DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13065

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 3 de febreiro de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefe/a de servizo de atención primaria).

Convocada pola Resolución do 14 de xuño de 2025 (DOG núm. 119, do 24 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de xefe/a de servizo de atención primaria, esta Xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,

ACORDA:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario (xefe/a de servizo de atención primaria), anunciado pola Resolución do 14 de xuño de 2025 (DOG núm. 119, do 24 de xuño).

Segundo. Nomear no posto que se indica á persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Vigo, 3 de febreiro de 2026

Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo

ANEXO

Posto de traballo: xefe do Servizo de Atención Primaria de Sárdoma.

Nome e apelidos: Carlos Gabian Pereira.

DNI: ***3905**.