DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 30 Venres, 13 de febreiro de 2026 Páx. 13141

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e, de ser o caso, de retirada de especies arbóreas prohibidas en parcelas situadas en solo de núcleo rural, urbano ou urbanizable.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se puido determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa, se ignora o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non foi posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Mondariz, comunícaselles ás persoas responsables dos inmobles que se relacionan a continuación a súa obriga legal de xestión da biomasa e, de ser o caso, retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta pola citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e a ordenanza reguladora da limpeza de terreos, da xestión da biomasa e das distancias de plantacións para a prevención e defensa contra incendios forestais do concello de Mondariz, do 13 de decembro de 2018:

Número de expediente

Data de inspección

Referencia catastral

Persoa responsable

NIF

146/2022

27.1.2022

9709305NG4790N0001ER

(Herdeiros de) Antonio Fernández Otero

***2018**

239/2022

22.2.2022

36030A062001410000MT

Recaredo Couñago González

Descoñecido/a

241/2022

22.2.2022

36030A053003640000MU

Domingo García S-S

Descoñecido/a

274/2022

11.3.2022

5525102NG4752N0001TX

Manuel Amil

Descoñecido/a

745/2022

21.7.2022

36030A046004230000MS

Laura Carballo Lorenzo

Descoñecido/a

746/2022

21.7.2022

36030A046003800000MF

Descoñecido/a

Descoñecido/a

747/2022

21.7.2022

36030A046003810000MM

Descoñecido/a

Descoñecido/a 

751/2022

21.7.2022

5458107NG4755N0001JR

María del Carmen Guitián Troncoso

Descoñecido/a

722/2024

17.6.2024

36030A055005670000ME

Antonio Parente Gómez

Descoñecido/a

612/2024

17.6.2024

4655704NG4745N0001HM

Descoñecido/a

Descoñecido/a

955/2024

17.7.2024

36030A016003380000MI

Rosa María Amil Martínez

***3960**

920/2024

10.2.2025

36030A076000210001QK

María Rosa López Fernández

Descoñecido/a

986/2024

10.2.2025

36030A059011520000MD

María del Carmen de la Torre Epifanio

***9214**

931/2024

3.3.2025

36030A028001810000ML

Rosa Vázquez Castro

Descoñecido/a

917/2024

15.7.2025

36030A046003810000MM

Descoñecido/a

Descoñecido/a

1132/2024

28.4.2025

5125402NG4752N0001EX

Descoñecido/a

Descoñecido/a

1150/2024

21.7.2025

36030A053000050000MJ

(Herdeiros de) Visitación Arjones González

***1945**

1678/2024

7.1.2025

36030A015001800000MZ

Luz Fernández Iglesias

***2983**

544/2024

17.6.2024

36030A053003530000MR

(Herdeiros de) José Alfaya Lavariñas

Descoñecido/a 

868/2024

3.2.2025

36030A060000080001QD

(Herdeiros de) José Álvarez Fernández

***7949**

989/2024

15.7.2025

36030A053003690001QU

(Herdeiros de) Ángel Lavariñas Arjones

***2091**

371/2025

10.2.2025

36030A076005450000MG

Presentación Rodríguez S-S

Descoñecido/a 

1275/2025

4.8.2025

5525102NG4752N0001TX

Manuel Amil

Descoñecido/a

1276/2025

15.7.2025

36030A034003580001QH

(Herdeiros de) Rosa Francisco Blanco

***1909**

1277/2025

15.7.2025

36030A034005750000MU

(Herdeiros de) Rosa Francisco Blanco

***1909**

1645/2025

6.10.2025

36030A038001280000MH

Olivia Míguez Álvarez

Descoñecido/a

1236/2024

26.8.2025

36030A052001810001QG

Raphael Chaos

***3936**

1147/2025

21.7.2025

36030A085012410000MH

Nieves Fortes Fernández

***9051**

1469/2025

22.8.2025

36030A011007030000MF

Descoñecido/a

Descoñecido/a 

1º. En virtude do que antecede, comunícase que na data de inspección indicada na táboa anterior se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido nos artigos 5, 10 ou 11 da citada ordenanza municipal. Polo tanto, as citadas persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais, computados a partir da data de publicación do presente anuncio de notificación, para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela correspondente.

2º. En caso de persistencia no incumprimento, transcorrido o devandito prazo voluntario, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas mensualmente, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 16 da citada ordenanza municipal e sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán o deber legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, excepto nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, as tarifas que se usarán para a cobranza dos gastos derivados dos traballos necesarios para xestionar a biomasa serán os establecidos no anexo IV da citada ordenanza municipal.

4º. A falta de cumprimento das obrigacións indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, e o Concello de Mondariz será a Administración competente para a incoación e resolución do correspondente expediente sancionador, de acordo co establecido no artigo 54.3 da citada Lei 3/2007 e no artigo 18 da citada ordenanza municipal.

5º. Consideraranse infraccións administrativas, en relación coas materias as cales se refire a citada ordenanza municipal, os actos ou omisións que contraveñan as normas contidas nas leis e na propia ordenanza, así como a desobediencia aos mandatos que dite o órgano competente en relación coas materias que se regulan. As infraccións cualificaranse como leves, graves ou moi graves, de acordo co establecido no artigo 19 da citada ordenanza municipal e serán sancionables con multas que irán desde os 750 euros ata os 3.000 euros, de acordo co establecido no artigo 20 da citada ordenanza municipal.

Mondariz, 23 de xaneiro de 2026

Pablo Barcia Bello
Alcalde