DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 14052

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 30 de xaneiro de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción pola caducidade de concesión de augas (expediente E-64-2261-C e tres máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción pola caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente E-64-2261-C e tres máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m³)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

E-64-2261-C

José Formoso Otero
Juan Fita Picos
José López Seijo
Amparo Seco Puentes
Juan Formoso Martínez
Ramón Permuy Formoso
María Manuela Permuy Permuy
Pedro Permuy López
José Permuy Permuy
Evangelina Fraga Antón
José Anca Pereira
Domingo Calvo Permuy
Ramona Formoso Permuy

93 l/s

Río

Forza motriz para accionamento de muíño

L: A Mazoca
P: A Capela (Santiago)
C: A Capela

E-52-1517-C

Juan Vilariño Permuy

101 l/s

Río

Forza motriz para accionamento de muíño e rega

L:
P:
C: A Capela

E-1198-C

Manuel Barral Lamas

505 l/s

Río

Forza motriz para accionamento de muíño e rega

L: A Braña
P: Pantiñobre
C: Arzúa

E-1332-C

Aquilino Martínez Sardiña

150 l/s

Río

Forza motriz para muíño fariñeiro

L: As Felgueiras
P: A Capela
C: A Capela