DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Xoves, 12 de febreiro de 2026 Páx. 12815

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Páramo

ANUNCIO referente á oferta de emprego público para o ano 2025.

Mediante a Resolución de Alcaldía do 25 de novembro de 2025 acordouse:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público deste concello para o ano 2025, que contén as seguintes prazas:

Persoal funcionario:

Escala da Administración xeral:

Grupo

Subgrupo

Acceso

Núm. vacantes

Denominación

C

C2

Libre

1

Auxiliar administrativo

Segundo. Publicar a oferta de emprego público no taboleiro de anuncios da Corporación, así como na sede electrónica deste concello e no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Convocar as prazas ofertadas en execución desta oferta de emprego público dentro do prazo improrrogable de tres anos contados desde a súa data de publicación.

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 70 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente recurso potestativo de reposición, ante o alcalde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio. Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que xulgue máis conveniente ao seu dereito.

O Páramo, 25 de novembro de 2025

O alcalde
P.D. (Resolución do 12.2.2025)
Benjamín García Toirán
Primeiro tenente de alcalde