DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 33 Xoves, 19 de febreiro de 2026 Páx. 13956

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2026, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, na escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola que se fai pública a relación dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 6 de febreiro de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de maio de 2024 (DOG núm. 97, do 21 de maio) (corrección de erros no DOG núm. 99, do 23 de maio), modificada pola Resolución do 27 de maio de 2024 (DOG núm. 107, do 4 de xuño) e do 28 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2,

ACORDOU:

Primeiro. Mediante as resolucións do 17 de decembro de 2024 (DOG núm. 244, do 19 de decembro) e do 2 de abril de 2025 (DOG núm. 71, do 11 de abril), este tribunal acordou elevar á titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal a listaxe das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

O 5 de febreiro de 2026, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal requírelle a este tribunal que propoña unha nova persoa aspirante, xa que, unha vez finalizado o prazo establecido na Resolución do 17 de decembro de 2024, o aspirante proposto co número dez, Arturo Serafín Castro Leal (***5215**), non presentou a documentación exixida pola base V.2 da convocatoria e, polo tanto, perdeu o seu dereito para adquirir a condición de funcionario de carreira no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non tomen posesión efectiva ou non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira ou, se é o caso, persoal laboral fixo».

Por todo isto, este tribunal acorda propor unha relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, para o ingreso, mediante o sistema de concurso, no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica agrícola do subgrupo A2 de persoal funcionario da Xunta de Galicia, atendendo á orde das puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria, e de acordo co Informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021 da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentaren os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Este tribunal acorda facer pública, como anexo I a esta resolución, a proposta complementaria dunha persoa aspirante que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial.

Cuarto. Este tribunal acorda elevar a dita proposta complementaria da persoa aspirante que superou o proceso selectivo á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Quinto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026

Víctor Gallego Víncent
Presidente do tribunal

ANEXO I

Relación complementaria de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo
para a escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial

Convocatoria: A2 (concurso).

Corpo/categoría: corpo facultativo de grao medio, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial (2075).

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos, nome

Quenda

Puntuación

1

***1366**

Colmenero Guzmán, Manuel Aurelio

Libre

36.9