De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nos casos en que non se puido determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa, se ignorase o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Mondariz, comunícaselles ás persoas responsables dos inmobles que se relacionan a seguir o seu deber legal de xestión da biomasa e, de ser o caso, da retirada de especies arbóreas prohibidas (descritas na disposición adicional terceira da citada Lei 3/2007) nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data de inspección |
Polígono |
Parcela |
Referencia catastral |
Persoa responsable |
NIF |
|
24.6.2022 |
85 |
2972 |
36030A085029720000MJ |
Descoñecido |
***8915** |
|
21.7.2022 |
62 |
78 |
36030A062000780000MM |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
14.9.2022 |
42 |
257 |
36030A042002570000MI |
Veciños de Mondariz |
Descoñecido |
|
14.9.2022 |
42 |
353 |
36030A042003530000MX |
Carmen Bernárdez Táboas |
Descoñecido |
|
14.9.2022 |
42 |
350 |
36030A042003500000MK |
Herdeiros de Ceferino Barral Martínez |
***8864** |
|
30.9.2022 |
14 |
184 |
36030A014001840000ML |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
16.5.2024 |
45 |
429 |
36030A045004290000MT |
Herdeiros de Armindo Antela Veiga |
***1975** |
|
16.5.2024 |
45 |
430 |
36030A045004300000MP |
Herdeiros de Enrique Blanco Alfaya |
***4486** |
|
29.5.2024 |
21 |
23 |
36030A021000230000MP |
Herdeiros de Guadalupe Honorata Álvarez Sotelino |
***1881** |
|
29.5.2024 |
21 |
25 |
36030A021000250000MT |
José Ramón Iglesias Estévez |
Descoñecido |
|
29.5.2024 |
21 |
27 |
36030A021000270000MM |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
29.5.2024 |
21 |
43 |
36030A021000430000MZ |
José Táboas Barcia |
Descoñecido |
|
5.6.2024 |
56 |
830 |
36030A056008300000MI |
Herdeiros de Armindo Antela Veiga |
***1975** |
|
5.6.2024 |
70 |
159 |
36030A070001590000MI |
Herdeiros de Carmen Táboas Alfaya |
***2166** |
|
5.6.2024 |
56 |
812 |
36030A056008120000MG |
Francisco García Pino |
***5827** |
|
17.6.2024 |
62 |
78 |
36030A062000780000MM |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
17.6.2024 |
48 |
18 |
36030A048000180000MI |
Herdeiros de María Álvarez González |
***1871** |
|
17.6.2024 |
48 |
19 |
36030A048000190000MJ |
Herdeiros de Casimiro Barros Muñoz |
***1785** |
|
17.6.2024 |
62 |
37 |
36030A062000370000MG |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
15.7.2024 |
19 |
87 |
36030A019000870000MW |
María Cabaleiro Estévez |
Descoñecido |
|
3.2.2025 |
60 |
102 |
36030A060001020000MI |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
3.2.2025 |
54 |
45 |
36030A054000450000MI |
Rosa Paz Nogueira |
***5668** |
|
3.2.2025 |
66 |
526 |
36030A066005260000MM |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
3.2.2025 |
66 |
530 |
36030A066005300000MO |
Regina Alfaya Tellado |
***1924** |
|
10.2.2025 |
75 |
132 |
36030A075001320000MO |
Adoración Giráldez Cendón |
***2194** |
|
10.2.2025 |
59 |
991 |
36030A059009910000MU |
María del Carmen de la Torre Epifanio |
***9214** |
|
10.2.2025 |
19 |
192 |
36030A019001920000MQ |
Herdeiros de Luz Vidal Carrera |
***0126** |
|
10.2.2025 |
59 |
1008 |
36030A059010080000MQ |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
10.2.2025 |
59 |
1158 |
36030A059011580000MZ |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
3.3.2025 |
31 |
269 |
36030A031002690000MG |
Rocoman, S.L. |
***7929** |
|
7.4.2025 |
12 |
118 |
36030A012001180000MZ |
Domingo Prieto Domínguez |
Descoñecido |
|
7.4.2025 |
19 |
194 |
36030A019001940000ML |
Elvira Rodríguez Rico |
Descoñecido |
|
7.4.2025 |
11 |
1105 |
36030A011011050000MD |
Luisa Pregal Teixeira |
Descoñecido |
|
7.4.2025 |
11 |
1111 |
36030A011011110000MJ |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
7.4.2025 |
11 |
1112 |
36030A011011120000ME |
Herdeiros de Dionisio Barral Barral |
Descoñecido |
|
7.4.2025 |
11 |
1110 |
36030A011011100000MI |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
7.4.2025 |
11 |
1109 |
36030A011011090000ME |
Herdeiros de Raúl Martínez González |
***8636** |
|
7.4.2025 |
11 |
1108 |
36030A011011080000MJ |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
25.4.2025 |
51 |
214 |
36030A051002140000ME |
Herdeiros de Dolores Trigo Mariño |
Descoñecido |
|
21.7.2025 |
53 |
506 |
36030A053005060000MM |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
23.7.2025 |
85 |
1263 |
36030A085012630000MX |
Nieves Fortes Fernández |
***9051** |
|
12.8.2025 |
16 |
288 |
36030A016002880000MB |
Descoñecido |
***3996** |
|
26.8.2025 |
30 |
93 |
36030A030000930000MS |
Descoñecido |
Descoñecido |
|
27.8.2025 |
42 |
125 |
36030A042001250000MR |
Benjamín Barral Quinteiro |
***5651** |
|
27.8.2025 |
42 |
642 |
36030A042006420000MI |
Adelina Bello Vázquez |
***2045** |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na data de inspección sinalada na táboa anterior se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, as citadas persoas responsables dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais, computados a partir da data de publicación do presente anuncio de notificación, para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa na parcela correspondente.
Lémbraselles ás persoas que resulten responsables segundo o artigo 21.ter que deberán proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas prohibidas, antes de finalizar o mes de maio de cada ano. Ademais, en caso de incumprimento persistente, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberán completarse antes do primeiro día de abril.
2º. En caso de persistencia no incumprimento, transcorrido o devandito prazo voluntario, poderanse impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área afectada fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración competente das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impoñer por multa coercitiva será de 100 euros con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento destes terán o deber legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, excepto nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria por parte da Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Número de expediente |
Referencia catastral |
Hectáreas afectadas pola faixa secundaria |
Estimación do custo de xestión por hectárea |
Liquidación provisional |
|
695/2022 |
36030A085029720000MJ |
0,1702 |
3.545,82 € |
603,50 € |
|
759/2022 |
36030A062000780000MM |
0,1866 |
3.545,82 € |
661,65 € |
|
1004/2022 |
36030A042002570000MI |
0,1226 |
3.545,82 € |
434,72 € |
|
1007/2022 |
36030A042003530000MX |
0,0454 |
3.545,82 € |
160,98 € |
|
1006/2022 |
36030A042003500000MK |
0,0267 |
3.545,82 € |
94,67 € |
|
1053/2022 |
36030A014001840000ML |
0,3588 |
3.545,82 € |
1.272,24 € |
|
530/2024 |
36030A045004290000MT |
0,0129 |
1.688,89 € |
21,76 € |
|
531/2024 |
36030A045004300000MP |
0,0392 |
3.545,82 € |
139,13 € |
|
643/2024 |
36030A021000230000MP |
0,1775 |
3.545,82 € |
629,27 € |
|
644/2024 |
36030A021000250000MT |
0,0357 |
3.545,82 € |
126,50 € |
|
646/2024 |
36030A021000270000MM |
0,1052 |
874,91 € |
92,07 € |
|
647/2024 |
36030A021000430000MZ |
0,0991 |
3.545,82 € |
351,49 € |
|
474/2024 |
36030A056008300000MI |
0,1458 |
3.953,15 € |
576,37 € |
|
380/2024 |
36030A070001590000MI |
0,0844 |
874,91 € |
73,84 € |
|
455/2024 |
36030A056008120000MG |
0,4043 |
3.545,82 € |
1.433,58 € |
|
686/2024 |
36030A062000780000MM |
0,1866 |
3.545,82 € |
661,65 € |
|
613/2024 |
36030A048000180000MI |
0,0242 |
1.688,89 € |
40,87 € |
|
614/2024 |
36030A048000190000MJ |
0,0342 |
1.688,89 € |
57,71 € |
|
696/2024 |
36030A062000370000MG |
0,0597 |
3.545,82 € |
211,80 € |
|
963/2024 |
36030A019000870000MW |
0,0323 |
3.545,82 € |
114,53 € |
|
483/2024 |
36030A060001020000MI |
0,0552 |
2.056,00 € |
113,49 € |
|
1205/2024 |
36030A054000450000MI |
0,1854 |
3.545,82 € |
657,37 € |
|
208/2025 |
36030A066005260000MM |
0,0360 |
3.545,82 € |
127,65 € |
|
802/2024 |
36030A066005300000MO |
0,0670 |
3.545,82 € |
237,40 € |
|
376/2024 |
36030A075001320000MO |
0,0169 |
2.056,00 € |
34,75 € |
|
985/2024 |
36030A059009910000MU |
0,1457 |
874,91 € |
127,47 € |
|
1380/2024 |
36030A019001920000MQ |
0,3013 |
3.953,15 € |
1.190,89 € |
|
398/2025 |
36030A059010080000MQ |
2,2338 |
4.420,73 € |
9.875,12 € |
|
419/2025 |
36030A059011580000MZ |
0,0756 |
1.688,89 € |
127,61 € |
|
487/2025 |
36030A031002690000MG |
0,0327 |
5.642,04 € |
184,62 € |
|
1534/2024 |
36030A012001180000MZ |
0,0161 |
3.953,15 € |
63,65 € |
|
579/2025 |
36030A019001940000ML |
0,1257 |
3.953,15 € |
496,82 € |
|
1238/2025 |
36030A011011050000MD |
0,0700 |
8.373,88 € |
586,02 € |
|
1242/2025 |
36030A011011110000MJ |
0,0727 |
4.420,73 € |
321,39 € |
|
1243/2025 |
36030A011011120000ME |
0,0994 |
4.420,73 € |
439,42 € |
|
1241/2025 |
36030A011011100000MI |
0,0437 |
4.420,73 € |
193,19 € |
|
1240/2025 |
36030A011011090000ME |
0,0297 |
4.420,73 € |
131,30 € |
|
1239/2025 |
36030A011011080000MJ |
0,0437 |
4.420,73 € |
193,19 € |
|
1468/2024 |
36030A051002140000ME |
0,5968 |
874,91 € |
522,15 € |
|
1445/2024 |
36030A053005060000MM |
0,1243 |
3.545,82 € |
440,75 € |
|
1230/2025 |
36030A085012630000MX |
0,2933 |
2.056,00 € |
603,06 € |
|
954/2024 |
36030A016002880000MB |
0,0633 |
3.953,15 € |
250,23 € |
|
1214/2025 |
36030A030000930000MS |
0,1281 |
9.187,86 € |
1.176,62 € |
|
1460/2025 |
36030A042001250000MR |
0,0156 |
874,91 € |
13,65 € |
|
1451/2025 |
36030A042006420000MI |
0,1792 |
5.642,04 € |
1.011,05 € |
4º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal poderán adoptarse medidas de carácter provisional consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas na presente lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais respecto diso, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves)
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer en caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007). En caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
Mondariz, 23 de xaneiro de 2026
Pablo Barcia Bello
Alcalde
