III. Outras disposicións
Axencia de Turismo de Galicia
EXTRACTO da Resolución do 13 de febreiro de 2026 pola que se acorda a ampliación do prazo para a presentación de solicitudes no procedemento regulado pola Resolución do 18 de novembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a adquisición de bicicletas e patinetes eléctricos, así como para a dotación de estacións de reparación e puntos de recarga, no territorio das Rutas do Viño de Galicia, co obxectivo de fomentar a mobilidade sostible, ao abeiro do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se efectúa a súa convocatoria como anticipado de gasto para o ano 2026 (código de procedemento TU503K).
BDNS (Identif.): 871890.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/871890
Primeiro. Modificación do prazo de presentación de solicitudes
Modifícase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 2 de marzo de 2026, polo que resulta ampliado o prazo regulado no artigo 9.2 das bases reguladoras da citada resolución.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026
José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia