Mediante a Resolución do 18 de decembro de 2025, o alcalde presidente do Concello de Sanxenxo aprobou inicialmente o proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos afectados polo proxecto de urbanización da primeira fase da vía prevista no Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) para a conexión do SU 1 co solo urbano consolidado de Area de Agra, no lugar da Granxa, Dorrón, asinado polo arquitecto Ángel L. Monteoliva Díaz o día 18 de novembro de 2025.
De conformidade co disposto no artigo 118.3 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante un período mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia para que, quen poida resultar interesado/a, formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que concirne á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos.
O proxecto inicialmente aprobado estará ao dispor das persoas interesadas na sede electrónica deste concello (http://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal) e nas dependencias municipais do Servizo de Urbanismo, logo de solicitar cita previa.
Sanxenxo, 18 de decembro de 2025
Telmo Martín González
Alcalde presidente
