DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13144

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Rosal

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira na praza de técnica de medio ambiente.

Faise público que mediante a Resolución da Alcaldía 2026-0030 o Concello do Rosal nomeou como funcionaria de carreira na praza de técnica de medio ambiente, pertencente á escala de Administración especial, subescala técnica, grupo A, subgrupo A2, a seguinte persoa:

Andrea Fernández Darriba, con DNI *****884H.

O Rosal, 22 de xaneiro de 2026

Ánxela Fernández Callís
Alcaldesa