Na sesión que tivo lugar o 4 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 12 de agosto de 2024 (DOG núm. 159, do 20 de agosto) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, convocado mediante a Resolución do 5 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 7 de xullo) e modificada pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Facer pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, pola orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).
A relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo publicarase tamén no portal web corporativo da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal https://www.xunta.gal/funcion-publica/procesos-selectivos/consulta
De conformidade co disposto na base IV.2, as persoas aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución, para presentaren a documentación prevista na citada base.
Segundo. Elevar esta relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública, para os efectos de que as persoas que figuran nela sexan propostas para o seu nomeamento como funcionarios en prácticas.
Terceiro. De acordo co disposto na base V da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026
María José Campos Núñez
Presidenta do tribunal
ANEXO
Aspirantes que superaron o proceso selectivo
Convocatoria: A2 (concurso-oposición).
Corpo/categoría: corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de inspección turística (206I).
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación 1º exame |
Puntuación 2º exame |
Puntuación fase concurso |
Puntuación final |
|
1 |
***9155** |
López Martínez, María del Pilar |
Promoción interna |
28,75 |
30,16 |
20 |
78,91 |
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Quenda |
Puntuación 1º exame |
Puntuación 2º exame |
Puntuación fase concurso |
Puntuación final |
|
1 |
***2164** |
Díaz Gayoso, Lucía María |
Libre |
32,16 |
37 |
6,75 |
75,91 |
|
2 |
***0604** |
Carballo Neira, Mónica |
Libre |
29,87 |
37,66 |
3,575 |
71,105 |
|
3 |
***8094** |
Rodríguez Pérez, Cristina |
Libre |
28,50 |
31,66 |
8,58 |
68,74 |
|
4 |
***4542** |
Martín López, Noelia María |
Libre |
28,43 |
28,91 |
7,7 |
65,04 |
|
5 |
***2102** |
Martínez Montes, Mónica |
Libre |
27,21 |
31,08 |
5 |
63,29 |
