DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2026 Páx. 12749

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2026, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (Diario Oficial de Galicia número 233, do 2 de decembro), pola que se fan públicos a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 6 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro), modificada pola Resolución do 9 de decembro de 2025 (DOG núm. 241, do 15 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición pola quenda de acceso libre, na agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de persoal subalterno, convocado mediante a Resolución do 24 de novembro de 2025 (DOG núm. 233, do 2 de decembro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o día 22 de febreiro de 2026, en chamamento único, que se iniciará ás 15.00 horas, no pavillón 1 da Feira Internacional de Galicia en Silleda.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, lapis do número 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ao recinto en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026

María José Duro Regos
Presidenta do tribunal