DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13132

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria para a provisión por concurso específico de postos de traballo de cabo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, convocatoria 2/25.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña (BOP) nº 221, do 18 de novembro de 2025, publicáronse as bases aprobadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, pola delegación da Xunta de Goberno Local, do 10 de novembro de 2025, modificadas pola Resolución do concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, pola delegación da Xunta de Goberno Local, do 18 de decembro de 2025, publicadas no BOP nº 248, do 29 de decembro de 2025, relativas á seguinte convocatoria:

– Provisión, por concurso específico, de postos de traballo de cabo do Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, convocatoria 2/25.

O prazo de presentación de instancias será de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 22 de xaneiro de 2026

A alcaldesa
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 4.7.2024)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica