DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 18 de febreiro de 2026 Páx. 13698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 23 de xullo de 2025, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas nos concellos de Campo Lameiro e Moraña (expediente DH.A36.108352).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Ángel Búa Pereira, en representación da Comunidade de Usuarios de Augas As Cerdeiras, Costa e Castriño.

Expediente: DH.A36.108352.

Volume total anual: 10.875,45 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,40 l/s.

Destino: abastecemento e rega.

Orixe: dous (2) mananciais M1 e M2.

M1 na parcela 631, polígono 45, do Catastro de Campo Lameiro.

M2 na parcela 1019, polígono 44, do Catastro de Campo Lameiro.

Lugar: Morañó (Costa) e O Castriño en Campo Lameiro, e As Cerdeiras en Moraña.

Parroquia: Campo e Couso de Campo Lameiro e San Lourenzo de Moraña.

Concellos: Campo Lameiro e Moraña.

Descrición:

A auga do M1 condúcese a un depósito na parcela 631, polígono 45, do que segue a un depósito na parcela 234, polígono 44, que recibe tamén a do M2. Dos depósitos parte unha rede de distribución ás vivendas e parcelas de rega que abastece a Comunidade.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de xullo de 2025

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur