A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 29 de decembro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, do Servizo Galego de Saúde, dispón que, contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
En vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación alcanzada nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) o acordo do tribunal relativo á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso na categoría de grupo auxiliar da función administrativa, en prazas reservadas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual, convocado pola Resolución do 19 de decembro de 2023.
Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Segundo. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada de conformidade co número de prazas convocadas.
Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria e o artigo 16.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da súa publicación para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
No caso dos/das nacionais doutro Estado, non encontrarse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.
c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
Esta autorización deberá presentarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, no punto relativo ao emprego público (www.sergas.es/emprego público).
d) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.
e) Os/as participantes deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento do grao de discapacidade exixido para acceder pola quenda de discapacidade intelectual, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lle recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.
De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 19 de decembro de 2023, os/as que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos para participar no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
Cuarto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberase dirixir á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Quinto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da resolución de convocatoria do proceso.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
|
Núm. de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota de oposición |
Formación |
Experiencia profesional |
Puntuación total |
|
1 |
***7413** |
Reigia Pose, Andrea |
LI |
99,000 |
8,000 |
0,000 |
107,000 |
|
2 |
***6859** |
Dequidt Carretero, María Tatiana |
LI |
96,000 |
8,000 |
2,900 |
106,900 |
|
3 |
***9625** |
Rodríguez Rey, Lucía |
LI |
100,000 |
1,710 |
4,150 |
105,860 |
|
4 |
***8952** |
Seoane Rosende, Carina |
LI |
96,000 |
8,000 |
1,400 |
105,400 |
|
5 |
***1702** |
Barcia Rodríguez, Daniel |
LI |
94,000 |
0,000 |
11,300 |
105,300 |
|
6 |
***3893** |
Criado Casal, Alejandro |
LI |
97,000 |
8,000 |
0,250 |
105,250 |
|
7 |
***5834** |
Fernández Porto, Lara María |
LI |
96,000 |
8,000 |
0,000 |
104,000 |
|
8 |
***8971** |
Paz Rolán, Michael |
LI |
96,000 |
8,000 |
0,000 |
104,000 |
|
9 |
***1101** |
Del Moral Queiro, Pedro |
LI |
96,000 |
8,000 |
0,000 |
104,000 |
|
10 |
***4639** |
Rodríguez Prol, Iñaki |
LI |
94,000 |
8,000 |
0,000 |
102,000 |
|
11 |
***4141** |
Montenegro Díaz, Lidia |
LI |
96,000 |
4,200 |
0,000 |
100,200 |
|
12 |
***9424** |
Mariño Somoza, Luis |
LI |
91,000 |
8,000 |
1,000 |
100,000 |
|
13 |
***5555** |
Sáez González, Andrés |
LI |
91,000 |
8,000 |
0,450 |
99,450 |
|
14 |
***0200** |
Malingre Gajino, Carlota |
LI |
91,000 |
8,000 |
0,400 |
99,400 |
|
15 |
***1363** |
Fuentes Lista, Alejandra |
LI |
90,000 |
8,000 |
1,250 |
99,250 |
|
16 |
***8975** |
Jiménez Lorda, Pablo |
LI |
90,000 |
8,000 |
1,200 |
99,200 |
|
17 |
***0822** |
Agrelo Suárez, Marina Cristina |
LI |
91,000 |
8,000 |
0,000 |
99,000 |
|
18 |
***7239** |
Conde Figueroa, Rebeca |
LI |
90,000 |
8,000 |
0,300 |
98,300 |
|
19 |
***6700** |
Vergara Rodríguez, María Victoria |
LI |
90,000 |
8,000 |
0,000 |
98,000 |
|
20 |
***9712** |
Souto Fariñas, Pablo |
LI |
89,000 |
8,000 |
0,450 |
97,450 |
|
21 |
***9243** |
Fernández Viaño, Álvaro |
LI |
97,000 |
0,000 |
0,000 |
97,000 |
|
22 |
***9038** |
Bermejo González, Adrián |
LI |
96,000 |
0,750 |
0,000 |
96,750 |
|
23 |
***4360** |
Varela García, Noemí |
LI |
93,000 |
2,640 |
0,650 |
96,290 |
|
24 |
***7380** |
Rodríguez López, Alexandre |
LI |
91,000 |
5,100 |
0,000 |
96,100 |
|
25 |
***8309** |
Pardo Pensado, Fernando |
LI |
96,000 |
0,000 |
0,000 |
96,000 |
|
26 |
***6411** |
Rodríguez López, Lucas |
LI |
88,000 |
7,890 |
0,000 |
95,890 |
|
27 |
***8023** |
Ramallo Sánchez, Laura |
LI |
87,000 |
8,000 |
0,000 |
95,000 |
|
28 |
***5941** |
Souto Obarrio, Javier |
LI |
87,000 |
8,000 |
0,000 |
95,000 |
|
29 |
***1777** |
Silva Míguez, Tiago |
LI |
91,000 |
3,630 |
0,000 |
94,630 |
|
30 |
***8269** |
Besteiro Corral, Marta |
LI |
93,000 |
1,500 |
0,000 |
94,500 |
|
31 |
***1363** |
Fuentes Lista, Andrea |
LI |
84,000 |
8,000 |
1,500 |
93,500 |
|
32 |
***9035** |
Miguéns García, Óscar |
LI |
87,000 |
6,060 |
0,200 |
93,260 |
|
33 |
***5092** |
López Larriba, Fernando Ramón |
LI |
85,000 |
8,000 |
0,000 |
93,000 |
|
34 |
***0226** |
López Vicario, María |
LI |
84,000 |
8,000 |
0,750 |
92,750 |
|
35 |
***7399** |
Blanco Ramos, Hilda |
LI |
84,000 |
8,000 |
0,700 |
92,700 |
|
36 |
***4597** |
Pérez Rama, María José |
LI |
81,000 |
3,720 |
7,300 |
92,020 |
|
37 |
***1766** |
Nieto de Almeida Ruso, María Belén |
LI |
84,000 |
8,000 |
0,000 |
92,000 |
|
1 |
***0205** |
López Rico, Diego |
PI |
94,000 |
7,005 |
4,403 |
105,408 |
|
2 |
***5748** |
Vázquez Torreiro, Guadalupe |
PI |
88,000 |
8,000 |
8,805 |
104,805 |
|
3 |
***9828** |
Briones da Silva, Stefany |
PI |
91,000 |
5,800 |
6,390 |
103,190 |
|
4 |
***2518** |
Filgueiras Sanesteban, Nerea |
PI |
88,000 |
8,000 |
3,900 |
99,900 |
|
5 |
***8524** |
Bastón Suárez, Carlos |
PI |
88,000 |
8,000 |
3,900 |
99,900 |
|
6 |
***6068** |
Corredoira Taboada, David |
PI |
85,000 |
8,000 |
6,050 |
99,050 |
|
Acceso: PI: promoción interna; LI: libre. |
|
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro. |
