O artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia (LEG), dispón que os cambios de titularidade das estradas ou treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados mediante decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.
Os artigos 8.2 e 8.3 da LEG establecen que as travesías de titularidade da Comunidade Autónoma ou das entidades locais de Galicia, ou treitos delas, adquirirán a condición de vías urbanas cando o seu tráfico sexa maioritariamente urbano e non resulten necesarias para manter a continuidade e a coherencia das redes de estradas, nos termos establecidos regulamentariamente, e que as travesías de titularidade da Comunidade Autónoma ou das entidades locais de Galicia que adquiran a condición de vías urbanas entregaranse ao concello polo que estas discorran, seguindo os procedementos de cambio de titularidade previstos nesa lei.
O artigo 9.7 da LEG recolle que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.
O artigo 18.11 do Regulamento xeral de estradas de Galicia (RXEG) dispón que os cambios e titularidade de treitos de estradas a favor de administracións de menor ámbito territorial só se levarán a cabo cando se trate de treitos terminais ou non impliquen a interrupción de ningún dos itinerarios dos que forma parte sen que exista unha alternativa viaria, existente ou planificada, para todos eles, que proporcione un nivel de servizo cando menos equivalente.
O 23 de outubro de 2025, a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Monforte de Lemos asinaron un acordo para o cambio de titularidade dos seguintes treitos de estradas autonómicas a favor do Concello de Monforte de Lemos: LU-546 p.q. 55+115 a 55+560 (rúa Doutor Casares), LU-662 p.q. 0+000 a 1+200 (rúa da Coruña e rúa Leopoldo Calvo Sotelo) e LU-933 p.q. 0+000 a 1+090 (rúa de Chantada e avenida de Galicia).
A estrada LU-662 (rúa da Coruña e rúa Leopoldo Calvo Sotelo p.q. 0+000 ao 1+200), e os treitos da estrada LU-546 (rúa Doutor Casares, p.q. 55+110 ao p.q. 55+560) e da estrada LU-933 (rúa de Chantada e avenida de Galicia, p.q. 0+000 ao p.q. 1+090) teñen categoría funcional de rede local, non forman parte de ningún itinerario entre núcleos ou centros de actividade relevantes, cuxa continuidade se puidera ver interrompida ao transferir a súa titularidade ao concello. Discorren na súa totalidade polo núcleo urbano de Monforte de Lemos, atravesando solo clasificado como urbano polo instrumento de planeamento vixente no Concello de Monforte de Lemos.
A Axencia Galega de Infraestruturas, de acordo cos informes emitidos polos servizos competentes, formula a proposta favorable á transferencia de titularidade dos treitos que se definen no artigo 1 (onde se axustou o inicio do treito para transferir da LU-546 ao p.q. 55+110, coincidente coa intersección coa rúa Ponte da Virxe), xa que está xustificado por razóns dunha xestión administrativa coherente e eficiente coa realidade das marxes destas estradas autonómicas.
De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día nove de febreiro de dous mil vinte e seis,
DISPOÑO:
Artigo 1
Aprobar o cambio de titularidade a prol do Concello de Monforte de Lemos da seguinte estrada e treitos de estradas autonómicas, xunto cos seus dominios públicos viarios:
|
Nº |
Transferencia |
Inicio |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29N) |
Final |
Coordenadas UTM (ETRS89 fuso 29N) |
Lonx. (m) |
|
1 |
Treito final da LU-546 (rúa Doutor Casares) |
p.q. 55+110 da LU-546 (int. rúa Ponte da Virxe) |
x = 622.623 y = 4.709.762 |
p.q. 55+560 da LU-546 (int. rúa María Emilia Casas Baamonde) |
x = 622.434 y = 4.709.375 |
436 |
|
2 |
Estrada LU-662 na súa totalidade (rúa da Coruña e rúa Leopoldo Calvo Sotelo) |
p.q. 0+000 da LU-662 (int. rúa Doutor Casares) |
x = 622.567 y = 4.709.563 |
p.q. 1+200 da LU-662 (int. rúa Roberto Baamonde) |
x = 622.720 y = 4.708.831 |
1.209 |
|
3 |
Treito inicial da LU-933 (rúa Chantada e avenida de Galicia) |
p.q. 0+000 da LU-933 (int. rúa María Emilia Casas Baamonde) |
x = 621.110 y = 4.709.162 |
p.q. 1+090 da LU-933 (int. rúa Cardeal Rodrigo de Castro) |
x = 622.007 y = 4.708.643 |
1.042 |
Artigo 2
Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede autonómica de estradas de Galicia, aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, para eliminar a estrada LU-662 e os treitos das estradas LU-546 e LU-933 que se transfiren, e para corrixir a denominación da estrada LU-664, afectada pola transferencia do treito final da LU-546, co seguinte resultado final:
– Elimínase a estrada LU-662.
