De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas mediante a Resolución do 5 de setembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 16 de setembro) para cubrir con persoal laboral fixo tres prazas da categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (animalarios), grupo II, pola quenda de promoción interna, unha vez comprobado que as persoas seleccionadas reúnen os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria, e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,
RESOLVO:
Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a de grao medio de investigación (animalarios) as persoas que superaron o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.
Segundo. As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato, ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
No caso de que as persoas aspirantes se encontren en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, nas cales se poderá asinar o contrato durante esta situación.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2026
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***8918** |
Pérez Calvelo, Manuel |
|
2 |
***8918** |
Otero Cristobo, Mercedes |
|
3 |
***8407** |
Bellón Pita, Lucía |
