DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13046

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 3 de febreiro de 2026, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Resolución do 16 de setembro de 2024, publicada no Diario Oficial de Galicia número 182, do 20 de setembro.

Na sesión que tivo lugar o día 3 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 25 de marzo de 2025 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar, como anexo a este acordo, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación e do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da resolución da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación da relación de persoas aprobadas no DOG, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para presentar os documentos previstos na citada base.

Segundo. Elevar a dita relación á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal e propoñer o nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada perante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2026

Beatriz Allegue Requeijo
Presidenta do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

6º exercicio

Total

***7156**

Rodríguez Castiñeiras, María

25

0

Exenta

17,51

27

26

95,51

***8339**

Mato Martínez, Andrea

23,3

3

Exenta

20,5

17,51

19

83,31