Mediante a Resolución reitoral do 18 de novembro de 2025 (DOG do 1 de decembro de 2025 e BOE do 12 de xaneiro de 2026), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de xestión, voluntariado, pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista provisional de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.
Segundo. Indicar que a lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:
https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado
Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivasen a exclusión ou a omisión.
Cuarto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:
https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm
Quinto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.
Sexto. Nomear, en aplicación da base 5.1 da convocatoria, o tribunal do proceso selectivo. Estará composto polas seguintes persoas:
Tribunal titular:
Presidenta:
– Julia María Crespo Comesaña, profesora titular de universidade da USC.
Vogais:
– María Josefa Mosteiro García, profesora titular de universidade da USC.
– Martín Cacheiro Martínez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Manuel Vicente Bermúdez Blanco, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretaria:
– María Cana Villar, funcionaria de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da USC, que actuará con voz e voto.
Tribunal suplente:
Presidenta:
– Ana María Porto Castro, catedrática de universidade da USC.
Vogais:
– Ana Vázquez Rodríguez, profesora permanente laboral da USC.
– Eva Fabeiro Buceta, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
– Victoriano Lema Pérez, persoal laboral fixo do grupo I da USC.
Secretario:
– José Rodríguez Dopazo, funcionario de carreira da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos da USC, que actuará con voz e voto.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
