DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2026 Páx. 12817

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO de convocatoria para a cobertura en propiedade de diversas prazas.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 12, do 20 de xaneiro de 2026, e no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 13, do 21 de xaneiro de 2026, foron publicadas integramente as bases que van rexer as convocatorias para a cobertura en propiedade das prazas referidas a continuación:

– Unha praza de capataz de obras, por promoción interna, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo IV, nivel 16, código RPT 05.453.02.01, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2023.

– Unha praza de capataz de xardíns, por promoción interna, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo IV, nivel 16, código RPT 07.172.00.02, a través do sistema selectivo de concurso-oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2023.

– Unha praza de dinamizador/a do museo do gravado, pertencente ao cadro de persoal laboral fixo, grupo II, nivel 20, código RPT 13.333.00.02, a través do sistema selectivo de oposición, e en desenvolvemento da oferta de emprego público do ano 2024.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para o caso das prazas a promoción interna. Para o caso da praza de dinamizador do museo do gravado, o prazo é desde a publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Ribeira, 6 de febreiro de 2026

Mª José Sampedro Fernández
Alcaldesa