DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13175

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Valedor do Pobo

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2026 pola que se dispón a substitución dunha vogal da Comisión da Transparencia de Galicia.

A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia de Galicia e atribúelle, no seu parágrafo 2.a), a súa presidencia á persoa titular da institución do Valedor do Pobo.

No exercicio das funcións inherentes á Presidencia da devandita comisión e por proposta do Consello Consultivo de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Que cese Ana María López Guizán como vogal titular da Comisión da Transparencia de Galicia, en representación do Consello Consultivo de Galicia.

Segundo. Nomear a José Ángel Oreiro Romar como vogal titular da Comisión da Transparencia de Galicia, en representación do Consello Consultivo de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026

María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo (en funcións)