O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2025, que se incorporan no anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2026
Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2025
|
Descrición |
Importe |
Data |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade da Coruña para o Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2030 (PCUMA). |
21.945 € |
6.10.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización do proxecto «Obtención de marcadores moleculares de resistencia á salinidade no berberecho (Cerastoderma edule) Resalber». |
Sen custo económico |
14.10.2025 |
|
2ª addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento de proxectos de tecnoloxías da información e comunicación que faciliten a aplicación e execución da asistencia técnica no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). |
1.050.000 € |
12.11.2025 |
|
2ª addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e Universidade de Santiago de Compostela, para a realización do proxecto «A calidade do medio mariño litoral e o seu efecto sobre o marisqueo. Calimar». |
Sen custo económico |
13.11.2025 |
|
Addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Vigo para a identificación e marcaxe selectiva de larvas de mexillón mediante anticorpos monoclonais. |
227.390,07 € |
17.11.2025 |
|
Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Pública Galicia Europa para o desprazamento dunha persoa empregada pública en virtude da disposición adicional 2ª da Lei 10/2021, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. |
22.357,30 € |
27.11.2025 |
|
Addenda de modificación do convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun modelo de equilibrio xeral computable e medición do posible impacto dunha baixada do IVE do peixe e do marisco nas preferencias dos consumidores no ano 2025. |
45.380 € |
5.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal, para a aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. |
1.507.899 € |
26.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Norte, para a aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. |
1.156.297,56 € |
26.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte, para a aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. |
1.399.156,29 € |
26.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Seo de Fisterra e Ría de Muros-Noia, para a aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. |
1.652.889,30 € |
26.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Arousa, para a aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. |
1.301.287,85 € |
26.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra, para a aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. |
1.116.425,23 € |
26.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Vigo-A Guarda, para a aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. |
989.558,72 € |
26.12.2025 |
|
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur, para a aplicación das estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP) no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027. |
1.076.552,90 € |
26.12.2025 |
|
Terceira addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento sustentable do desenvolvemento evolutivo do proxecto de Lonxas Galegas 4.0 para a modernización tecnolóxica dos establecementos de primeira venda de produtos do mar no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA). |
980.000 € |
30.12.2025 |
