Mediante a Resolución reitoral do 19 de decembro de 2023 (DOG do 4 de xaneiro de 2024) convócanse probas selectivas para cubrir dúas prazas vacantes da categoría de técnico de investigación, área electrónica-mecánica, pola quenda de acceso libre.
Con data do 15 de xaneiro de 2026, o tribunal publica a relación definitiva de persoas aspirantes que superaron as probas selectivas. Coa finalidade de dar cumprimento ao establecido no número 7 da convocatoria, para que as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo soliciten destino,
RESOLVO:
Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que son convocadas á elección de destino, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.
Segundo. Os postos ofertados e os requisitos exixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.
Terceiro. No prazo máximo de cinco (5) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no taboleiro electrónico da USC, as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionarán os destinos ofertados por orde de prelación a través do formulario electrónico habilitado ao respecto que figura no Catálogo de procedementos da sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/RHHH_eleccionDestinos.htm, para o cal empregarán os medios de identificación que se establecen na base 3.2 da Resolución do 19 de decembro de 2023 pola que se convocaba o procedemento selectivo.
Cuarto. Para a selección de destinos, a persoa aspirante deberá acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:
Unha vez que acceda ao formulario electrónico, a persoa aspirante deberá, en primeiro lugar, elixir entre as opcións «Renuncia», «Solicitude de excedencia» ou «Escoller posto».
1º. De elixir a opción «Renuncia», a persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal laboral fixo nesta categoría.
2º. Poderá elixir a «Solicitude de excedencia» sempre que cumpra os requisitos exixidos no artigo 64.2 do Convenio colectivo da USC.
3º. De elixir a opción «Escoller posto», a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan tendo en conta que deberá indicar, como mínimo, un número de prazas ordenadas segundo preferencia que sexa igual ao número de orde obtido.
Quinto. Á persoa aspirante que non presente a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccione un número de prazas inferior ao fixado no parágrafo anterior e non se lle adxudique ningún destino, ou non presente a súa solicitude de excedencia no xeito previsto nesta resolución, seralle adxudicado o posto que lle corresponda atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo entre os que quedasen sen adxudicar, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás persoas aspirantes.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo anteriormente mencionado mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2026
Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
ANEXO I
Relación de persoas aspirantes que superaron o procedemento selectivo, convocadas á elección de destino
Quenda de acceso libre:
|
Número de orde |
DNI |
Apelidos e nome |
|
1 |
***4951** |
Pardo Lourido, Maximino |
|
2 |
***6212** |
Ferreira Casal, Miguel Ángel |
ANEXO II
Relación de prazas que se ofertan:
|
Código |
Denominación e unidade de adscrición do posto |
Quenda |
Campus |
Observacións |
|
PL000382 |
Técnico de investigación, área electrónica-mecánica. Observatorio Astronómico |
Mañá |
Santiago de Compostela |
Comparte Facultade de Óptica e Optometría |
|
PL000383 |
Técnico de investigación, área electrónica-mecánica. Departamento Física de Partículas |
Xornada partida |
Santiago de Compostela |
