Na sesión que tivo lugar o 22 de xaneiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 2 de maio de 2025 (DOG núm. 85, do 6 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as, especialidade de enxeñaría de minas, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.
Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2026
José Manuel Romero García
Presidente do tribunal