– Os datos das estradas LU-546, LU-664 e LU-933 modifícanse, quedando como se mostran na seguinte táboa:
|
Clave |
Denominación |
Treito |
p.qi |
p.qf |
Lonxitude treito (km) |
Lonxitude total (km) |
Categoría funcional |
Clase de estrada |
Prov. |
|
LU-546 |
Nadela (N-VI) - Monforte de Lemos (rúa Ponte da Virxe) |
Nadela (N-VI) - Monforte de Lemos (rúa Ponte da Virxe) |
0+000 |
55+110 |
55,11 |
55,11 |
Local |
Estrada convencional |
Lugo |
|
LU-664 |
Monforte de Lemos (rúa Doutor Casares)-Monforte de Lemos (N-120a) |
Monforte de Lemos (rúa Doutor Casares) - Monforte de Lemos (N-120a) |
0+000 |
2+670 |
2,67 |
2,67 |
Local |
Estrada convencional |
Lugo |
|
LU-933 |
Monforte de Lemos (rúa Benito Vicetto) -Lím. Prov. - A Rúa |
Monforte de Lemos (rúa Benito Vicetto) - As Fontes (LU-545) |
1+840 |
4+240 |
2,40 |
51,09 |
Complementaria |
Estrada convencional |
Lugo |
|
LU-933 |
Monforte de Lemos (rúa Benito Vicetto) - Lím. Prov. - A Rúa |
As Fontes (LU-545) - Nocedo (N-120) |
4+240 |
28+830 |
24,59 |
51,09 |
Local |
Estrada convencional |
Lugo |
|
LU-933 |
Monforte de Lemos (rúa Benito Vicetto) - Lím. Prov. - A Rúa |
Nocedo (N-120) - Ponte do Sil (Deput.) |
28+840 |
31+330 |
2,49 |
51,09 |
Local |
Estrada convencional |
Lugo |
|
LU-933 |
Monforte de Lemos (rúa Benito Vicetto) - Lím. Prov. - A Rúa |
Ponte do Sil (Deput) - Quiroga (N-120) |
31+330 |
31+740 |
0,41 |
51,09 |
Complementaria |
Estrada convencional |
Lugo |
|
LU-933 |
Monforte de Lemos (rúa Benito Vicetto) - Lím. Prov. - A Rúa |
Quiroga (N-120) -Sequeiros (N-120) |
31+740 |
37+710 |
5,97 |
51,09 |
Local |
Estrada convencional |
Lugo |
|
LU-933 |
Monforte de Lemos (rúa Benito Vicetto) - Lím. Prov. - A Rúa |
Sequeiros (N-120) - Bendollo (N-120) |
37+720 |
40+260 |
2,54 |
51,09 |
Local |
Estrada convencional |
Lugo |
|
LU-933 |
Monforte de Lemos (rúa Benito Vicetto) - Lím. Prov. - A Rúa |
Bendilló (N-120) - Lím. Prov. |
41+910 |
54+600 |
12,69 |
51,09 |
Local |
Estrada convencional |
Lugo |
O documento do Catálogo e as súas modificacións poden consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas: https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Artigo 3
En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da LEG, o Concello de Monforte de Lemos deberá modificar o seu catálogo de estradas para incluír o cambio de titularidade a que se refire este decreto.
Artigo 4
De acordo co establecido no artigo 9.6 da LEG, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos tres meses seguintes a esta publicación, mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.
Esa acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:
https://vivendaeinfraestruturas.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega
Artigo 5
Correspóndelle ao Concello de Monforte de Lemos, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación das vías transferidas, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puidese corresponderlle como nova Administración titular.
Disposición derradeira
Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, nove de febreiro de dous mil vinte e seis
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
