DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 31 Luns, 16 de febreiro de 2026 Páx. 13364

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.B15.7096 e trece máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente DH.B15.7096 e trece máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e a constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar unha cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.B15.7096

Francisco Lorenzo Iglesias

9.1.2026

E-61-9235-P

José Orge Riveiro e outros

9.1.2026

6510-F-945-2

Trinidad Suárez Hermida

9.1.2026

2926-F-860

Fernando Ferro Toubes e outros

9.1.2026

E-57-2600-P

Ignacio Ares Castro e outros

9.1.2026

2636-F-339

Manuel Monterroso Pose

9.1.2026

1773-F-255

Dolores Gándara Pérez

9.1.2026

2564-F-338

Albano Moreira Bermúdez e outros

9.1.2026

2563-F-338

Manuel Lema N. e outros

9.1.2026

3132-F-338

Antonio Pouso López

9.1.2026

E-61-4718-L_01

Ricardo Pita Veiga e outros

9.1.2026

753-F-336

Manuela García del Río

9.1.2026

E-61-7077-C

Asunción Anido Fondo e outros

9.1.2026

400-F-334

José Pérez Artime

9.1.2026