DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Mércores, 18 de febreiro de 2026 Páx. 13406

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2026 de nomeamento da valedora do pobo da Comunidade Autónoma de Galicia.

En execución do Acordo adoptado polo Pleno do Parlamento de Galicia, na sesión que tivo lugar o día 10 de febreiro de 2026, e no exercicio das atribucións a min conferidas polo artigo 3.2 da Lei autonómica 6/1984, do 5 de xuño, con esta data e coa miña sinatura acredito o nomeamento de María Dolores Fernández Galiño como Valedor do Pobo, coas prerrogativas, atribucións, deberes e facultades derivadas da súa condición de alto comisionado do Parlamento de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2026

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente de Parlamento de Galicia