DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2026 Páx. 12688

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

EXTRACTO da Orde do 23 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións ás asociacións de comerciantes sen ánimo de lucro para a dinamización do comercio local, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CO300A).

BDNS (Identif.): 886210.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/886210

Primeiro. Persoas beneficiarias

As agrupacións permanentes de comerciantes, sen ánimo de lucro e con personalidade xurídica propia e plena capacidade, legalmente constituídas baixo calquera forma xurídica, cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia a nivel municipal e desenvolvan proxectos de dinamización e incentivación do consumo de interese e transcendencia en centros comerciais abertos.

Segundo. Obxecto

A dinamización do comercio local.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente na convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un crédito de 2.500.000,00 euros financiado con cargo á aplicación orzamentaria 14.06.751A.481.01 por un importe de 2.500.000,00 euros dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O último día de presentación de solicitudes finalizará ás 20.00 horas.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026

José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración