O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade, polo Servizo Galego de Saúde e polas entidades públicas instrumentais adscritas no terceiro cuadrimestre do ano 2025 e un convenio asinado no primeiro cuadrimestre, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2026
Natalia Lobato Mosquera
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade
ANEXO
|
Obxecto |
Importe total |
Data da sinatura |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue |
58.200,00 € |
23.4.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidade Camilo José Cela ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
2.9.2025 |
|
Addenda de prórroga do convenio entre o Instituto Social da Mariña e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia no ámbito da cesión ou comunicación de datos de carácter persoal e o acceso aos sistemas de información necesarios para a realización dos recoñecementos médicos de embarque marítimo |
0,00 € |
3.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carballeda de Avia en que se establecen as bases para a reforma da cuberta do centro de saúde de Carballeda de Avia |
84.301,16 € |
4.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Porto do Son en que se establecen as bases para unha reforma no centro de saúde de Porto do Son |
42.894,50 € |
5.9.2025 |
|
Addenda ao convenio entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Instituto Nacional de Estatística, para a comprobación da residencia que figura na base padroal das persoas titulares da tarxeta sanitaria en Galicia como empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia |
0,00 € |
9.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de San Cristovo de Cea en que se establecen as bases para a reforma da instalación de fontanaría do centro de saúde de San Cristovo de Cea |
13.677,82 € |
11.9.2025 |
|
Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Asociación Galega de Persoas Transplantadas de Medula Ósea e Enfermidades Oncohematolóxicas para o fomento da doazón de proxenitores hematopoiéticos e acompañamento de pacientes e familiares |
0,00 € |
19.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Fundación Dialnet da Universidade da Rioxa, a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde no marco do proxecto Dialnet Global |
0,00 € |
22.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o desenvolvemento dun programa de apoio para a recuperación integral das persoas con discapacidade orgánica |
164.000,00 € |
23.9.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Smith+Nephew para a realización de cursos formativos aos profesionais do Servizo Galego de Saúde con base no expediente de contratación da subministración sucesiva de material sanitario destinado á prevención, limpeza e tratamento das feridas, baseado na cura en ambiente húmido, con destino ás áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde (expediente SE-SER1-21-015) |
18.656,00 € |
24.9.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Izertis, S.A., para a organización do acto de entrega da V edición dos Premios de innovación en saúde 2025 no Sistema público de saúde de Galicia |
1.500,00 € |
25.9.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis) para a colaboración e transferencia de coñecemento no marco do proxecto Sistema intelixente relacional para o acompañamento (SIRA) |
0,00 € |
25.9.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Additum Blockchain, S.L., para a organización do acto de entrega da V edición dos Premios de innovación en saúde 2025 no Sistema público de saúde de Galicia |
1.500,00 € |
26.9.2025 |
|
Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Grupo de Investigación en Vacinas e Infeccións (GENVIP) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para a investigación aplicada en infeccións e vacinas en Galicia |
0,00 € |
26.9.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Fujitsu Technology Solutions, S.A., para a organización do acto de entrega da V edición dos Premios de innovación en saúde 2025 no Sistema público de saúde de Galicia |
1.500,00 € |
29.9.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Glaxosmithkline, S.A., para a organización do acto de entrega da V edición dos Premios de innovación en saúde 2025 no Sistema público de saúde de Galicia |
1.500,00 € |
30.9.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidade de Estremadura ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
1.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Autopista Central Gallega, Concesionaria Española, S.A.U., e diversas empresas, para facilitar o tránsito de ambulancias asistenciais pola autoestrada de peaxe AP-53, tramo: Santiago de Compostela-Alto de Santo Domingo |
0,00 € |
3.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Autoestradas do Atlántico Concesionaria Española, S.A. (Audasa), Autoestradas de Galicia, C.X.G., S.A. e diversas empresas, para facilitar o tránsito de ambulancias asistenciais a través das autoestradas de peaxe: autoestrada do Atlántico (AP-9), A Coruña-Carballo (AG-55) e Puxeiros-Val Miñor (AG-57) |
0,00 € |
3.10.2025 |
|
Addenda de prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Vigo e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para a continuidade e o desenvolvemento do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur |
0,00 € |
6.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Colexio Oficial de Podoloxía de Galicia e os colexios oficiais de farmacéuticos e farmacéuticas de Galicia, en que se establecen as bases para a posta á disposición dos prescritores dunha plataforma homologada de receita privada electrónica en Galicia |
6.534,00 € |
10.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, os colexios oficiais de odontólogos e estomatólogos de Galicia e os colexios oficiais de farmacéuticos e farmacéuticas de Galicia, en que se establecen as bases para a posta á disposición dos prescritores dunha plataforma homologada de receita privada electrónica en Galicia |
5.808,00 € |
10.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Consello de Colexios de Médicos de Galicia e os colexios oficiais de farmacéuticos e farmacéuticas de Galicia, en que se establecen as bases para a posta á disposición dos prescritores dunha plataforma homologada de receita privada electrónica en Galicia |
10.890,00 € |
10.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Asociación de Médicos Galegos (Asomega) para a organización da xornada Academia Asomega Traxectoria e Vida |
9.000,00 € |
10.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades de investigación para a detección de consumo de substancias psicoactivas mediante análise de augas residuais |
50.000,00 € |
10.10.2025 |
|
Acordo de prórroga ao convenio de colaboración educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e máster universitario |
0,00 € |
14.10.2025 |
|
Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Fundación Deporte Galego e as entidades locais adheridas, para o desenvolvemento de actuacións conxuntas para a implementación dun programa para a pauta de exercicio físico ás persoas maiores de 60 anos usuarias do Sistema Sanitario Público dentro do programa «Adestra a túa Saúde», con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
0,00 € |
15.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a organización do segundo diploma de experto/a de avaliación para os servizos sanitarios |
49.000,00 € |
30.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo, para a elaboración dun protocolo común en materia de acompañamento psicolóxico ao estudantado |
60.000,00 € |
30.10.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Otsuka Pharmaceutical, S.A., para a xornada «Coida os teus riles, coida da túa vida» |
9.270,97 € |
30.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Inibic para o desenvolvemento do proxecto de investigación Saúde pública e medicina preventiva de precisión combinando exploración física, hábitos de vida e información xenómica: monitorización da pandemia de obesidade a través da extensión da Cohorte-IMPaCT (Obes-IMPaCT) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
250.800,00 € |
31.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento do proxecto de investigación Saúde pública e medicina preventiva de precisión combinando exploración física, hábitos de vida e información xenómica: monitorización da pandemia de obesidade a través da extensión da Cohorte-IMPaCT (Obes-IMPaCT) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
250.800,00 € |
31.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para o desenvolvemento do proxecto de investigación Saúde pública e medicina preventiva de precisión combinando exploración física, hábitos de vida e información xenómica: monitorización da pandemia de obesidade a través da extensión da Cohorte-IMPaCT (Obes-IMPaCT) no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU |
250.800,00 € |
31.10.2025 |
|
Addenda de prórroga do convenio de colaboración entre Cruz Roja Española e o Servizo Galego de Saúde, para o apoio á humanización da asistencia sanitaria, promovendo o desenvolvemento dun programa para a atención a persoas con enfermidades avanzadas |
0,00 € |
7.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, para a colaboración e uso compartido de coñecemento no marco do proxecto Neolab-3 |
0,00 € |
12.11.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Otsuka Pharmaceutical, S.A., para a xornada «Transformación sanitaria: cara á obtención de resultados en saúde» |
7.133,67 € |
14.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Vila do Conde, S.L., para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Vila do Conde |
0,00 € |
14.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Serge Lucense, S.A., para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia A Veiga Complexo Terapéutico Xerontolóxico |
0,00 € |
14.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Albertia Servicios Sociosanitarios, S.A. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia para persoas maiores Albertia Lugo |
0,00 € |
14.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Geriatros, S.A., para a organización da prestación farmacéutica nas residencias sociosanitarias xestionadas por Geriatros, S.A. |
0,00 € |
14.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Sar Residencial y Asistencial, S.A.U., para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia para maiores Domusvi Matogrande |
0,00 € |
14.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a entidade Asistencia Integral Personalizada, S.L. para a organización da prestación farmacéutica no centro sociosanitario Residencia Neural Mentalia Bóveda |
0,00 € |
14.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Carballo para a execución das obras de reforma e ampliación do centro de saúde de Carballo para a súa transformación en Centro Integral de Saúde (CIS) da Comarca de Bergantiños |
0,00 € |
18.11.2025 |
|
Convenio entre o Ministerio de Sanidade, a Comunidade Autónoma de Galicia e a entidade pública empresarial Red.es, M.P., para o desenvolvemento de servizos dixitais intelixentes no ámbito do Sistema Nacional de Saúde |
9.345.705,10 € |
24.11.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Boehringer Ingelheim España, S.A., para a gravación e posterior difusión de tres pílulas formativas en relación cos pacientes crónicos |
10.000,00 € |
26.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e zona de abastecemento/Comunidade de Usuarios de Auga de Roblido para consumo humano, para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais» |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Pobra de Trives para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais» |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Carballeda de Avia para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais» |
2.506,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Petín para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais» |
2.506,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Oímbra para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
5.013,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello da Mezquita para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
6.266,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Manzaneda para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
3.760,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello da Veiga para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
3.760,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Vilardevós para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e zona de abastecemento/Comunidade de Usuarios de Auga de Carballeda de Avia para consumo humano, para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Vilar de Barrio para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
6.266,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello do Bolo para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Larouco para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
1.254,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Cualedro para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
6.266,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Vilariño de Conso para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
3.760,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Avión para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
2.506,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Castrelo do Val para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Riós para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Chandrexa de Queixa para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello da Rúa para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
3.760,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Monterrei para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
8.733,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Vilamartín de Valdeorras para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
3.760,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Rubiá para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
6.266,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello da Gudiña para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
1.253,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Concello de Beade para a execución das medidas previstas no Plan integral extraordinario de autocontrol nas augas de consumo humano afectadas por mor dos incendios forestais |
2.506,00 € |
28.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Acis) e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Fidis) para dar cobertura ás actuacións de xestión prorrogadas do proxecto de investigación Diagnosis and Management of Febrile Illness using RNA Personalised Molecular Signature Diagnosis (DIAMONDS) |
53.269,63 € |
1.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes e a Fundación Galega contra o Narcotráfico para a realización do programa Adestrar sen pantallas, gañar en saúde |
22.200,00 € |
4.12.2025 |
|
Addenda de prórroga do convenio entre o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións conxuntas en relación cos traballadores afectados de patoloxías derivadas do emprego do amianto |
0,00 € |
10.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, e o Servizo Galego de Saúde para a implantación do Programa Xuventude Consciente da Saúde Mental na Comunidade Autónoma de Galicia |
0,00 € |
11.12.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universitat Oberta de Catalunya ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
11.12.2025 |
|
Convenio de colaboración empresarial entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Otsuka Pharmaceutical, S.A., para a presentación do Plan Estratéxico en Saúde Mental |
3.000,00 € |
12.12.2025 |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de San Cibrao das Viñas para a apertura dun novo consultorio médico en Reboredo-concello de San Cibrao das Viñas |
0,00 € |
26.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Inibic para a xestión da formalización de contratos concedidos ao Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (Inibic), ao abeiro da convocatoria da Acción Estratéxica en Saúde (AES) 2025 |
0,00 € |
18.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega de Investigación Biomédica Galicia Sur para a xestión da formalización de contratos concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS), ao abeiro da convocatoria da Acción Estratéxica en Saúde (AES) 2025 |
0,00 € |
18.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e a Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela para a xestión da formalización de contratos concedidos ao Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Idis), ao abeiro da convocatoria da Acción Estratéxica en Saúde (AES) 2025 |
0,00 € |
18.12.2025 |
|
Acordo de adhesión da Universidade Tecnolóxica Atlántico-Mediterráneo ao convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e os centros universitarios adheridos a el, para a realización de prácticas externas dos estudos oficiais de grao e/ou máster en centros asistenciais e unidades administrativas do Servizo Galego de Saúde e da Consellería de Sanidade e das entidades instrumentais adscritas a ela |
0,00 € |
19.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e o Barco de Valdeorras) e a Deputación Provincial de Ourense para o uso bonificado do servizo fitness, no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense, para colectivos terapéuticos adscritos ao Servizo Galego de Saúde |
0,00 € |
19.12.2025 |
|
Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ribadeo para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Ribadeo |
0,00 € |
26.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vedra en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Vedra |
539.926,50 € |
29.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cee en que se establecen as bases para a reforma do centro de saúde de Cee |
274.344,51 € |
29.12.2025 |
|
Primeira addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Coruña polo que se desenvolve o convenio marco asinado o 4 de outubro de 2021, para a dotación dun centro de saúde no antigo mercado de Santa Lucía (A Coruña) |
9.665.368,02 € |
30.12.2025 |
|
Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións en favor das Persoas con Discapacidade Intelectual ou do Desenvolvemento (Fademga Plena Inclusión Galicia), para a realización de actividades de sensibilización e mellora da comunicación e promoción da saúde mental coas persoas con discapacidade intelectual no sistema sanitario público de Galicia. |
0,00 € |
30.12.2025 |
