DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13133

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefe/a de Servizo de Recursos Humanos.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 248, do 29 de decembro de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, pola delegación da Xunta de Goberno Local, do 18 de decembro de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– Provisión, polo sistema de libre designación, do posto de xefatura de servizo de Recursos Humanos do Concello da Coruña.

O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2026

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica