A base oitava da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos, do 19 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro), pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, dispón que, contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación, ante o propio tribunal, no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal efectuará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas da fase de concurso e a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación obtida nas diferentes quendas de acceso, e elevará esta relación á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co anteriormente exposto, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Publicar, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), os acordos dos tribunais, relativos á puntuación definitiva da fase de concurso obtida polas persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 19 de decembro de 2023.
Cada aspirante poderá consultar, ademais, o detalle da puntuación obtida nas distintas epígrafes do baremo, no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Segundo. Publicar, como anexo desta resolución, a relación dos/das aspirantes seleccionados/as en cada categoría, segundo a orde de puntuación obtida nas diferentes quendas de acceso, de conformidade co número de prazas convocadas e coas previsións contidas nas bases 1.3.2 e 1.4.3 da resolución de convocatoria.
Terceiro. De conformidade coa base 9.1 da convocatoria e co artigo 16.2 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, os/as aspirantes seleccionados/as que se relacionan no anexo desta resolución disporán do prazo de dez días hábiles, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, para a presentación da seguinte documentación:
a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.
No caso dos/das nacionais doutro Estado, non encontrarse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores.
b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que o/a imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría.
c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.
Esta autorización deberá presentarse no modelo que para o efecto consta na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe relativa a emprego público (www.sergas.es/emprego público).
d) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter a condición de persoal estatutario fixo da mesma categoría a que opta.
e) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola que se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.
De conformidade coa base 9.2 da Resolución do 19 de decembro de 2023, os/as que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participaren no proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
Cuarto. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superen o concurso-oposición pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitarlle á autoridade convocante, no prazo que se indica no punto terceiro desta resolución, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados.
Quinto. A documentación requirida nesta resolución deberá presentarse nun rexistro administrativo ou a través de calquera dos procedementos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e deberase dirixir á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde; Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
Sexto. Esta resolución poderá ser impugnada nos termos previstos na base XI da resolución de convocatoria do proceso.
Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026
María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos
ANEXO
|
Nº de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
Acceso |
Nota oposición |
Formación |
Experiencia profesional |
Outras actividades |
Puntuación total |
|
Grupo de xestión da función administrativa |
||||||||
|
1 |
***7124** |
VILLAR RODRIGUEZ, TERESA MARIA |
DI |
39,375 |
7,300 |
1,600 |
0,000 |
48,275 |
|
1 |
***3422** |
NOVO BARROS, MARTA |
LI |
39,750 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
75,750 |
|
2 |
***4963** |
MARTINEZ BARREIRO, JOSE CARLOS |
LI |
46,750 |
8,000 |
19,000 |
0,000 |
73,750 |
|
3 |
***1767** |
FERNANDEZ BANDE, MANUEL |
LI |
37,500 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
73,500 |
|
4 |
***7912** |
BARRERAS VISO, MONICA |
LI |
34,750 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
70,750 |
|
5 |
***6837** |
BARBAZAN IGLESIAS, MARIA SALOME |
LI |
34,625 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
70,625 |
|
6 |
***3153** |
ROMERO GANDARA, MIGUEL ANGEL |
LI |
51,875 |
8,000 |
9,150 |
0,000 |
69,025 |
|
7 |
***3375** |
ALONSO BALAÑAC, MARIA MERCEDES |
LI |
47,000 |
8,000 |
13,866 |
0,000 |
68,866 |
|
8 |
***9049** |
VAL MARTINEZ, MARIA DEL PILAR |
LI |
52,250 |
8,000 |
8,230 |
0,000 |
68,480 |
|
9 |
***0015** |
SANDE MUÑIZ, XOAN MANOEL |
LI |
45,500 |
8,000 |
14,935 |
0,000 |
68,435 |
|
10 |
***4399** |
PASTORIZA VAAMONDE, RUTH |
LI |
51,375 |
8,000 |
8,950 |
0,000 |
68,325 |
|
11 |
***8748** |
PEÑARROYA BARRAL, MARGARITA |
LI |
41,500 |
8,000 |
15,950 |
0,000 |
65,450 |
|
12 |
***8802** |
LONGA PASCUAL, ROBERTO |
LI |
39,875 |
8,000 |
16,050 |
0,000 |
63,925 |
|
1 |
***8866** |
CAAMAÑO LAGO, MARIA DOLORES |
PI |
46,125 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
82,125 |
|
2 |
***1138** |
VAZQUEZ DEMANUEL, SONIA |
PI |
42,500 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
78,500 |
|
3 |
***2210** |
MORUJA CORUJO, MARIA TERESA |
PI |
40,875 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
76,875 |
|
4 |
***8465** |
RODRIGUEZ GONZALEZ, ANA MARIA |
PI |
44,125 |
8,000 |
22,350 |
0,000 |
74,475 |
|
5 |
***6225** |
CEBEIRO RODRIGUEZ, MIGUEL ANGEL |
PI |
40,375 |
8,000 |
24,758 |
0,000 |
73,133 |
|
6 |
***5642** |
DIAZ CID, MARIA JOSE |
PI |
36,500 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
72,500 |
|
7 |
***0528** |
FERNANDEZ PALLA, ANA |
PI |
48,000 |
8,000 |
15,700 |
0,000 |
71,700 |
|
8 |
***8356** |
MARTINEZ RUSO, MARIA JOSE |
PI |
35,625 |
8,000 |
28,000 |
0,000 |
71,625 |
|
9 |
***4696** |
BURGOS PEREZ, EVA |
PI |
47,625 |
8,000 |
14,950 |
0,000 |
70,575 |
|
10 |
***1482** |
VAZQUEZ MARTINEZ, MARIA ISABEL |
PI |
46,125 |
8,000 |
16,450 |
0,000 |
70,575 |
|
11 |
***8151** |
DOMINGUEZ PEREZ, ANA ISABEL |
PI |
41,500 |
8,000 |
20,000 |
0,000 |
69,500 |
|
12 |
***8153** |
CACHEIRO PORTO, MIGUEL |
PI |
45,000 |
8,000 |
16,320 |
0,000 |
69,320 |
|
13 |
***6888** |
GONZALEZ FERNANDEZ, JOSEFINA |
PI |
45,250 |
8,000 |
15,950 |
0,000 |
69,200 |
|
Grupo técnico da función administrativa |
||||||||
|
1 |
***6524** |
ARES PATIÑO, ANGEL |
LI |
36,625 |
8,000 |
1,390 |
0,000 |
46,015 |
|
1 |
***3051** |
GONZALEZ RAMOS, DANIEL |
PI |
35,250 |
8,000 |
9,400 |
0,000 |
52,650 |
|
Acceso: DI: discapacidade xeral; PI: promoción interna; LI: libre. |
||||||||
|
(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro. |
||||||||
