DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14051

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 4 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se somete a información pública a ampliación dunha explotación de vacún de leite ata as 845 UGM na Uceira, parroquia de Vitre, Frades (A Coruña) (expediente MR2026/001).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedarán expostos o proxecto e o estudo de impacto ambiental para a ampliación dunha explotación de vacún de leite ata as 845 UGM mediante a construción de cortello vacún de leite, sala de muxidura rotativa, sala de espera, lazareto, zona de corentena e areeiro, promovido por Finca Fonteboa, S.A.T. 986 XUGA (V15663008), nas dependencias da Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sitas en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n), co fin de que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, formular no devandito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Para os efectos deste expediente, o órgano substantivo é a Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/agricultura/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-aia

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2026

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias