DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 13861

III. Outras disposicións

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan, por anticipado de gasto, para o ano 2026 en réxime de concorrencia competitiva as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) (código de procedemento IN500A).

O sector da transformación e comercialización de produtos forestais está considerado como un dos sectores estratéxicos para o desenvolvemento económico da zona rural e para a consolidación e a diversificación do seu tecido empresarial. As empresas de aproveitamentos forestais e primeira transformación de produtos forestais son empresas que traballan unicamente no rural, no sector forestal. O monte é unha parte importante da economía en Galicia, cunha poboación maioritariamente rural.

A práctica totalidade das empresas de aproveitamentos forestais e a primeira transformación de produtos forestais galegas están situadas no rural e traballan nos montes da zona, con persoal do contorno, con efectos positivos no marco da diversificación e dinamización da economía rural. En Galicia, a industria da serra ten unha grande importancia económica e social, abastecéndose fundamentalmente de madeira dos montes galegos, ademais da industria de pasta para papel e taboleiros. Está en aumento tamén nos últimos anos o aproveitamento doutros produtos forestais, especialmente a biomasa para producir enerxía.

O Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, recolle determinadas intervencións para o desenvolvemento rural que perseguen os obxectivos xerais e específicos da PAC.

O Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013 establece normas relacionadas coa política agrícola común.

Conforme o citado Regulamento (UE) 2021/2115, ditouse o Plan estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022, e as súas modificacións, que deron lugar á versión vixente do PEPAC aprobada por Decisión de execución da Comisión C (2025) 5713 final, do 14 de agosto de 2025.

Entre as intervencións establecidas no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) atópase a Subintervención 6883_06. Investimentos para a mellora da competitividade da industria forestal, encadrada dentro da Intervención 6883 Investimentos forestais produtivos.

Estas axudas ampáranse no Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (DOUE L 327/1, 21.12.2022), no seu artigo 49 Axudas destinadas aos investimentos en infraestruturas relacionadas co desenvolvemento, a modernización ou a adaptación do sector forestal e 50 Axudas destinadas aos investimentos en tecnoloxías forestais e na transformación, mobilización e comercialización de produtos forestais, que foron comunicadas polo Estado á Comisión Europea co número de axuda SA.109374.

A Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 27.10 do Estatuto de autonomía, ten competencia exclusiva en materia de montes e aproveitamentos forestais.

A disposición adicional sexta da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación, autorizou a creación da Axencia Galega da Industria Forestal (en diante, a Axencia) como axencia pública autonómica adscrita á consellería competente en materia de economía e industria, que ten como fins xerais e obxectivos básicos actuar como un instrumento de xestión eficiente no exercicio de funcións relacionadas co impulso da actividade económica asociada ao sector forestal, coa mellora da competitividade das empresas do sector e coa coordinación dos centros de investigación en materia forestal.

Conforme as competencias atribuídas á Axencia no Decreto 81/2017, do 3 de agosto, polo que se crea a Axencia Galega da Industria Forestal e se aproban os seus estatutos, a Axencia é o organismo competente para a xestión destas axudas.

A Orde da Consellería de Economía e Facenda, do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada dos expedientes de gasto, modificada pola Orde do 27 de novembro de 2000 e pola Orde do 25 de outubro de 2001 (en diante, Orde do 11 de febreiro de 1998), posibilita a tramitación anticipada dos expedientes de gasto imputables ao exercicio inmediatamente anterior ao dos orzamentos con cargo aos cales se vaian imputar os correspondentes gastos, sempre que exista crédito adecuado e suficiente no proxecto de Lei de orzamentos, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia para o correspondente exercicio. Así mesmo, en cumprimento do artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a concesión das subvencións tramitadas nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

De acordo co disposto no artigo 3.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998, a tramitación anticipada poderá chegar como máximo ata o momento anterior ao da disposición ou compromiso de gasto. Así mesmo, segundo o establecido no artigo 5 da dita orde, todos os actos de trámite ditados no desenvolvemento desta orde se entenden condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento da súa produción.

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que confiren os artigos 7 e 14 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa concorrente,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 en réxime de concorrencia competitiva.

2. Estas axudas ampáranse no Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013, recolle determinadas intervencións para o desenvolvemento rural que perseguen os obxectivos xerais e específicos da PAC.

3. Estas axudas convócanse de acordo co Plan Estratéxico da PAC 2023_2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, aprobado por Decisión de execución da Comisión C (2022) 6017 final, do 31 de agosto de 2022, e as súas modificacións, que deron lugar á versión vixente do PEPAC aprobada por Decisión de execución da Comisión C (2024) 6133 final, do 30 de agosto de 2024, e correspóndense 6883 investimentos forestais produtivos do plan.

4. De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

5. A tramitación das axudas solicitadas en réxime de concorrencia competitiva axustarase aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

CAPÍTULO I

Bases reguladoras das axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027

Artigo 2. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser persoas beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 e descritos no anexo XIV, a excepción daquelas solicitantes que, aínda tendo o seu domicilio en áreas definidas como ZDP, soliciten investimentos non fixos para a realización de traballos no ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027.

Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (DOUE L 327/1, 21.12.2022).

2. Para acadar a condición de beneficiarias, as persoas solicitantes deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, a organización e o funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal.

3. Non poderán acadar a condición de persoas beneficiarias:

a) Aquelas solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Aquelas solicitantes que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria. A Axencia Galega da Industria Forestal utilizará os medios que considere procedentes para a súa verificación e requiriralle á solicitante, se for necesario, os documentos oportunos para a verificación do requisito.

c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

d) As empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán achegar na súa solicitude a acreditación do nivel de cumprimento mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Artigo 3. Investimentos subvencionables

1. Os investimentos que se van subvencionar deben ser novos, en ningún caso poderán substituír a equipamentos subvencionados anteriormente e non se poden iniciar/usar antes da publicación da convocatoria nin antes de que se realice a inspección correspondente, segundo o disposto no artigo 12.

2. As persoas solicitantes deberán acreditar a viabilidade económica dos investimentos mediante algunha das seguintes circunstancias:

1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe do mesmo ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.

2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta polo importe do investimento.

3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE da solicitante do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria -Modelo 390 ou Modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).

3. Poderán ser subvencionables exclusivamente os seguintes investimentos elixibles:

Liña 1. Xestión forestal activa.

a) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta destinados á realización de cortas intermedias (desmestas e rareos), así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade da solicitante. Entendendo por este tipo de maquinaria aquela que reúna as seguintes condicións:

i) Largura máxima de 2,75 metros e alcance mínimo do guindastre de 8 metros.

ii) Para maquinaria de rodas de:

• Peso máximo de 18,5 toneladas e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm. para máquinas de ata 6 rodas.

• Peso máximo de 20,5 toneladas e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm. para máquinas de ata 8 rodas.

iii) Para maquinaria de cadeas: peso máximo de 21 toneladas, raio de xiro mínimo ou raio de xiro cero, e cabezal con diámetro máximo de corte de 600 mm.

iv) No caso de cabezais procesadores ou cortadores, estes deberán ser instalados en equipos propiedade da solicitante, e deberá acreditar que a máquina base onde se van instalar, cumpre as características definidas nesta liña de investimentos. Ao igual que no punto anterior, os cabezais deberán ter un diámetro máximo de corte de 600 mm.

b) Autocargadores e tractocargadores completos, estes últimos ata 200 Kw de potencia, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade da solicitante. Os autocargadores e os tractocargadores para realización de carga e transporte dos produtos obtidos nestas operacións deberán dispor dunha capacidade máxima de carga de 12 toneladas e unha largura máxima de equipamento de 2,7 metros.

No caso de tractocargadores, deberán ter as cabinas homologadas para aplicación forestal conforme as normas de seguridade ROPS (ISO 8082-1 ou 8082-2 segundo corresponda), FOPS (ISO 8083:2006) e OPS (ISO 8084:2003), así como o asento xiratorio homologado para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción.

No caso de equipos automotrices que dispoñan dun motor térmico de combustión, tales como procesadoras, cortadoras, autocargadores, tractocargadores, arrastradores, etc. deberán dispor dun sistema automático de detección e extinción de lumes no equipo. O sistema de extinción deberá empregar un elemento de extinción efectivo en lumes de líquidos inflamables, como gasóleo ou aceites hidráulicos, e deberá non ser corrosivo, ser biodegradable, e permitir unha limpeza fácil da máquina tras a súa activación.

Liña 2. Madeira e biomasa.

a) Acondicionamento e instalacións en parques intermedios de rolla ou biomasa.

b) Autocargadores, arrastradores forestais e tractocargadores completos, estes últimos ata 200 Kw de potencia, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade da solicitante. Os tractocargadores deberán ter as cabinas homologadas para aplicación forestal conforme as normas de seguridade ROPS (ISO 8082-1 ou 8082-2 segundo corresponda), FOPS (ISO 8083:2006) e OPS (ISO 8084:2003), así como o asento xiratorio homologado para o xiro do operario sentado, proteccións forestais en cabina, rodas e baixos, e irán dotados de guindastre, cabrestante e remolque forestal de tracción. Estas adaptacións e normas exixiranse tamén aos tractores orientados á recollida ou aproveitamento comercial de biomasa.

c) Procesadoras, cortadoras e outros equipamentos de corta, así como as súas adaptacións e implementos, que deberán instalarse en equipamentos propiedade da solicitante.

d) Maquinaria específica, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da biomasa forestal no monte, esteladoras con capacidade de recollida, empacadoras, colleitadoras ou procesadoras de biomasa. Non terán consideración de maquinaria específica nin procesadora de biomasa os tractores con rozadoras ou trituradoras forestais.

No caso de equipos automotrices que dispoñan dun motor térmico de combustión, tales como procesadoras, cortadoras, autocargadores, tractocargadores, arrastradores, astilladores automotrices, etc. deberán dispor dun sistema automático de detección e extinción de lumes no equipo. O sistema de extinción deberá empregar un elemento de extinción efectivo en lumes de líquidos inflamables, como gasóleo ou aceites hidráulicos, e deberá non ser corrosivo, ser biodegradable, e permitir unha limpeza fácil da máquina tras a súa activación.

Liña 3. Castaña e resina.

a) Maquinaria específica, equipamentos, apeiros e implementos que permitan un aproveitamento comercial da castaña ou da resina no monte.

b) Acondicionamento e instalacións de parques intermedios de almacenamento e/ou clasificación.

c) Bens de equipo e instalacións en empresas de recollida, manexo, clasificación, acondicionamento e comercialización de castaña ou resina.

Liña 4. Valor engadido na primeira transformación da madeira.

a) Equipos portátiles para a clasificación estrutural da madeira por métodos non destrutivos, sempre que dispoñan de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispor, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación do marcado CE para madeira estrutural.

b) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática da madeira estrutural mediante aspectos visuais ou indirectos. No caso de métodos indirectos deberá dispoñerse de documentación/estudos para a análise das especies empregadas pola empresa. A empresa deberá dispor, ou estar en proceso de obter no prazo máximo dun ano, a implantación do marcado CE para madeira estrutural.

c) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á clasificación automática por calidade tanto da materia prima (troncos) como de produtos serrados intermedios ou finais, mediante a aplicación de escáneres de imaxe, dimensionais, raios X, e outros tipos. O emprego desta instalación deberá xustificar a obtención dunha clasificación da madeira con un maior valor engadido.

d) Maquinaria e instalacións de primeira transformación destinadas á obtención de produtos de maior valor engadido baseados na madeira serrada, e que permitan abrir novas liñas de negocio á empresa.

e) Acondicionamento, maquinaria e instalacións de primeira transformación para o procesamento da biomasa forestal e a transformación da madeira.

Liña 5. Medición, rastrexabilidade e caracterización da madeira obxecto de aproveitamento.

a) Equipos de medición de inventario forestal de carácter dixital ou analóxico, sensores lidar terrestre y vehículos aéreos non tripulados e os seus accesorios, como cámaras ou lidar, entre outros.

b) Básculas sensorizadas para parques ou cargadoiros intermedios de madeira.

c) Equipos portátiles de ultrasóns (MST, MTG, PLG…etc.), resistógrafos, penetrómetros, lupas binoculares, higrómetros, estufas ou balanzas de laboratorio de precisión.

Serán elixibles os custos ligados ao funcionamento dos aparellos e equipos descritos, tanto os custos de subscrición a software (admitirase só o gasto do período de subscrición durante o período de execución da axudas) como das licenzas de software para o uso da solución obxecto das actuacións realizadas, excluíndo o software de propósito xeral, por exemplo sistemas operativos, aplicacións de xestión/monitoraxe de redes/sistemas, paquetes de ofimática, correo electrónico, edición e tratamento de imaxes.

4. Poderanse subvencionar investimentos financiados mediante arrendamento financeiro (leasing) ou calquera outra figura análoga, subvencionándose, neste caso, unicamente o importe correspondente á opción de compra. A opción de compra deberá realizarse no prazo de execución do investimento.

5. De acordo co recollido no artigo 2, só serán subvencionables os investimentos que se realicen dentro do ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (anexo XIV), por iso no anexo IV deberá recollerse a localización (parroquia e concello) de cada un dos investimentos que se soliciten, tendo en consideración o seguinte:

a) No caso de maquinaria fixa, instalacións e obra civil: localización na que vaian ser executados os investimentos.

b) Maquinaria móbil, equipamentos de medición ou equipos portátiles: localización do domicilio social da empresa ou das instalacións da empresa onde se gardarán os bens.

No caso de que a solicitante tivese a súa sede social fóra do ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (anexo XIV) e o investimento obxecto de solicitude fose un equipamento, maquinaria ou apeiro de carácter non fixo, de xeito tal que o uso do dito investimento se vaia producir exclusivamente no ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, a solicitude entenderase elixible.

Artigo 4. Investimentos non subvencionables

1. Non será subvencionable:

a) A adquisición de terreos, as edificacións e o mobiliario.

b) A adquisición de maquinaria usada.

c) A maquinaria de simple substitución. Neste senso non se considerará simple substitución de equipamentos cando se acade no novo investimento, como mínimo, un incremento da capacidade de produción ou da potencia nun 25 por cento ou cando o novo investimento vai traballar no sitio doutro similar, pero supoña un cambio fundamental na natureza da produción, na tecnoloxía empregada ou nas prestacións do equipamento. O incremento da capacidade de produción deberá ser xustificado mediante informe dun técnico competente, no cal se analicen as características técnicas do novo equipo en relación ao que vai ser substituído, e que incorpore unha análise técnica que xustifique o incremento de produción coas novas prestacións do equipo.

No caso de substitucións de equipos con máis de doce anos de antigüidade desde a súa fabricación, e aínda que non se acade un incremento de potencia nun 25 %, non terán a consideración de simple substitución.

Só se subvencionará o diferencial de custo entre o novo equipamento e o que vai ser substituído. O valor deste último será verificado pola Administración sobre a valoración do equipamento presentada pola empresa na memoria, que será acompañada dun informe de valoración asinado por perita ou perito con atribucións profesionais na materia, e non poderá ter a dita persoa vinculación algunha ca solicitante. No caso de que a solicitante considere que a maquinaria que se vai substituír non ten valor, deberá achegar certificado de desmantelamento. No caso de que non se opte pola substitución, o equipamento non substituído deberá permanecer en propiedade da empresa durante os dous anos seguintes á data da realización do pagamento final á persoa beneficiaria.

d) As liñas de serrado que superen unha capacidade máxima de transformación de 20.000 m³ de madeira en rollo de entrada para serrado ao ano de acordo coa definición de operacións previas á transformación industrial da madeira do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

e) Ningún proceso que dea como resultado un produto de consumo final. Para os efectos desta resolución, enténdese por produtos de consumo final aqueles bens destinados ao comercio polo miúdo.

f) A obra civil, excepto a necesaria para o acondicionamento do parque de materia prima e produto (sempre e cando non se trate dun produto de consumo final) e para a instalación dos equipamentos de primeira transformación de madeira ou outros produtos forestais ou para o almacenamento na propia industria. Non se subvencionarán naves illadas non vinculadas a instalacións con capacidade de transformación de recursos forestais nin só naves en empresas de nova creación.

g) Os gastos de reparación e de mantemento.

h) Os investimentos destinados á manipulación ou á comercialización de produtos de países non comunitarios.

i) Investimentos destinados ao comercio polo miúdo.

j) Investimentos e actuacións con axudas financiadas con outros fondos comunitarios ou con fondos non comunitarios se a axuda total supera os límites sinalados no artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021.

k) Motoserras, rozadoras manuais e outras ferramentas manuais.

l) Rozadoras de brazo hidráulico articulado ou calquera investimento que conte na solicitude con elementos ou implementos, que permitan realizar labores de rozado.

m) Os investimentos en materiais non duradeiros, tales como os equipamentos de protección individual e roupa para os traballadores forestais.

n) A construción de camiños e os procesos de comercialización ou transformación a grande escala. Non será subvencionable a produción de planta forestal, envases e embalaxes, mobles e carpintarías.

ñ) Os investimentos iniciados antes da publicación da convocatoria e/ou sen constancia oficial de non terse iniciado, no caso de investimentos en parques intermedios ou en instalacións de primeira transformación de produtos forestais nos cales, segundo o disposto no artigo 12.1, é preceptiva a inspección de non inicio.

Non terán a consideración de iniciados aqueles investimentos para os que as solicitantes teñan pagamentos feitos a conta para a súa reserva ou para a planificación da súa fabricación, aínda que estes pagamentos a conta fosen realizados entre o 1 de xaneiro do ano da convocatoria e a data de publicación da convocatoria ou, de ser o caso, da realización da inspección de non inicio disposta no artigo 12.1, debendo cumprise en calquera caso o recollido no artigo 9, en relación á documentación que debe recoller a solicitude, e o recollido no artigo 10, en relación á moderación de custos.

En ningún caso, os investimentos poderán estar executados antes da data de publicación da convocatoria, se ben e como se recolle no artigo 12, poderán ser executados entre a data de publicación da convocatoria e a data de concesión, sempre que poida ser verificado mediante inspección comprobatoria ou inspección de non inicio, en función da natureza do investimento.

ñ) Os investimentos para transporte estándar, nin os seus implementos nin adaptacións, entendéndose aqueles que teñen como finalidade o transporte de bens ou persoas pola vía pública: cabezas tractoras, góndolas, plataformas, etc.

o) O IVE.

p) Na liña 1, os cabezais procesadores ou cortadores instalados en equipos que non sexan propiedade da solicitante, ou onde a máquina base onde se vaian instalar non cumpra coas condicións establecidas na devandita liña 1.

Artigo 5. Importe das axudas

1. Os investimentos subvencionaranse cunha axuda do 40 % dos gastos elixibles.

2. As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que co mesmo fin concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido e en relación coa incompatibilidade destas axudas con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.

No marco do Feader, unha operación unicamente poderá recibir distintas formas de apoio do Plan estratéxico da PAC e doutros fondos mencionados no artigo 1.1 do Regulamento (UE) 2021/1060 ou de instrumentos da Unión, se o total acumulado das axudas concedidas en virtude das diferentes formas de apoio non supera a intensidade máxima de axuda ou o importe máximo de axuda aplicables a ese tipo de intervencións a que se refire o título III do Regulamento (UE) 2021/2115.

3. A axuda máxima limitarase por solicitante aos 200.000 euros para as liñas 1 e 4 sinaladas no artigo 3, 50.000 euros para a liña 5 e 160.000 euros para as liñas 2 e 3.

Artigo 6. Baremación dos investimentos

1. Para seleccionar os investimentos que se van aprobar establécese un baremo de puntuación de acordo ás puntuacións recollidas no documento de Criterios de selección de operacións do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027. Para iso, ordénanse cada un dos investimentos solicitados de maior a menor puntuación, de acordo co baremo que se indica a continuación. A puntuación resultante será a suma da aplicación dos baremos indicados nas letras a) e b). A puntuación máxima que pode acadar un investimento é de 560 puntos e a mínima de 200.

As puntuacións outorgaranse de acordo cos seguintes criterios:

a) Puntos segundo o obxecto de investimento (máximo de 200 puntos):

1º. Básculas e aparellos de rastrexabilidade e caracterización da madeira: 150 puntos.

2º. Equipamentos de medición de masas forestais ou equipamentos portátiles de clasificación: 200 puntos.

3º. Acondicionamento e instalacións en parques intermedios dos recursos forestais: 150 puntos.

4º. Equipamentos tractocargadores completos, autocargadores, arrastradores e outros equipamentos de saca de madeira: 150 puntos.

5º. Procesadoras forestais e cortadoras: 150 puntos.

6º. Equipamentos completos e implementos que permitan un aproveitamento comercial dos recursos forestais: 150 puntos.

7º. Maquinaria e instalacións para primeira transformación dos recursos forestais: 150 puntos.

8º. Investimentos en bens de equipamento de empresas de aproveitamento dos recursos forestais: 150 puntos.

9º. Cabezais de procesado que inclúan elementos de corte: 100 puntos.

10º. Implementos forestais de maquinaria de desembosque: 80 puntos.

b) Puntos segundo as características da empresa e a finalidade do investimento (máximo de 360 puntos):

1º. Por cada curso de formación específico relacionado cunha actividad propia da empresa, cunha duración mínima de 20 horas, realizado por persoas traballadoras da empresa desde o 1 de xaneiro do ano que resulte de restar tres ao ano de publicación da convocatoria, ata a fecha de publicación desta (máximo 3 cursos): 15 puntos (máximo de 45 puntos).

2º. Empresas establecidas nas parroquias comprendidas na zona demarcada pola presenza no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro), de acordo coas disposicións da autoridade competente en materia de sanidade vexetal, que conten con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa ou con domicilio social na zona demarcada cunha antigüidade igual ou superior a cinco anos a contar desde a data da publicación da convocatoria: 40 puntos.

3º. Empresas con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira e biomasa e cuxa finalidade do investimento sexa dotarse da tecnoloxía necesaria para a aplicación das medidas de control do nematodo do piñeiro, entre outras, secadoiros e asteladoras fixas: 20 puntos.

4º. Empresas con cadea de custodia certificada na data de publicación da convocatoria: 20 puntos por cada sistema de certificación de cadea de custodia (máximo 40 puntos).

5º. Empresas con muller xerente na data de publicación da convocatoria: 35 puntos.

Entenderase que desempeñan funcións de dirección as empresarias individuais, as administradoras e as conselleiras. As funcións de xerencia deberán desempeñarse a tempo completo e indefinido.

6º. Empresas con xerente de idade inferior a 55 anos ou descendentes en activo na empresa, na data de publicación da convocatoria: 30 puntos.

7º. Por pertenza a unha asociación profesional do sector na data de publicación da convocatoria: 20 puntos.

8º. Para a liña 1 e 5, cando o volume anual de facturación por prestación de servizos nos dous últimos anos (2023-2024) represente cando menos o 50 % na data de publicación da convocatoria: 150 puntos.

9º. Para a liña 4, empresas con marcado CE para madeira estrutural na data de publicación da convocatoria: 50 puntos.

10º. Para a liña 4, empresas que dispoñan da marca de garantía «Pino de Galicia»na data de publicación da convocatoria: 50 puntos.

2. Para a valoración das actividades formativas observaranse os seguintes criterios:

a) Deben ter un recoñecemento oficial. Entenderase que contan cun recoñecemento oficial as actividades formativas organizadas, financiadas ou homologadas por unha entidade ou organismo do sector público e as impartidas por centros e entidades de formación para o emprego inscritas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego ou, de ser o caso, acreditadas. Tamén serán recoñecidas aquelas actividades impartidas por escolas de negocio.

b) Computaranse as actividades formativas realizadas tanto polo persoal contratado por conta allea como polo persoal en réxime de persoas autónomas.

c) As persoas traballadoras deberán estar en activo na entidade solicitante na data de realización da actividade formativa.

d) Abordarán algunha das seguintes temáticas:

d.1) Habilidades e coñecementos na xestión de aproveitamentos madeireiros, na xestión de aproveitamentos non madeireiros tales como a resina e a castaña, en tratamentos silvícolas e na utilización de maquinaria forestal.

d.2) Habilidades no manexo de maquinaria de primeira transformación, así como do coñecemento dos procesos industriais de serrado, seca, clasificación da madeira e tratamentos preventivos e curativos da madeira que contribúan á súa valorización comercial.

d.3) Competencias profesionais para a caracterización e clasificación de madeiras locais.

d.4) Seguridade e saúde laboral nos procesos da cadea de valor da industria forestal-madeira que incorpore as novidades tecnolóxicas da industria e que permita a reciclaxe profesional neste ámbito. Queda excluída a formación centrada especificamente nos postos de traballo ou funcións de cada traballador, así como a adaptación desta á aparición de novos riscos.

d.5) Competencias para o manexo de software e tics no ámbito da industria forestal-madeira.

d.6) Habilidades directivas e formación en métodos de xestión, dirección, comercialización e márketing, incluída formación en clave de xénero, así como de detección e da aplicación de protocolos en materia de acoso na contorna laboral.

d.7) Implantación de procesos de certificación forestal (FSC e PEFC), dilixencia debida, así como métodos para monitorizar a orixe e o destino da madeira (entre outros, mediante tecnoloxía blockchain).

Artigo 7. Selección dos investimentos que se van aprobar

1. Aprobaranse os investimentos por orde de maior a menor puntuación de acordo co baremo indicado no artigo anterior.

2. En caso de empate na puntuación de corte, e que non haxa orzamento suficiente para conceder a axuda a todos os investimentos coa mesma puntuación, ordenaranse estes segundo a seguinte orde de prioridade e ata esgotar o orzamento:

a) Primeiro. Menor importe de axuda de investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais concedidas ás empresas nos últimos tres anos contados desde a data de publicación da convocatoria.

b) Segundo. Importe do investimento subvencionable admisible, de maior a menor importe.

c) Terceiro. Empresas, cunha antigüidade igual ou superior a cinco anos contados desde a data de publicación da convocatoria, que conten con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa ou con domicilio social nas parroquias da zona demarcada pola presenza no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro), de acordo coas disposicións da autoridade competente en materia de sanidade vexetal.

d) Cuarto. Empresas con cadea de custodia certificada.

e) Quinto. Empresas con domicilio social nun municipio con menor número de habitantes, segundo as cifras oficiais de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal referenciadas ao 1 de xaneiro do ano anterior ao da convocatoria de axuda.

3. Os investimentos das solicitudes admitidas a trámite que non acaden a puntuación mínima (200 puntos) non poderán acadar a condición de beneficiarias.

Artigo 8. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Por engadido e atendendo ao disposto nos artigos 16.8 e 66.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as solicitudes que non empreguen o modelo específico non serán admitidas a trámite.

2. Toda a información está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

3. Cada persoa solicitante só poderá presentar unha solicitude de axuda e esta poderá considerar un ou varios investimentos encadrados nunha das liña de axudas establecidas no artigo 3. No caso de presentar dúas ou máis solicitudes será tomada en consideración unicamente a última presentada en prazo.

4. No formulario de solicitude (anexo I) incluiranse as seguintes declaracións responsables:

a) Declaración responsable da solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

b) Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

c) Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para a execución dos investimentos para os que solicita a axuda.

d) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

e) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

g) Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

h) Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

i) Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

j) Declaración responsable de que esta empresa cumpre coa normativa ambiental vixente.

k) Declaración responsable de que a liña de serrado non supera unha capacidade máxima de transformación de 20.000 m³ de madeira en rollo de entrada para serrado ao ano de acordo coa definición de operacións previas á transformación industrial da madeira do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (aplícase).

l) Declaración responsable de que ningún dos investimentos para os cales se solicita subvención ao abeiro desta resolución vai dar lugar a un produto de consumo final.

m) Declaración responsable de que ningún dos provedores poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

n) Declaración responsable de que se desenvolverán dentro do ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (anexo XIV) as actividades do investimento para o que se solicita a axuda.

n) Declaración responsable de que asume a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión da entidade, así como a comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude no ámbito do Feader.

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo II: comprobación de datos de terceiras persoas, no caso de muller xerente, de persoa xerente menor de 55 anos e de descendente da persoa xerente en activo na empresa.

b) Anexo IV: memoria dos investimentos que se van realizar e das características da empresa para as que solicita baremación. Só serán considerados aqueles criterios de baremación debidamente consignados no anexo mediante as seguintes declaracións responsables (aplícanse):

i) Declaración responsable co número de actividades formativas realizadas por persoas traballadoras da entidade solicitante desde o 1 de xaneiro do ano que resulte de restar tres ao ano de publicación da convocatoria ata a data da publicación da convocatoria que cumpren cos criterios establecidos no artigo 6.2.

De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante informe oficial da Seguridade Social de vida laboral da entidade solicitante; título, diploma acreditativo ou certificado de asistencia con detalle do contido, data de celebración e duración da actividade formativa.

ii) Declaración responsable de que conta con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa ou con domicilio social na zona demarcada cunha antigüidade igual ou superior a cinco anos contados desde a data da publicación da convocatoria nas parroquias comprendidas na zona demarcada do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nemátodo do piñeiro), indicando o concello e o nome da parroquia.

iii) Declaración responsable de que conta con instalacións fixas para a primeira transformación de madeira ou biomasa e cuxa finalidade do investimento para o que solicita a axuda sexa dotarse da tecnoloxía necesaria para a aplicación das medidas de control do nematodo do piñeiro, entre outras, secadoiros e esteladoras fixas.

iv) Declaración responsable de que conta con certificado de cadea de custodia (PEFC ou FSC) na data de publicación da convocatoria; indicará o número de certificado.

v) Declaración responsable de que a entidade solicitante conta cunha xerente muller que desempeñe funcións de dirección ou xerencia, na data de publicación da convocatoria; indicará o nome, os apelidos e o DNI ou NIE da dita persoa.

De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante escrituras sociais de constitución ou modificación posteriores ou contrato de traballo, e non será posible acreditar as funcións directivas ou de xerencia mediante a presentación dun poder notarial.

vi) Declaración responsable de que a entidade solicitante conta con xerencia desempeñada por unha persoa de idade inferior a 55 anos ou descendentes en activo na empresa, na data de publicación da convocatoria, indicando o nome, os apelidos e o DNI ou NIE da dita persoa.

De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante escrituras sociais de constitución ou modificación posteriores ou contrato de traballo e non será posible acreditar as funcións directivas ou de xerencia mediante a presentación dun poder notarial, ou tamén o libro de familia e a documentación de vinculación do traballador coa empresa (contrato de traballo, persoa autónoma colaboradora).

vii) Declaración responsable de que pertence a unha asociación, a organización ou fundación representativa ou relacionada coa cadea de valor da industria forestal-madeira e que desenvolva a súa actividade en Galicia, indicando o nome da dita entidade.

De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en condición de acreditar este criterio mediante estatutos ou certificado de estar asociado e ao día de pagamento de cotas.

viii) Declaración responsable de dispoñer, na data de publicación da convocatoria, dun volume anual de facturación por prestación de servizos no dous últimos anos (sumatorio anos 2023-2024) que represente como mínimo o 50 %. Só aplicable a solicitudes das liñas 1 e 5.

ix) Declaración responsable de dispoñer, na data de publicación da convocatoria, de marcado CE obrigatorio ou voluntario para algún dos produtos de madeira para a construción que fabrique, indicando documento de avaliación europeo (DEE) ou norma harmonizada e o sistema de avaliación e a verificación da constancia de prestacións de aplicación (EVCP). De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar certificado de constancia das prestacións do produto, certificado de conformidade do control de produción en fábrica, o informe do produto tipo ou a xustificación de ter implantado e vixente un sistema de control de produción en fábrica, segundo proceda en función do sistema de avaliación e verificación da constancia de prestacións de aplicación. Só aplicable a solicitudes da liña 4.

x) Declaración responsable de que, na data de publicación da convocatoria, é unha empresa cualificada para o uso da marca de garantía «Pino de Galicia», indicando a data de expedición do certificado de cualificación. De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado que acredite a disposición da marca de garantía «Pino de Galicia». Só aplicable a solicitudes da liña 4.

c) Memoria asinada pola persoa solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV.

d) Anexo V: relación de maquinaria e instalacións con todos os datos cubertos. En todo caso, deberá recollerse toda aquela maquinaria e instalacións propiedade da empresa que teñen a mesma finalidade que as solicitadas, así como as exixidas para resolver a elixibilidade de determinados investimentos dos recollidos no artigo 3. Nos equipos móbiles deberá incluírse, en cada equipo, o número de rexistro no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA) ou indicar a súa non inscrición neste.

e) Documentación xustificativa de acreditación de representación da empresa, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.

f) Documentación acreditativa dos requisitos previos:

1º. Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores e declaración do imposto de sociedades (modelo 200) do último exercicio pechado, no caso dunha sociedade.

2º. Certificación de situación no censo de actividades económicas, no caso de persoas autónomas.

3º. Declaración da condición de peme da solicitante e das empresas vinculadas ou asociadas con esta, segundo os anexos III.1 Declaración relativa á condición de peme (cando a solicitante é unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas), III.2 Declaración relativa á condición de peme (para persoas xurídicas) e III.3 Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado. A Axencia Galega da Industria Forestal utilizará os medios que considere oportunos para a verificación da condición de peme e requiriralle á solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

4º. Documentación xustificativa da viabilidade do investimento, segundo o indicado no artigo 3:

– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.

– Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.

– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria -Modelo 390 ou Modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).

5º. Para subvencións de importe superior a 30.000,00 euros e cando as persoas solicitantes sexan suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004, acreditación do nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, mediante os medios de proba establecidos no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003.

g) Documentación específica en función da tipoloxía de investimentos:

1º. No caso de investimentos non recollidos na listaxe de investimentos con prezos máximos establecidos no anexo XV:

• Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) asinados dixitalmente dos investimentos previstos de tres provedores distintos, con indicación do prazo de entrega, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. Os orzamentos desagregarán perfectamente os investimentos para os que se solicita a axuda, co fin de que sexan claramente comparables entre eles, e cumprirán co disposto no artigo 10 desta resolución.

2º. No caso de acondicionamento ou instalacións en parques intermedios:

• Plano de situación.

• Copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa, segundo proceda.

3º. No caso de investimentos en maquinaria fixa e instalacións:

• Para investimentos en maquinaria fixa ou instalacións: o plano de planta coa distribución de edificacións, a maquinaria e as instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos que hai que realizar.

• No caso de instalacións que así o requiran: a copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou a comunicación previa segundo proceda.

• Acreditación da presentación no concello da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da devandita lei.

4º. No caso de substitucións de investimentos:

• Memoria razoada da necesidade e os beneficios esperados pola substitución, que debe incluír unha valoración económica do equipamento que vai ser substituído, asinada por perita ou perito con atribucións profesionais na materia e, de ser o caso, o informe técnico que xustifique o incremento de produción do novo equipamento. De acordo co establecido no artigo 4 da resolución, xustificarase a non consideración de simple substitución e, no caso de que se declare que o ben substituído carece de valor, deberase achegar declaración de que o equipamento substituído vai ser obxecto de desmantelamento.

5º. No caso de investimentos que teñan unha localización diferente da dirección do domicilio social da empresa, documentación xustificativa segundo o recollido no artigo 3.5.

6º. No caso de implementos ou apeiros:

• Documentación da máquina base onde serán instalados coa acreditación que a propiedade é da empresa solicitante ou, se a máquina base fose a adquirirse con posterioridade á data de solicitude da axuda, a declaración responsable con indicación do tipo de máquina. No caso de implementos terase en conta o cumprimento do número 3 do artigo 20.

2. Para que unha solicitude sexa válida debe achegarse a seguinte documentación mínima:

a) Anexo I. Solicitude de axuda, debidamente cuberto.

b) Anexo IV. Memoria dos investimentos que se van realizar e das características da empresa para as que solicita baremación, debidamente cuberto.

c) Adicionalmente e só no caso de que o investimento non estea recollido na listaxe de prezos máximos establecidos no anexo XV, terán tamén a condición de documentación mínima os contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, segundo o disposto no punto 1.g)1º deste artigo.

As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.

3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se puidesen obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.

7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

8. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes recollido na respectiva convocatoria de axudas e ata que recaia a resolución no procedemento, non se admitirán modificacións relativas aos investimentos solicitados nin dos elementos que serán obxecto de baremación sen prexuízo do dereito de desistencia.

Artigo 10. Moderación de custos

1. En todo caso, débese respectar a moderación de custos, tal como establece o artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e de control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común e co establecido no punto 5.2.1 letra f) do Plan galego de controis.

2. Con esta finalidade, no anexo XV establécense os prezos máximos sen IVE que terán a consideración de subvencionables e que son froito dun estudo de prezos de mercado elaborado pola Axencia. O anexo XV é de aplicación aos autocargadores forestais e tractocargadores forestais completos que se encadren nas liñas 1 ou 2 e ás procesadoras da liña, que, polas súas características, pertenzan á liña 2.

3. Para as non recollidas no dito anexo, será necesario solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación e presentalas coa solicitude de axuda. As ofertas presentadas para cada gasto deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo na compra de terreos e edificacións.

b) Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas, nin coa solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.

c) Deberán estar asinadas dixitalmente polas persoas provedoras.

d) Deberán incluír, como mínimo, o NIF, o nome e o enderezo da empresa oferente, o nome ou razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír:

1º. No caso de obra civil e instalacións: a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe.

2º. No caso de subministración de maquinaria e equipamentos: a súa marca, o modelo, así como as características técnicas.

3º. No caso de prestación de servizos a descrición detallada destes.

2. Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que dará lugar á consideración de custo non subvencionable.

3. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como gasto máximo subvencionable para ese concepto o correspondente ao importe da proposta económica máis vantaxosa.

4. Excepcionalmente, no caso de conceptos subvencionables para os que, polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren, a moderación de custos poderá xustificarse alternativamente mediante un informe dun persoa taxadora ou perita non vinculado á empresa ou dun organismo público autorizado en que se determine xustificadamente o seu valor de mercado.

Artigo 11. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Certificación de estar ao día nas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

d) Certificación da Consellería de Facenda e Administración Pública de estar ao día nas obrigas tributarias.

e) Consulta de concesións ampliado.

f) Consulta de axudas do Estado.

g) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

h) Consulta do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor)

i) NIF da entidade solicitante.

j) Imposto de actividades económicas (IAE).

k) Certificación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de estar ao día nas obrigas tributarias.

l) Comprobación de datos de terceiras persoas (anexo II): DNI/NIE da muller xerente, DNI/NIE da persoa xerente menor de 55 anos, DNI/NIE do descendente da persoa xerente en activo na empresa.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e no anexo II, se é o caso, así como achegar os devanditos documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. No caso de que a solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.

Artigo 12. Inspección comprobatoria

1. No caso de investimentos en acondicionamento de parques intermedios ou instalacións neles, ou en instalacións ou maquinaria fixa en empresas de primeira transformación de madeira ou doutros produtos forestais, a solicitante deberá requirir a inspección de non inicio dos investimentos antes de comezar a execución do investimento, a cal será realizada pola Axencia que verificará in situ que os ditos investimentos non fosen iniciados. No caso de que se comprobase que os investimentos xa foran comezados tramitarase o correspondente procedemento de inadmisión da solicitude da axuda para ese investimento.

2. No caso de que se executen investimentos tras a publicación da convocatoria e se desexe empezar a usalos antes de que recaia a resolución de concesión ou antes de presentar a solicitude de pagamento da axuda, no caso de axudas xa concedidas, a solicitante poderá requirir a inspección comprobatoria de execución dos investimentos, ao obxecto de que a Axencia comprobe que o equipo é novo, que se corresponde co investimento para o que se solicitou a axuda e que non comezou a traballar, e deberá acompañar a factura dos investimentos realizados. No caso de que se comprobe que o equipo comezou a traballar ou que presente evidencias de que a máquina é usada, tramitarase o correspondente procedemento de inadmisión da solicitude de axuda ou de perda do dereito ao cobramento da subvención, segundo corresponda.

Artigo 13. Tramites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

1. Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. A dirección da Axencia Galega da Industria Forestal convocará e resolverá as subvencións ditadas ao abeiro destas bases reguladoras, e será o órgano encargado da aplicación do réxime sancionador.

3. A área de Promoción e Calidade Forestal da Axencia Galega da Industria Forestal será a encargada da instrución e do seguimento das subvencións, sen prexuízo das funcións de xestión administrativa recoñecidas á Xerencia.

4. A xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal será a encargada da xestión económica-orzamentaria deste programa e do seguimento da súa execución.

Artigo 14. Instrución do procedemento

1. Na fase de instrución realizaranse de oficio cantas actuacións sexan necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución, de acordo co establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Na fase de instrución verificarase a moderación dos custos propostos seguindo o indicado no artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico da política agrícola común e outras axudas da política agrícola común.

3. Requirirase ás solicitantes que, no prazo máximo e improrrogable de dez días hábiles, acheguen a documentación non presentada e, no caso de que as solicitudes conteñan defectos ou omisións, os corrixan, conforme se establece no artigo 20.5 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Ademais, neste requirimento indicarase que, se non se fixer, se terá por desistido da súa petición, logo de notificación nos termos que se recollen no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para responder ao requirimento, as solicitantes deberán empregar o formulario normalizado de emenda ao requirimento, que estará dispoñible accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada na sede electrónica da Xunta de Galicia. Conforme os artigos 16.8 e 66.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as solicitudes que non empreguen o modelo específico non serán admitidas a trámite.

4. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta.

5. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión de avaliación regulada no artigo 15 para a súa avaliación e valoración en réxime de concorrencia competitiva, conforme os criterios de adxudicación e valoración previstos nestas bases.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 15. Comisión de Avaliación

1. A Comisión de Avaliación será o órgano colexiado encargado de avaliar as solicitudes, conforme o procedemento e os criterios establecidos no artigo 6.

2. A composición da Comisión de Avaliación será a seguinte:

a) Presidencia: persoa titular da Xerencia da Axencia Galega da Industria Forestal ou persoa que a substitúa.

b) Unha vogalía nomeada entre os membros da Axencia.

c) Unha vogalía nomeada entre o persoal funcionario da Axencia, que desempeñará, ademais, as tarefas de secretaría da Comisión.

3. Os membros da Comisión serán nomeados polo director da Axencia.

4. A Comisión de Avaliación, cando o considere necesario, poderá solicitar o asesoramento técnico de persoal especializado da Axencia Galega da Industria Forestal.

5. A Comisión de Avaliación elaborará unha relación ordenada de todos os investimentos solicitados que cumpren coas condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras, con indicación da puntuación outorgada a cada un deles. Así mesmo, agrupará os investimentos por solicitante e proporase o importe da axuda aprobada e fontes de financiamento tendo en conta o disposto no artigo 5.

De ser o caso, a Comisión elaborará unha lista de agarda coa relación de investimentos aprobados para os cales non se propón a concesión da subvención por esgotamento do orzamento dispoñible. A xerencia poderá acordar activar a lista de agarda no suposto de que algunha persoa beneficiaria renuncie á subvención concedida ou decaia no dereito á súa percepción; neste caso, os créditos liberados poderán asignarse por orde decrecente de puntuación aos investimentos admitidos que non obtivesen subvención por esgotamento do crédito previsto.

6. A Comisión de Avaliación emitirá un informe final en que figurarán de forma individualizada e motivada os investimentos para os que se propón a concesión da axuda, coa identificación da persoa beneficiaria e a puntuación obtida no proceso de baremación e dos investimentos para os que se propón a denegación de axuda por non acadar a puntuación mínima exixida.

Artigo 16. Resolución da convocatoria

1. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola Comisión de Avaliación ao director da Axencia Galega da Industria Forestal.

2. Á vista da proposta formulada e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polas persoas interesadas, o director da Axencia ditará as correspondentes resolucións definitivas de concesión ou denegación dos investimentos que serán motivadas de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. O prazo límite para ditar resolución expresa e notificala será de tres meses, contado desde a finalización do prazo de presentación de solicitudes. Segundo o establecido no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e sen prexuízo da obriga legal de resolver pola Administración, a persoa interesada poderá entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo se, transcorrido o prazo anterior, non se lle notificou resolución expresa.

Artigo 17. Resolucións individuais

1. Todas as resolucións notificaranse ás persoas interesadas nos termos establecidos nos artigos 40 e 41 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A notificación farase exclusivamente a través de medios electrónicos.

2. Na resolución indicarase, de modo expreso, que a subvención se concede ao abeiro da Subintervención 6883_06. «Investimentos para a mellora da competitividade da industria forestal», encadrada dentro da Intervención 6883 «Investimentos forestais produtivos»do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

3. Ademais, a resolución de concesión expresará o importe total da axuda que lle corresponde a cada persoa beneficiaria, así como a súa distribución por anualidades.

4. Notificada a resolución e sen prexuízo dos recursos que procedan, se transcorridos dez días hábiles desde a notificación, a persoa interesada non comunica expresamente a súa renuncia á subvención (anexo VI) entenderase que a acepta tacitamente e, desde ese momento, adquirirá a condición de beneficiaria.

5. No caso de renuncia á subvención por algunha das persoas beneficiarias, o órgano concedente acordará, sen necesidade dunha nova convocatoria, a concesión da subvención ao investimento ou investimentos seguintes en orde da súa puntuación, a condición de que coa renuncia por parte dalgunha das persoas beneficiarias, se liberase crédito suficiente para atender polo menos un dos investimentos aprobados e denegados por insuficiencia de crédito.

Salvo causa de forza maior percibida polo órgano concedente, é necesario presentar a renuncia total ás axudas fóra do devandito prazo ou non presentar a renuncia nos casos de incumprimento total do investimento subvencionado, tal como queda definido o incumprimento total no artigo 21.18, suporá que a empresa non poderá solicitar axudas para os investimentos recollidos nesta resolución nas dúas seguintes convocatorias.

6. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte no que se produzan os efectos do silencio administrativo perante a presidenta da Axencia segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 18. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deberán executarse no tempo e na forma que se determine na resolución de concesión.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas non substanciais e que non afectan os criterios tidos en consideración na valoración das solicitudes e, por tanto, no outorgamento da axuda que obedezan causas sobrevidas que non se puideron prever no momento da solicitude e que alteren as condicións técnicas ou económicas para o desenvolvemento do investimento subvencionado, estas poderán dar lugar á modificación da resolución de concesión, logo de solicitude de autorización da entidade beneficiaria.

3. Cando concorran estas circunstancias e a persoa beneficiaria precisase introducir calquera modificación sobre o proxecto de investimento presentado coa solicitude, solicitará a autorización da Axencia mediante o modelo normalizado do anexo VII, xustificando as razóns do cambio e acompañando a oportuna actualización do expediente que considere as variacións respecto do proxecto orixinal.

4. O prazo para solicitar a modificación do investimento será ata un (1) mes anterior á finalización do prazo para a xustificación da primeira anualidade.

5. Poderanse modificar os investimentos inicialmente aprobados, sempre que os novos investimentos propostos e circunstancias que motivan a modificación cumpran cos criterios de selección aplicados para a concesión das axudas, que non supoña a modificación da puntuación acadada pola aplicación dos criterios de selección e sen que poida supor discriminación a terceiros.

6. A autorización ou a denegación da modificación realizarase mediante resolución da dirección da Axencia a proposta do órgano instrutor, logo de instrución do correspondente expediente de modificación.

7. A modificación da resolución estará suxeita ás seguintes condicións:

a) As modificacións consideraranse de xeito independente por investimento. Deste xeito, aquelas que supoñan incrementos do importe dun investimento subvencionable, non carrexarán un incremento do importe da subvención concedida; porén, as beneficiarias quedarán obrigadas a xustificar o importe do investimento modificado.

No caso de modificacións que supoñan a redución do importe subvencionable dun investimento, o importe reducido da subvención concedida non poderá trasladarse a ningún outro investimento.

b) Será admisible a redución do importe total de cada un dos investimentos considerado como subvencionable na resolución de concesión, se non supera o 40 % do seu valor.

c) Non se admitirán modificacións que supoñan un cambio de persoa beneficiaria.

d) As modificacións que afecten os gastos incluídos na solicitude de axuda deberán cumprir cos requisitos do artigo 10 destas bases.

e) Só se admitirán modificacións que sexan entre investimentos que teñan a mesma puntuación no baremo, de acordo co artigo 6.1.a).

f) No caso de modificacións que dean lugar a cambios nos investimentos, incluída a súa localización, deberá terse en conta o establecido no artigo 12 destas bases relativo ás inspeccións de non inicio e comprobatorias.

Artigo 19. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e os actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada, e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 20. Documentación xustificativa a presentar para o pagamento da axuda

1. Para o pagamento parcial da axuda deberá presentarse a seguinte documentación:

a) Solicitude de pagamento da axuda (anexo VIII), no que incluirán as seguintes declaracións responsables:

i) Declaración responsable de que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

ii) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

iii) Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

iv) Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

v) Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

vi) Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

vii) Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.

viii) Declaración responsable de que esta empresa cumpre coa normativa ambiental vixente.

ix) Declaración responsable de que a empresa mantén o cumprimento dos requisitos que condicionaron a obtención da axuda e das condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes.

x) Declaración responsable de que ningún dos investimentos para os cales se concede a subvención ao abeiro desta resolución vai dar lugar a un produto de consumo final.

xi) Declaración responsable de que ningún dos provedores están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.

xii) Declaración responsable de que a liña de serrado non supera unha capacidade máxima de transformación de 20.000 m³ de madeira en rollo de entrada para serrado ao ano de acordo coa definición de operacións previas á transformación industrial da madeira do Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea (aplícase).

xiii) Declaración responsable de que se desenvolveron dentro ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 (anexo XIV) as actividades do investimento para o que se solicita o pagamento da axuda.

b) Copia das facturas ou documentos de valor probatorio equivalente, xustificativos do investimento subvencionable e documentación acreditativa do pagamento, que deberán cumprir o indicado no anexo XII.

c) Relación ordenada dos investimentos e dos pagamentos efectuados (anexo XI).

d) Declaración da persoa beneficiaria sobre axudas solicitadas, concedidas e/ou obtidas para os mesmos investimentos, segundo o anexo IX, cos datos actualizados.

e) Certificado de depósito de aval bancario na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia, se procede.

2. Para o pagamento final da axuda deberá presentar:

a) A documentación recollida no punto 1 deste artigo.

b) A actualización da ficha coa relación de maquinaria e instalacións, segundo o anexo V da resolución.

c) Memoria dos investimentos realizados (anexo X), coa explicación das diferenzas entre os traballos previstos e os realizados, declaración da distribución de empregados na empresa.

d) Memoria asinada pola persoa beneficiaria ou representante, segundo o punto 2 do anexo X desta resolución, indicando as actuacións executadas, os obxectivos alcanzados e a súa importancia na actividade futura da persoa beneficiaria.

e) Certificado de conformidade do provedor da/s factura/s presentada/s e do/s pagamento/s correspondente/s, onde figure o importe, e a data da factura e do pagamento e o obxecto facturado claramente identificado, coa marca, o modelo e o número de bastidor, e facendo constar que se trata dun investimento ou equipo novo.

f) No caso de instalacións fixas, o informe fotográfico acreditativo do cumprimento das medidas de publicidade e difusión recollidas no artigo 27 da resolución.

3. Ademais, coa solicitude de pagamento final, as persoas beneficiarias deberán presentar a seguinte documentación específica dos investimentos obxecto de axuda:

a) No caso de maquinaria móbil:

1º. No caso de maquinaria que se matricule: o permiso de circulación e a ficha técnica. Os implementos e os adaptacións subvencionados deberán estar recollidos na ficha técnica, ou ben un certificado de instalación, onde ser recollan os datos da máquina automotriz e os datos dos implementos instalados nesa máquina. Deberá indicarse no certificado, cando menos, o ano de fabricación, o nome do fabricante, o modelo e o número de serie de cada un dos implementos instalados, así como da máquina base automotriz.

2º. No caso de maquinaria que non se matricule: o certificado de homologación do conxunto da máquina base, que inclúa todos os implementos instalados. Deberá indicarse no certificado, cando menos, o ano de fabricación, o nome do fabricante, o modelo e o número de serie de cada un dos implementos instalados, así como da máquina base automotriz.

3º. No caso de implementos ou adaptacións que se instalen en máquinas que se matriculen, o permiso de circulación da maquina base onde foron instalados coa que se acredite a propiedade da empresa solicitante (só no caso de non ter sido achegada xunto coa documentación na solicitude de axuda). Ademais, achegarase ficha técnica do equipo automotriz en que se recollan instalados de forma permanente os implementos e as adaptacións subvencionados, ou ben, o certificado de instalación onde se recollan os datos da máquina automotriz e os datos dos implementos e as adaptacións instalados ou realizados nesa máquina. Deberá indicarse, cando menos, o ano de fabricación, o nome do fabricante, o modelo e o número de serie de cada un dos implementos instalados, así como da máquina automotriz.

4º. No caso de implementos ou adaptacións que se instalen ou realicen nunha máquina base sen permiso de circulación, o certificado de homologación do conxunto en que conste, cando menos, o ano de fabricación, o nome do fabricante, o modelo e o número de serie de cada un dos elementos que conforman o conxunto.

5º. Copia do facsímile do fabricante do número de chasis do vehículo ou o número de serie, no caso de maquinaria sen número de chasis.

6º. No caso de tractocargadores, a copia do informe do fabricante do tractor conforme o cumprimento das normas de seguridade da cabina ROPS, FOPS e OPS e a copia do informe do fabricante do tractor ou o organismo autorizado conforme o cumprimento da homologación do asento xiratorio na cabina.

7º. No caso de que o equipo incorpore máquinas base de uso non forestal, deberán achegar planos de detalle dos sistemas de protección complementarios instalados no equipo operativo, co fin de dotar ese conxunto do cumprimento das normas de seguridade para uso forestal (ROPS, FOPS e OPS).

8º. No caso de equipos automotrices que dispoñan dun motor térmico de combustión, deberán enviar unha copia do informe do instalador do sistema automático de detección e extinción de lumes instalado no equipo, que debe incluír, como mínimo, os compoñentes empregados na instalación e facer referencia ás características do equipo onde se instala, incluíndo a súa identificación mediante un número de bastidor ou matrícula.

c) Certificado de desmantelamento da máquina substituída, de ser o caso.

d) No caso de parques intermedios dos recursos forestais e primeira transformación de produtos forestais:

1º. No caso de realizarse instalacións, deberán presentar certificado de fabricación e homologación e certificado de conformidade coa normativa medioambiental e de seguridade industrial vixente das instalacións realizadas.

2º. No caso de obra civil, certificado do director de obra de que cumpre coa normativa ambiental, de seguridade industrial e demais normativa vixente. No caso de investimentos que así o requiran, a acreditación da presentación da comunicación previa da realización do investimento con toda a documentación requirida.

e) No caso de axudas a equipamentos ou instalacións que dean lugar a novos residuos na empresa, deberán presentar copia da solicitude rexistrada de inclusión do novo residuo no Rexistro de Produtores de Residuos.

Artigo 21. Xustificación e pagamento do investimento

1. A data límite de xustificación dos investimentos establécese no artigo 30.

2. A beneficiaria deberá presentar as solicitudes de pagamento parcial e final empregando o formulario normalizado para a solicitude de pagamento dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Conforme os artigos 16.8 e 66.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as solicitudes que non empreguen o modelo específico non serán admitidas a trámite.

3. Conforme o artigo 46 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, cando o órgano administrativo competente para a comprobación da subvención aprecie a existencia de defectos emendables na xustificación presentada pola beneficiaria, porao no seu coñecemento e concederá un prazo de dez días para a súa corrección.

Para responder ao requirimento, as beneficiarias deberán empregar o formulario normalizado de emenda da solicitude de pagamento, que estará dispoñible accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada na sede electrónica da Xunta de Galicia. Conforme os artigos 16.8 e 66.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, as solicitudes que non empreguen o modelo específico non serán admitidas a trámite.

4. Transcorrido o prazo establecido de xustificación sen ter presentada a xustificación dos investimentos subvencionados requirirase a persoa beneficiaria para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de presentación da solicitude no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da axuda, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación no prazo adicional establecido neste parágrafo non eximirá a persoa beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

5. Só serán subvencionables os investimentos que se realicen e que se xustifique o seu gasto (factura) e pagamento (xustificante de pagamento) dentro do período de execución.

6. O período de execución abrangue o período comprendido desde a data de publicación da convocatoria ou da data de inspección de non inicio, no caso de ser preceptiva segundo o establecido no artigo 12.1, e ata a data límite de presentación da xustificación final.

7. Só se permitirán gastos (facturas) e pagamentos (xustificante de pagamento) realizados desde o 1 de xaneiro do ano da convocatoria ata a data de publicación da convocatoria ou, de ser o caso, da inspección de non inicio, sempre que se acredite que son pagamentos feitos a conta para a reserva ou para a planificación da fabricación do investimento, e sempre que se cumpra o recollido no artigo 9, en relación á documentación que debe recoller a solicitude, e o recollido no artigo 10, en relación a moderación de custos.

8. Para a xustificación da segunda anualidade, admitiranse gastos (factura e pagamento) realizados dentro do período de execución que non fosen computados na primeira anualidade.

9. En ningún caso, os investimentos poderán estar executados antes da data de publicación da convocatoria. Ben que, como se recolle no artigo 12, poderán ser executados entre a data de publicación da convocatoria e a data de concesión, sempre que poida ser verificado mediante inspección comprobatoria ou inspección de non inicio, en función da natureza do investimento.

10. Os xustificantes de gasto e de pagamento deberán cumprir o indicado no anexo XII.

11. Os gastos subvencionables en que incorrese a beneficiaria deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais. Os pagamentos non conformes aos prazos previstos na Lei 3/2004 terán a consideración de non subvencionables e suporán unha minoración proporcional da axuda.

12. Unha vez presentada a solicitude de pagamento final realizarase a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, se esta non foi realizada con anterioridade por petición da solicitante, segundo o disposto no artigo 12. Os equipamentos subvencionados non poderán comezar a traballar ata que se realice a dita inspección na Comunidade Autónoma de Galicia. O feito de que se comprobe na inspección que o equipo comezou a traballar ou que presente evidencias de que a máquina é usada, ocasionará a perda do dereito ao cobramento da axuda. Os investimentos a que se lles fixo inspección de non inicio, poderán comezar a traballar sen necesidade de esperar a que se lles faga a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a cal se lles fará igualmente.

13. Poderase solicitar calquera documentación adicional relacionada co investimento subvencionado en caso de dúbida sobre o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución.

14. Cando se poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións dos investimentos que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen ter dado dar lugar á modificación da resolución conforme o artigo 18 destas bases, logo de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, poderá requirirse á beneficiaria que xustifique os motivos e as circunstancias que motivaron a modificación e o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte da Axencia no acto de comprobación non exime a persoa beneficiaria das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

15. Unha vez comprobada a documentación presentada e realizada a inspección comprobatoria de execución dos investimentos subvencionados, a Dirección da Axencia emitirá a correspondente proposta de pagamento.

16. De acordo co artigo 51 do Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agraria común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027 e punto 7.11 do Plan galego de controis non six do Fogga, os pagamentos calcularanse sobre a base dos importes que se consideren admisibles durante os controis administrativos realizados por persoal da Axencia, os cales examinarán a solicitude de pagamento presentada pola persoa beneficiaria e determinarán os importes admisibles. Ademais, fixarán:

a) O importe que se lle vai pagar á persoa beneficiaria en función da solicitude de pagamento e a decisión de concesión.

b) O importe que se vai pagar á persoa beneficiaria tras o exame da admisibilidade do gasto que figure na solicitude de pagamento.

Se o importe fixado segundo a letra a) supera o importe fixado segundo a letra b) en máis dun 10 %, aplicarase unha sanción administrativa ao importe fixado segundo a letra b). O importe da sanción será igual á diferenza entre eses dous importes, pero non irá máis alá da retirada total da axuda.

Porén, non se aplicarán sancións cando a persoa beneficiaria poida demostrar, a satisfacción da autoridade competente, que non é responsable da inclusión do importe non admisible ou cando a autoridade competente adquira doutro modo a convicción de que a persoa beneficiaria non é responsable disto.

17. Non terá a consideración de incumprimento total a non adecuación ao ritmo do investimento anual establecido na resolución de concesión de axuda, sempre que se xustifique a realización da actividade e a execución do investimento polo importe aprobado dentro da data límite de xustificación final, se cumprise coa finalidade que determinou a concesión da subvención e non se alterase a natureza e obxectivos desta.

18. No caso de que se xustificasen investimentos por menor importe do aprobado, a axuda que se pagará será proporcional aos investimentos xustificados, sempre que estes sexan susceptibles de avaliación independente e cumpran os fins previstos inicialmente.

En todo caso, unha execución inferior ao 60 % do importe dalgún dos investimentos subvencionados, terá a consideración de incumprimento parcial e ocasionará a perda de dereito ao cobramento da subvención correspondente ao investimento afectado e ao reintegro das cantidades percibidas.

No caso de que a execución de todos os investimentos subvencionados sexa inferior ao 60 %, terá a consideración de incumprimento total e ocasionará a perda de dereito ao cobramento da totalidade da subvención e o reintegro das cantidades percibidas e seguirá o procedemento sinalado no 23 desta resolución.

19. No caso de apreciarse datos falseados, o expediente de que se trate quedará excluído da axuda e recuperaranse todos os importes que fosen aboados polo dito expediente.

20. Non se realizarán pagamentos de anticipos que supoñan entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para levar a cabo as accións inherentes á subvención.

21. Os pagamentos parciais, ou a conta, logo de presentación xustificativa do gasto realizado (mediante factura e xustificante de pagamento), aboaranse nos termos e exencións previstas no artigo 31.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Estos pagamentos a conta, cando o importe da primeira anualidade supere os 18.000,00 €, serán garantidos mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca. O referido aval deberá ser de duración indefinida, depositarase á disposición da Axencia Galega da Industria Forestal na Caixa Xeral de Depósitos da Xunta de Galicia e deberá cubrir o 110 % do importe que vaia percibir na primeira anualidade da subvención. O certificado de depósito do aval presentarase na solicitude de pagamento da primeira anualidade xunto co resto da documentación. Este certificado de depósito devolveráselle á persoa interesada unha vez se comprobe, mediante inspección in situ, a realización material do obxecto da subvención, así como as restantes condicións da subvención.

Artigo 22. Obrigas das persoas beneficiarias

1. Son obrigas das persoas beneficiarias:

a) Cumprir o obxectivo, executar os investimentos ou realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención.

b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectuará o órgano concedente, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para comprobar a aplicación das axudas á finalidade que determinou a súa concesión, o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión e o pagamento da axuda e o mantemento das condicións establecidas nas bases reguladoras, a convocatoria e a resolución de concesión para o cal achegará canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas para os efectos de poder comprobar o cumprimento do límite cuantitativo a que fai referencia o artigo 5.2 desta resolución.

e) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

f) Levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas ás axudas solicitadas ao abeiro desta resolución, onde se constatará o investimento efectivamente pagado antes do remate do prazo de execución.

g) A persoa beneficiaria deberá manter os requisitos que condicionaron a obtención da axuda e as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes ata a data de solicitude do pagamento final da axuda.

h) A persoa beneficiaria non poderá substituír os equipamentos subvencionados anteriormente polos equipamentos obxecto de axuda.

i) A persoa beneficiaria deberá manter os investimentos subvencionados durante un período mínimo de 8 anos, contados desde a data do último pagamento da axuda.

j) A persoa beneficiaria de axuda comprométese a proporcionar á autoridade de xestión do Programa de Desenvolvemento Rural, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización de tarefas, toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa.

k) De conformidade co Regulamento (UE) 2021/2116, toda persoa ou entidade que reciba fondos da Unión debe cooperar na protección dos intereses financeiros desta. No caso destas bases reguladoras, exíxeselles ás persoas ou entidades potenciais beneficiarias a obriga de asumir a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no ámbito de xestión da entidade, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude no ámbito dos Fondos Feader.

2. O incumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as indicadas na resolución de concesión de axuda, así como encontrarse nas circunstancias previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, ocasionará a perda de dereito á axuda.

Artigo 23. Perda ao dereito ao cobramento e reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como os compromisos asumidos nos termos expresados no artigo anterior. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

2. Son causas de perda do dereito ao cobramento ou, se é o caso, de reintegro as seguintes:

a) A obtención da axuda falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedisen.

b) O incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos ou destinar as axudas a fins distintos aos sinalados na solicitude.

c) O Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, segundo o establecido nesta resolución, na Lei 9/2007 e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

d) A resistencia, a escusa, a obstrución ou negativa ás actuacións de control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando signifique a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e a regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

e) O incumprimento das obrigas impostas pola Administración ás persoas beneficiarias, así como dos compromisos por estes asumidos, con motivo da concesión da axuda, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executan os investimentos ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da axuda.

f) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do Tratado da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

g) O incumprimento da finalidade para a cal foi concedida a axuda.

h) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou dos investimentos ou non adopción do comportamento que fundamenta a concesión da axuda.

i) O incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou, se é o caso, da prórroga concedida.

j) As modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos descritos nesta resolución.

k) O incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta resolución que impliquen obrigas por parte da persoa beneficiaria.

3. Así mesmo, se no caso de que nos controis administrativos sobre a solicitude de pagamento, e controis sobre o terreo se verifica que, á data de solicitude do pagamento final, non se manteñen os requisitos que condicionaron a obtención da axuda e que non se cumpren as condicións para obter a puntuación aplicada na concorrencia competitiva para a aprobación dos expedientes, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e igualmente levará como consecuencia á perda do dereito ao cobramento ou o reintegro da axuda.

4. Igualmente, se no caso de que nos controis a posteriori nos cinco anos seguintes ao pagamento da axuda se verifica que non se cumpren as condicións de mantemento dos investimentos, suporá un incumprimento dos compromisos da aprobación e levará como consecuencia o reintegro da axuda.

5. Nestes supostos, a Axencia reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora que se calcularán conforme a normativa vixente, en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria indicado na orde de recuperación que non poderá fixarse en máis de 60 días e a data de reembolso ou dedución, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

6. Se se descobre que unha persoa beneficiaria efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recupéranse todos os importes que fosen aboados polo devandito expediente. Ademais, a persoa beneficiaria quedará excluído da axuda para a medida en cuestión durante o exercicio do Feader de que se trate e durante o exercicio do Feader seguinte.

7. Naqueles supostos nos cales o importe das axudas recibidas pola persoa beneficiaria excedan os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

8. No caso de pagamento indebido, a persoa beneficiaria quedará obrigado a reembolsar o importe en cuestión ao que se engadirá, se é o caso, os xuros. Os xuros calcularanse en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para a persoa beneficiaria, indicado na orde de recuperación, que non poderá superar os 60 días e a data de reembolso ou dedución.

9. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectiva a devolución a que se refire este artigo será o establecido no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 24. Controis

1. A Axencia realizará os controis sobre o terreo, así como as comprobacións e as inspeccións que considere oportunas co fin de comprobar a veracidade dos datos e da documentación presentada, así como o lóxico seguimento e control das axudas concedidas.

2. As persoas interesadas deberán facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Axencia, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e o control.

Ademais, deberán proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegue a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e a avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades, de conformidade co disposto no artigo 123 do Regulamento (UE) nº 2021/2115, do 2 de decembro de 2021.

3. Seralles de aplicación ás axudas recollidas nesta resolución e non se poderá efectuar ningún pagamento sen que antes se realizasen os controis establecidos no punto 4 deste artigo, así como o réxime de controis, reducións e exclusión reguladas Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

4. A maiores, ao tratarse de axudas cofinanciadas cos fondos do Feader, deberán someterse aos específicos controis administrativos sobre o terreo e a posteriori, segundo o recollido no Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, e o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

5. Respecto das facturas proforma ás cales se fai referencia no artigo 10, e de acordo co artigo 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os provedores desas ofertas estarán obrigados a prestar colaboración e facilitar canta documentación lle sexa requirida, e especialmente a necesaria para verificar a posible vinculación entre eses provedores.

6. Así mesmo, os controis administrativos sobre os investimentos, facturas pro forma ou similares a que se fai referencia no artigo 10 incluirán a comprobación sobre da moderación de custos de acordo co indicado no artigo 82 do Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común, mediante a comparación de tres ofertas diferentes e a aplicación dos prezos máximos para os investimentos incluídos no anexo XV.

Artigo 25. Infraccións e sancións

En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia, e o Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común.

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e as xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 27. Medidas informativas e publicitarias

1. Todos os investimentos relacionados cos fondos Feader deberán publicitarse de acordo co establecido nos anexos II e III do Regulamento 2022/129 da Comisión, do 21 de decembro de 2021.

2. As persoas beneficiarias das intervencións do PEPAC en Galicia deberán dar a coñecer a axudas consonte as regras establecidas no anexo XIII desta resolución.

3. Con carácter xeral, todas as actividades de información e de publicidade que leven a cabo as persoas beneficiarias deberán destacar o apoio dos fondos á operación incorporando:

a) O logotipo oficial da Xunta de Galicia.

b) O emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «Financiado pola Unión Europea».

c) O logotipo oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

d) A referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda.

4. Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web e/ou contas oficiais nas redes sociais deberán incorporar, de modo adicional, unha breve descrición da operación que recibe os fondos europeos, de maneira proporcional ao nivel da axuda e indicará os seus obxectivos e resultados.

5. No caso de investimentos cunha axuda pública total superior aos 50.000,00 € a beneficiaria deberá colocar, nun lugar ben visible para o público, unha placa explicativa ou unha pantalla electrónica equivalente.

6. No caso de que na realización dun control a posteriori, que se efectuará nos cinco anos posteriores ao pagamento final da axuda concedida, se verifique o incumprimento do establecido no punto 1 deste artigo, procederase á solicitude de reintegro da axuda concedida.

7. Para estes efectos, os carteis poderán descargarse en formato .jpg na web da Axencia Galega da Industria Forestal (https://xera.xunta.gal).

8. A Axencia publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, se puideren impoñer nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

9. As solicitudes de axuda suporán unha autorización expresa para que a información xeral da beneficiaria, da axuda concedida e do proxecto (incluídas fotografías achegadas coas mesmas) poidan ser utilizados pola Axencia Galega da Industria Forestal nas súas campañas de promoción e de divulgación das súas actividades, salvo oposición expresa da solicitante, mediante a opción habilitada para tal fin no anexo de solicitude de axuda.

10. Publicaranse os datos que concirnen ás beneficiarias de conformidade co artigo 98 do Regulamento (UE) 2021/2116 e os ditos datos poderán ser tratados por organismos de auditoría e investigación da Unión e dos Estados membros para protexer os intereses financeiros da Unión. Dando cumprimento ao disposto no artigo 99 do Regulamento (UE) 2021/2116, informarase ás beneficiarias da publicación destes datos e do seu posible tratamento na resolución individual de concesión da axuda.

CAPÍTULO II

Convocatoria de axudas para o ano 2026

Artigo 28. Convocatoria

Convócanse para o ano 2026 en réxime de concorrencia competitiva as axudas reguladas por esta resolución. As solicitudes, a documentación, as condicións e o procedemento de xestión das axudas serán as establecidas con carácter xeral nos artigos anteriores.

Artigo 29. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 30. Prazo de xustificación

1. O prazo máximo para presentar a xustificación das actividades subvencionadas finalizará o 31 de agosto de 2026 para a primeira anualidade, e para a segunda o 15 de maio de 2027.

2. Atendendo ao artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, poderase conceder unha ampliación dos prazos de xustificación e de execución establecidos, que non exceda a metade deles, se as circunstancias o aconsellan e con isto non se prexudican dereitos dun terceiro. Esta ampliación deberá solicitarse, como máximo, un (1) mes antes de que acabe o prazo. Tanto a petición das persoas interesadas como a decisión sobre a ampliación deberán producirse, en todo caso, antes do vencemento do prazo de xustificación.

Artigo 31. Financiamento

1. As axudas financiaranse con cargo ao proxecto e aplicación seguinte:

Código do proxecto

Aplicacións

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Total

2025 00001

09.A4.741A.770.0

5.685.514,00 €

5.331.522,00 €

11.017.036,00 €

Total

5.685.514,00 €

5.331.522,00 €

11.017.036,00 €

2. Estas contías están recollidas no proxecto de Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 17 de outubro de 2025.

De acordo co disposto no artigo 3.1 da Orde do 11 de febreiro de 1998, a tramitación anticipada de gasto poderá chegar, como máximo, ata o momento anterior ao de disposición ou compromiso de gasto. Así mesmo e segundo o establecido no artigo 5 da dita orde, todos os actos de trámite ditados en desenvolvemento desa orde enténdense condicionados a que, unha vez aprobada a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, subsistan as mesmas circunstancias de feito e de dereito existentes no momento en que se produciron aqueles.

2. Este orzamento poderá verse incrementado con remanentes adicionais de acordo coas dispoñibilidades de crédito. En todo caso, as concesións limitaranse ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A Axencia poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta resolución, cando o incremento derive de:

a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, unha vez aprobada a modificación orzamentaria que proceda.

4. Estas axudas financiaranse con cargo á Subintervención 6883_06. Investimentos para a mellora da competitividade da industria forestal, encadrada dentro da Intervención 6883 Investimentos forestais produtivos do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cunha achega do Feader do 60 %, do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación do 12 % e da Xunta de Galicia do 28 %.

Artigo 32. Distribución do crédito

1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 31.1., segundo as diferentes liñas definidas no artigo 3:

a) Liña 1: 20 %

b) Liña 2: 50 %.

c) Liña 3: 5 %.

d) Liña 4: 20 %.

e) Liña 5: 5 %.

2. No caso de que, unha vez priorizados os expedientes solicitados, non se consuma a totalidade do importe establecido polas distintas porcentaxes de cada tipo de liña de axuda na distribución do crédito detallado no punto 1, os importes sobrantes das distintas liñas pasarán ás demais para facer fronte aos expedientes solicitados, tendo prioridade as liñas 3 e 5 para, de seguido, ter prioridade as liñas 1 e 4.

Disposición adicional primeira. Compatibilidade das axudas

As axudas reguladas por esta resolución serán compatibles con calquera outra axuda que co mesmo fin concedan outras administracións públicas, entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, sen prexuízo do establecido e en relación coa incompatibilidade destas axudas con calquera outra cofinanciada con fondos europeos do Feader, artigo 36 do Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sempre que a contía das axudas acumuladas non supere o 100 % do gasto subvencionable.

Disposición adicional segunda. Outras regulamentacións

Nos aspectos non recollidos nesta orde haberá que aterse ao disposto na seguinte normativa:

• Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) de España para a axuda da Unión financiada polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía e o Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

• Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

• Regulamento (UE) nº 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello, do 2 de decembro de 2021, polo que se establecen normas en relación coa axuda aos plans estratéxicos que deben elaborar os Estados membros no marco da política agrícola común (plans estratéxicos da PAC), financiada con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e polo que se derrogan os regulamentos (UE) nº 1305/2013 e (UE) nº 1307/2013.

• Regulamento (UE) nº 2021/2116, do 2 de decembro de 2021, sobre o financiamento, a xestión e o seguimento da política agrícola común, e polo que se derroga o Regulamento (UE) nº 1306/2013.

• Regulamento (UE) 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

• Regulamento de execución (UE) nº 2022/1475, do 6 de setembro de 2022, da Comisión, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2115 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta á avaliación dos plans estratéxicos da PAC e á subministración de información para o seguimento e a avaliación.

• Regulamento de execución (UE) 2022/128 da Comisión, do 21 de decembro de 2021, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello sobre os organismos pagadores e outros órganos, a xestión financeira, a liquidación de contas, os controis, as garantías e a transparencia.

• Real decreto 1047/2022, do 27 de decembro, polo que se regula o sistema de xestión e control das intervencións do Plan estratéxico e outras axudas da política agrícola común

• Lei 30/2022, do 23 de decembro, pola que se regula o sistema de xestión da política agrícola común e outras materias conexas.

• Real decreto 147/2023, do 28 de febreiro, polo que se establecen as normas para a aplicación de penalizacións nas intervencións recollidas no Plan estratéxico da política agrícola común, e modifícanse varios reais decretos polos que se regulan distintos aspectos relacionados coa aplicación en España da política agrícola común para o período 2023-2027.

• Circular de coordinación 37/2023 relativa ao Plan nacional de controis das intervencións de desenvolvemento rural non establecidas no ámbito do sistema integrado do período 2023-2027 incluídas no Plan estratéxico da política agrícola común.

• Instrución ARX PEPAC 01/2023 información, publicidade e visibilidade.

Disposición adicional terceira. Aprobación dos criterios de selección

A resolución e a xestión desta orde está condicionada á aprobación pola autoridade rexional de xestión, logo de consulta ao Comité de seguimento rexional, da modificación dos criterios fixados para a subintervención 6883_06 Investimentos para a mellora da competitividade da industria forestal.

Disposición adicional cuarta. BDNS

En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Disposición derradeira primeira

Facúltase a Axencia para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para a aplicación ou o cumprimento do establecido nesta resolución.

Disposición derradeira segunda

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2025

Alfredo Fernández Ríos
Director da Axencia Galega da Industria Forestal

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO XII

Instrución para a presentación dos xustificantes de gasto e de pagamento das actuacións elixibles

1. Xustificantes de gasto. Consistirán nas copias das facturas acreditativas dos investimentos, que cumpran as exixencias que establece o Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación:

En particular as facturas deberán cumprir, como mínimo, os seguintes requisitos:

• Número e, se é o caso, serie.

• A data da súa expedición.

• Nome e apelidos, razón ou denominación social completa, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

• Número de identificación fiscal atribuído pola Administración española ou, se é o caso, pola doutro Estado membro da Comunidade Europea, co que realizase a operación o obrigado a expedir a factura.

• Domicilio, tanto do obrigado a expedir factura como do destinatario das operacións.

• Descrición das operacións. Consignaranse todos os datos necesarios para a determinación da base impoñible do imposto, correspondente a aquelas, e o seu importe, incluíndo o prezo unitario sen imposto das ditas operacións, así como calquera desconto ou rebaixa que non estea incluído no dito prezo unitario.

• O tipo impositivo ou tipos impositivos, se é o caso, aplicados ás operacións.

• A cota tributaria que, se é o caso, lle repercuta, deberá consignarse por separado.

• A data en que se efectuasen as operacións que se documentan, sempre que se trate dunha data distinta á de expedición da factura.

• No caso de que unha operación estea exenta ou non suxeita ao IVE, especificarase o artigo da normativa referida ao IVE que así o recoñece.

• Só se considerará elixible a base impoñible que figure na factura.

• Non se admitirán como xustificantes de gasto albarás, notas de entrega, facturas pro forma, tíckets, recibos, nin as facturas que non conteñan todos os requisitos citados para a súa consideración como tal ou cuxa data non se axuste aos prazos citados.

• Nas facturas deberá figurar claramente especificado o obxecto facturado e, no caso de maquinaria, deberán figurar os datos identificativos, marca, modelo e número de bastidor.

• Así mesmo, o provedor e os investimentos que figuren deberán coincidir exactamente cos que figuran no orzamento escollido das tres ofertas presentadas.

2. Xustificantes do pagamento. A xustificación do pagamento realizarase mediante a presentación dalgún dos documentos que se relacionan a seguir:

a) Presentarase o xustificante bancario do pagamento polo beneficiario (transferencias bancarias, certificacións bancarias, extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica), no que conste o número da factura obxecto de pagamento, a identificación do beneficiario que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura.

b) Se o pago se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pago aprazado (cheque, obriga de pago, letra de cambio, etc.), achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, acompañado da documentación bancaria (extracto da conta do beneficiario, documento bancario acreditativo do pago do efecto, etc., que deberán ir selados polo selo orixinal da entidade financeira) en que conste claramente que o dito efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) No caso de que un xustificante de pago inclúa varias facturas imputadas ao proxecto, deberán identificarse no documento do pago as facturas obxecto del.

d) No caso dunha factura cuxo pago se xustifique mediante varios documentos de pago, cada un destes deberá facer referencia á factura a que se imputa o pago, e irá xunto cunha relación de todos os documentos de pago e importes acreditativos do pagamento desa factura.

e) No caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, deberá identificarse claramente no documento de pago a factura ou facturas cuxo pagamento se imputa ao proxecto.

f) No caso de facturas en moeda estranxeira, deben xuntarse os documentos bancarios de cargo en que conste o cambio utilizado.

g) Non se admitirán os pagamentos en efectivo.

ANEXO XIII

Publicidade

1. Obrigas das persoas beneficiarias.

As persoas beneficiarias das intervencións do Pepac en Galicia deberán dar a coñecer a axuda consonte as seguintes regras:

a) Con carácter xeral, todas as actividades de información e publicidade que leven a cabo as persoas beneficiarias deberán destacar o apoio dos fondos á operación incorporando:

a. O logo da Xunta de Galicia.

b. O emblema da Unión Europea e, xunto a el, a declaración «Financiado pola Unión Europea» ou «Cofinanciado pola Unión Europea», que figurará sen abreviar.

c. O logotipo xeral oficial do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

d. Referencia á axuda do Feader a través do PEPAC, indicando o cofinanciamento pola Unión Europea, a porcentaxe de cofinanciamento e o montante total da axuda.

b) Cando a persoa beneficiaria dispoña dun sitio web e/ou contas oficiais nas redes sociais, deberá incorporar, ademais do disposto no punto anterior, unha breve descrición da operación que recibe os fondos europeos, de maneira proporcionada ao nivel da axuda, e indicará os seus obxectivos e resultados.

c) No caso de investimentos cunha axuda pública total superior aos 50.000 €, o beneficiario deberá colocar, nun lugar ben visible para o público, unha placa explicativa ou unha pantalla electrónica equivalente.

d) Cando varias operacións teñan lugar no mesmo lugar e estean apoiadas polo mesmo ou por diferentes instrumentos de financiamento, ou cando se proporcione financiamento adicional para a mesma operación nunha data posterior, bastará coa exhibición dunha placa ou cartel.

e) Cando o obxecto da axuda sexa maquinaria, equipamento informático, de telecomunicacións ou calquera outro ben en que, pola súa estrutura ou tamaño, non sexa posible identificar unha localización adecuada, o cartel ou placa poderá ser substituído por adhesivos ou impresións.

2. Modelos.

a) Cuestións comúns.

Os modelos de carteis e placas que os beneficiarios de axudas Feader deben utilizar adaptaranse ao disposto nesta epígrafe.

A parte destinada ao emblema da Unión Europea e a declaración, a denominación do fondo, o plan estratéxico, ademais da descrición do proxecto ou operación debería ocupar como mínimo o 25 % do deseño.

O logo da Xunta de Galicia ocupará o ancho do soporte cunha marxe ao seu arredor da metade do ancho do escudo.

O título do proxecto que se vai executar terá unha altura de texto non superior a 2/3 da altura que teña o texto do logotipo.

Os datos da obra terán unha altura de texto non superior a 1/2 da altura do título. Os modelos expostos recollen o contido mínimo, porén, o instrumento empregado debería recoller toda a información posible, tendo en conta o seu tamaño.

O resto de logos, deberán situarse na parte inferior do cartel cunha marxe ao seu arredor da metade do ancho do escudo.

Cores e tipo de letra:

Cor fondo 1

RGB:0/123/196

Pantone 7461 C

Cor fondo 2

RGB: 0/51/153

Pantone Reflex Blue

Tipo de letra

Xunta Sans

Tipo de letra declaración, Feader e PEPAC

Tahoma

Dimensións:

Placa

Cartel

Dimensión mínima (A)

100 cm

30 cm

Altura mínima chan (h)

130 cm

-

Tanto os carteis como as placas serán de material resistente (ríxido ou semirríxido), e non é admisible a simple impresión en papel. Colocaranse sempre nun lugar visible ao público.

Os elementos publicitarios deben manterse, polo menos, durante un prazo idéntico ao do compromiso que adquire o beneficiario ao recibir a subvención.

b) Placa.

missing image file

c) Cartel.

missing image file

d) Adhesivos ou etiquetas.

missing image file

ANEXO XIV

Ámbito territorial do Plan estratéxico da política agraria
común de España 2023-2027

Nos termos recollidos no apartado 4.7.2 do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, a delimitación de zona rural establécese establécese tendo en conta a clasificación proposta pola Comisión, denominada «grao de urbanización», que toma como unidade de referencia LAU2 (municipios) e na cal se definen tres categorías:

a) Zonas densamente poboadas (código 1): aquelas cunha densidade de poboación igual ou superior a 1.500 habitantes por km2 e unha poboación mínima de 50.000 persoas.

b) Zonas de densidade intermedia (código 2): aquelas nas que menos do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais (onde as cuadrículas nas zonas rurais son as que están fóra das agrupacións urbanas) e menos do 50 % vive en altos grupos de densidade.

c) Zonas de baixa densidade (código 3): aquelas nas que máis do 50 % da poboación vive nas cuadrículas rurais. Os LAU2 cunha poboación inferior a 5.000 habitantes e co 90 % ou máis da súa área nas cuadrículas rurais foron reclasificados como rurais.

A definición das zonas rurais realízase por eliminación daquelas zonas consideradas densamente poboadas (urbanas) nun territorio. No caso de Galicia, só teñen a consideración de zonas urbanas as parroquias definidas como zonas densamente poboadas.

A autoridade de xestión, xunto co Instituto Galego de Estatística, perfila as cuadrículas de estudo (1 km2) dentro de cada unha das zonas urbanas a nivel parroquia. Neste sentido, as parroquias definidas como rurais ou intermedias de todos os concellos de Galicia poden ser admisibles para os efectos do financiamento de proxectos a través do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 e cofinanciados co fondo Feader. Por conseguinte, considéranse non admisibles unicamente aquelas parroquias urbanas, é dicir, as clasificadas como ZDP.

Porén, a través do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027 poderanse considerar elixibles actuacións en parroquias ZDP, logo de informe da autoridade de xestión a petición da Axencia Galega da Industria Forestal, que deberá motivar a excepción proposta, a súa contribución aos obxectivos do Programa e ás prioridades de desenvolvemento rural.

Xúntanse accesos ás táboas publicadas polo IGE para cada unha das provincias, co detalle do grao de urbanización de cada concello e das súas parroquias.

A Coruña:

http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=8050&R=0[all]&C=1[all]&F=&S=&SCF=

Lugo:

http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=8051&R=0[all]&C=1[all]&F=&S=&SCF=

Ourense:

http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=8052&R=0[all]&C=1[all]&F=&S=&SCF=

Pontevedra:

http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=8053&R=0[all]&C=1[all]&F=&S=&SCF=

ANEXO XV

Listaxe de prezos máximos

Este anexo é de aplicación aos autocargadores forestais e tractocargadores forestais completos que se encadren nas liñas 1 ou 2 e ás procesadoras que, polas súas características, pertenzan á liña 2.

Autocargadores forestais

Carga máxima

(toneladas)

Potencia motor
(kW)

Prezo neto (€)

8 a < 12

< 140

303.227,83 €

≥ 140

361.188,19 €

12 a < 15

< 140

360.737,04 €

140-179

361.188,19 €

≥ 180

389.809,19 €

15 a < 20

< 140

404.453,73 €

140-179

180-209

≥ 210

447.322,53 €

≥ 20

≥ 210

509.049,93 €

Tractocargadores forestais completos

M.M.A. remolque (toneladas)

Potencia tractor (kW)

Prezo neto (€)

10 a < 14

90 a < 110

243.174,56 €

110 a ≤ 200

260.602,65 €

14 a 16

110 a ≤ 200

289.571,87 €

Procesadoras forestais de rodas

Potencia motor
(kW)

Peso equipo
(toneladas)

Diámetro máximo corte cabezal (mm)

Prezo neto (€)

150 a < 190

16 a < 24

550-649

526.517,44 €

650-750

553.622,34 €

≥ 190

16 a < 24

550-649

568.928,58 €

650-750

≥ 24

550-649

630.642,60 €

650-750

Procesadoras forestais de cadeas

Peso máquina base
(toneladas)

Potencia motor
(kW)

Apertura máxima rodillos cabezal procesador (mm)

Prezo neto (€)

15,6 a 23,6

78 a < 146

460 a < 660

344.940,49 €

≥ 660

373.703,26 €

≥ 146

> 460

410.887,59 €

23,7 a 25,5

78 a < 146

> 460

393.873,75 €

≥ 146

> 460

410.887,59 €

25,6 a 31,5

> 78

> 460

427.273,75 €

Procesadoras con cabezais de procesado + cabezal de talado, intercambiable

Potencia motor
(kW)

Peso máquina base
(toneladas)

Cabezal procesador

Diámetro máximo corte (mm)

Prezo neto (€)

78 a < 146

15.6-23,6

550-649

383.781,18 €

650-750

412.107,14 €

23,7-31,5

550-649

455.152,24 €

650-750

≥ 146

15,6-23,6

550-649

426.727,55 €

650-750

23,7-31,5

550-649

455.152,24 €

650-750