DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13362

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.4300, outorgada o 28 de maio de 2002, no concello de Moaña (expediente DH.A36.111628).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios de Couso-Meira.

Expediente: DH.A36.111628.

Volume total anual: 24.098,40 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,10 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: seis (6) mananciais.

M1 na parcela 9020, polígono 24.

M2 a M6, e M9 na parcela 50197, polígono 24.

M7 e M8 na parcela 1, polígono 10.

Todas do catastro de Moaña.

Lugar: Reibón.

Parroquia: Meira.

Concello: Moaña.

Descrición:

A auga dos mananciais reúnese para conducila a depósito na parcela 265, polígono 24, do que parte unha rede de distribución ás vivendas.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 14 de xaneiro de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur