O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 12 de febreiro de 2026, acordou aclarar a providencia do 27 de xaneiro de 2026 ditada no recurso de inconstitucionalidade número 6810-2025, no sentido de precisar que os preceptos impugnados e, por tanto, suspendidos son os seguintes:
– Artigo 30, número dous, da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, unicamente no que se refire ao parágrafo primeiro do artigo 6.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
– Artigo 30, número trece, da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, unicamente no que se refire á nova redacción do parágrafo segundo do artigo 34.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
– Artigo 30, números dezasete, dezanove, vinte, vinte e un e vinte e cinco, da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, en canto engaden á Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, as disposicións adicionais décima, décimo segunda, décimo terceira e décimo cuarta, así como a disposición transitoria décimo segunda, unicamente, no caso desta última disposición, no que se refire ao número 7.
– Artigo 45, número cinco, da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, unicamente no que se refire ao número 2 da disposición adicional décimo segunda da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Madrid, 12 de febreiro de 2026
Alfonso Pérez Camino
Secretario de xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional
