DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2026 Páx. 12819

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

ANUNCIO polo que se fai público o tribunal de selección no proceso selectivo para a cobertura do posto de coordinador técnico, como persoal temporal de alta dirección.

Mediante o Acordo do Consello de Administración, do 6 de febreiro de 2026, nomeouse o tribunal que deberá cualificar o proceso de selección para a cobertura do posto arriba indicado, coa composición que se relaciona no seguinte anexo, que será anunciado no Diario Oficial de Galicia (DOG) e na páxina web da sociedade www.vivendapublica.gal

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026

María Doporto Santos
Xerente da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, S.A.

ANEXO

Titulares:

Presidente: Ángel Rodríguez González. Licenciado en Dereito. Técnico xurídico de cadro de persoal e secretario do Consello de Administración de Vipugal.

Secretaria: María Román Alonso. Licenciada en CCEE. Técnica de cadro de persoal de Vipugal.

Vogais:

Alberto Feijóo Rodríguez. Arquitecto. Funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos. Xefe do Servizo da Oficina Técnica do Solo do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Sergio López Muíña. Enxeñeiro de CCEP. Funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala enxeñeiros. Xefe do Servizo do Litoral no Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Clímatico en Lugo.

Belén Guitián Arias. Licenciada en Dereito, P.B. grupo A1 na Direccón Técnica de Solo Residencial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Suplentes:

Presidente: José Luis Montero Senra. Licenciado en Dereito. Funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia. Xefe do Servizo de Contratación do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Secretaria: María Alonso Silva. Licenciada en Dereito. Técnica xurídica de cadro de persoal de Vipugal.

Vogais:

Ana Díaz Rivera. Arquitecta. Funcionaria do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de arquitectos. Xefa do Servizo Técnico do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Lugo.

Rocío Carreira Carral. Enxeñeira de CCEP. Funcionaria do Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala enxeñeiros. Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica da Mariña, en Lugo.

Joaquín San Martín Zamacola. Licenciado en Dereito. Director técnico de Solo Residencial do Instituto Galego da Vivenda e Solo.