DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13145

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO do 22 de xaneiro de 2026 de nomeamento de funcionaria de carreira na praza de traballadora social.

Faise público que mediante a Resolución da Alcaldía 2026-0029 o Concello do Rosal nomeou como funcionaria de carreira na praza de traballadora social, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2, a seguinte persoa:

Davinia María Álvarez Delgado, DNI *****833-H.

O Rosal, 22 de xaneiro de 2026

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa