DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13131

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza número 1 de Santiago de Compostela, procedemento abreviado 481/25.

No Tribunal de Instancia, Sección do Contencioso-Administrativo, praza nº 1 de Santiago de Compostela, tramítase o recurso 481/25 (procedemento abreviado), interposto por Marcos Franco Doval contra a Resolución do 26 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario (DOG núm. 195, do 9 de outubro) (categoría: técnico/a especialista de sistemas e tecnoloxías da información).

O recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos