No Boletín Oficial da provincia de Ourense (BOP) número 28, do 11 de febreiro de 2026, publicáronse a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo convocado polo Concello de Celanova, derivado da oferta de emprego público ordinaria do exercicio 2025 para a selección e posterior contratación laboral fixa dun/dunha operario/a de limpeza viaria .
Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de febreiro de 2026, aprobáronse a convocatoria do proceso selectivo e as bases reguladoras do proceso selectivo que se sinala a continuación:
Denominación da praza; grupo; sistema de selección; nº prazas; xornada: operario/a de limpeza viaria; V; concurso-oposición libre; 1; completa.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado, de acordo co establecido nas bases reguladoras. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos nos termos establecidos nas propias bases.
Celanova, 11 de febreiro de 2026
Antonio Puga Rodríguez
Alcalde
