DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 18 de febreiro de 2026 Páx. 13700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xullo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.03036, outorgada o 23.9.1998, no concello de Redondela (expediente DH.A36.62946).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de usuarios de Soutoxuste.

Expediente: DH.A36.62946.

Volume total anual: 28.356,12 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 1,45 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: cinco (5) mananciais M1 a M5.

M1 a M4 na parcela 855, polígono 1, do Catastro de Redondela.

M5 en la parcela 243, polígono 4, do Catastro de Redondela.

Lugar: Soutoxuste.

Parroquia: O Viso.

Concello: Redondela.

Descrición:

A auga de M1 a M4 reúnese para conducila ao depósito 1 na parcela 855, poligono 1. A de M5 condúcese ao depósito 2 na parcela 279, polígono 4, de onde se bombea en parte ao depósito 1. Dos depósitos parten redes distribución ás vivendas que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de xullo de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur