Na sesión que tivo lugar o 5 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 9 de decembro de 2025 (DOG núm. 239, do 11 de decembro), da Conselleria de Facenda e Administración Pública, para cualificar o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de procesos de cultivo acuícola, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 24 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño),
ACORDOU:
Primeiro. Convocar a realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidad de procesos de cultivo acuícola (Resolución do 24 de xuño de 2025, DOG núm. 123, do 30 de junio)
Segundo. O primeiro exercicio da oposición, de conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, terá lugar o día 24 de febreiro de 2026, ás 15.30 horas, na aula 2 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Terceiro. De conformidade coa base II.1.2.2, as persoas aspirantes deberán presentarse ao exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade, lapis do número 2 e goma de borrar.
Cuarto. Non se permitirá o acceso aos espazos en que se realice o primeiro exercicio con móbiles, axendas electrónicas, reloxes intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026
Alfonso García Magariños
Presidente do tribunal
