A Resolución da Alcaldía do Concello de Teo núm. 1593/2025, do 11 de decembro, aprobou as bases e a convocatoria para a contratación, en réxime funcionarial, pola quenda de acceso libre, dunha (1) praza de administrativa/o, mediante o sistema de oposición, correspondente á oferta de emprego público 2024, coas seguintes características:
|
Denominación da praza |
Administrativa/o |
|
Réxime |
Funcionaria/o de carreira |
|
Escala |
Administración xeral |
|
Subescala |
Administrativa |
|
Área |
Servizos xerais |
|
Grupo/subgrupo |
C1 |
|
Nivel |
22 |
|
Sistema selectivo |
Oposición |
|
Quenda de acceso |
Libre |
|
Núm. de vacantes |
1 |
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 241, do 17 de decembro de 2025, publicáronse integramente as bases da convocatoria.
Os sucesivos anuncios relativos ao desenvolvemento do proceso selectivo efectuaranse no taboleiro de anuncios da Corporación, na páxina web municipal e no Portal de transparencia do Concello de Teo: www.teo.gal
Teo, 17 de decembro de 2025
Lucía Calvo de la Uz
Alcaldesa
