DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13305

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 4 de febreiro de 2026, do tribunal cualificador do proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimos-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, convocado pola Resolución do 3 de decembro de 2025 e modificado pola Resolución do 23 de decembro de 2026, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 4 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 3 de decembro de 2025 (DOG núm. 237, do 9 de decembro) e modificado pola Resolución do 23 de decembro de 2025 (DOG núm. 251, do 30 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre, no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de servizos ao buque, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, que o primeiro exercicio da oposición terá lugar o 24 de febreiro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas na aula 7 da Escola Galega de Administración Pública, sita en Santiago de Compostela, na rúa Madrid 2-4 (As Fontiñas), en Santiago de Compostela.

Os/as aspirantes deberán ir provistos do DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, de lapis do nº 2 e goma de borrar.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026

Manuel Romero Gómez
Presidente do tribunal