Expediente 2026/E003/000001.
Mediante o Decreto da Alcaldía nº 45/2026, do 26 de xaneiro de 2026, aprobouse a oferta de emprego público para o ano 2026, coa especificación das prazas que se indican a seguir, xunto coa súa denominación e clasificación:
Persoal funcionario:
|
Prazas |
Código/denominación do posto |
Grupo/subgrupo |
Escala/subescala |
Forma de acceso |
|
1 |
4001/axente de Policía local |
C/C-1 |
Administración especial/servizos especiais |
Libre |
Persoal laboral fixo descontinuo (1 de setembro a 30 de xuño), a xornada parcial de 18 horas/semana.
|
Prazas |
Código/denominación do posto/modalidade |
Grupo |
Tipo de contrato |
Xornada |
Forma de acceso |
|
1 |
7012/profesor conservatorio/profesor percusión |
I |
Fixo descontinuo (1 de setembro a 30 de xuño) |
Parcial (18 horas/semana) |
Libre |
O anterior publícase en cumprimento do ordenado no acordo de aprobación desta oferta.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, consonte o disposto nos artigos 8.1 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdición contencioso-administrativa.
No caso de interporse o recurso potestativo de reposición, deberase resolver e notificar no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da devandita Lei 39/2015, e entenderase desestimado polo transcurso do dito prazo sen resolución expresa notificada, poderán entón as persoas interesadas interpor recurso contencioso-administrativo, consonte o establecido no artigo 46.1 e 4 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non obstante, tamén se poderá interpor calquera outro recurso que as persoas interesadas consideren procedente conforme dereito.
Arzúa, 27 de xaneiro de 2026
Xoán Xesús Carril Ramos
Alcalde presidente
