |
Concello |
Subgrupo |
Nivel |
|
1 |
***0814** |
Blanco Tojo, Raquel |
5 |
EM6010000115770021 |
Coordinador/a de orientación laboral |
EM |
S. X. do Servizo Público de Emprego de Galicia |
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
|
2 |
***5531** |
Quintas Blanco, Paula |
6 |
EM6010000115770041 |
Coordinador/a de prospección laboral |
EM |
S. X. do Servizo Público de Emprego de Galicia |
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
25 |
|
3 |
***6285** |
Muíño Acuña, María Victoria |
2 |
EM6010000115770022 |
Técnico/a de emprego |
EM |
S. X. do Servizo Público de Emprego de Galicia |
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
22 |
|
4 |
***6834** |
Mellid López, María |
3 |
EM6010000115770024 |
Técnico/a de emprego |
EM |
S. X. do Servizo Público de Emprego de Galicia |
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
22 |
|
5 |
***1126** |
Rodríguez García, Naica María |
4 |
EM6010000115770042 |
Técnico/a de emprego |
EM |
S. X. do Servizo Público de Emprego de Galicia |
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
22 |
|
6 |
***6250** |
Penerbosa Ferreiro, Alba |
1 |
EM6010000115770044 |
Técnico/a de emprego |
EM |
S. X. do Servizo Público de Emprego de Galicia |
Dirección Xeral de Formación para o Emprego e Orientación |
Santiago de Compostela |
A1-A2 |
22 |
