BDNS (Identif.): 888126.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/888126
Primeiro. Persoas beneficiarias
– Os pagamentos directos indicados no número 1 do artigo 2 desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e actividade agraria.
– Os pagamentos a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (Intervención 6613), das axudas da Subintervención 6613.1-IU prima ZLN, recollidas no capítulo II do título III desta orde só se concederán a aquelas persoas solicitantes que cumpran os requisitos de agricultor activo e non pluriactivo.
– O pagamento das axudas relativas ás intervencións agroambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 recollidas no capítulo III do título III desta orde só se concederán ás persoas agricultoras que se comprometan voluntariamente a realizar operacións consistentes nun ou en varios compromisos agroambientais e climáticos na superficie agrícola da súa explotación, e compensarán os custos adicionais e as perdas de ingresos como consecuencia dos compromisos subscritos.
– Os pagamentos das axudas forestais do Plan estratéxico da Política Agrícola Común de España para o período 2023-2027 indicadas no capítulo IV do título III desta orde só se concederán:
• No caso da Subintervención 6502.2 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027: Compromisos de mantemento de forestacións, ás persoas que teñan concedido o compromiso de mantemento de forestacións ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2025 os compromisos de mantemento de forestacións, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027.
• No caso das Subintervencións 65021.05 e 65021.06 do Plan estratéxico da PAC 2023-2027: Compromisos de mantemento da Certificación de servizos ecosistémicos, ás persoas que teñan concedida o compromiso de mantemento de certificación de servizos ecosistémicos ao abeiro da Orde do 27 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas relativas aos compromisos forestais de xestión de servizos ecosistémicos, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convocan para o ano 2025.
Segundo. Obxecto
Esta orde ten por obxecto regular, na Comunidade Autónoma de Galicia, as axudas directas e as axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (SIXC) indicadas no artigo 2, do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), e convocar:
– As axudas directas á agricultura e á gandaría do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC), financiadas co Fondo Europeo Agrícola de Garantía Agraria (FEAGA), anualidade 2026:
Axuda básica á renda para a sustentabilidade.
Axuda redistributiva complementaria á renda para a sustentabilidade.
Axuda complementaria á renda para persoas agricultoras mozas.
Réximes en favor do clima, o ambiente e o benestar animal (ecorréximes) de acordo coas seguintes prácticas:
– Pastoreo extensivo.
– Illas de biodiversidade en superficies de pastos ou sega sustentable.
– Rotación de cultivos con especies mellorantes.
– Sementeira directa.
– Cuberta vexetal espontánea ou sementada.
– Cuberta inerte.
– Establecemento de illas de biodiversidade.
Axudas asociadas:
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de vacún de carne en extensivo.
– Axuda asociada para o engorde de tenreiros na explotación de nacemento.
– Axuda asociada para o engorde sustentable de tenreiros.
– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de vaca.
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún de carne en extensivo e semiextensivo.
– Axuda asociada para a produción sustentable de leite de ovella e cabra.
– Axuda asociada para as persoas gandeiras de ovino e cabrún en extensivo sen pastos, que pastorean restrollos, barbeitos e restos hortofrutícolas.
– Axuda asociada á produción sustentable de proteínas de orixe vexetal.
– Axuda asociada ao oliveiral con dificultades específicas e alto valor ambiental.
– Os compromisos de mantemento de forestacións, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PEPAC 2023-2027 (solicitudes de pagamento da anualidade 2026 da Intervención 6502.2–Compromisos de mantemento de forestación e sistemas agroforestais-subintervención 65022.01–Mantemento de forestacións ou repoboacións forestais).
– Os compromisos de servizos ecosistémicos, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PEPAC 2023-2027 (solicitudes de pagamento da anualidade 2026 da Intervención 6502.1–Compromisos forestais de xestión-subintervencións 65021.05 e 65021.06–Certificación de servizos ecosistémicos.
– As axudas a zonas con limitacións naturais e outras limitacións específicas incluídas no Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), subintervención 66130.04–IU prima ZLN.
– As axudas relativas ás intervencións ambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC de España 2023-2027 (PEPAC):
6501-Compromisos medioambientais, climáticos e outros relacionados coa xestión.
65014-Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Apicultura para a biodiversidade.
65051-Compromisos de conservación de recursos xenéticos.
65013-Compromisos agroambientais en superficies agrarias. Compromisos de fomento e xestión sustentable de pastos.
6503-Compromisos de xestión agroambientais en agricultura ecolóxica.
Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria
Orde do 13 de febreiro de 2026 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control (códigos de procedemento MR250A, MR239K, MR239G, MR239O, MR239Q, MR240D, MR241C e MR241D).
Cuarto. Contía
1. No que respecta aos réximes de axudas directas á agricultura e á gandaría recollidos no punto 1 do artigo 2 desta orde, están financiadas integramente polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga) e o Fogga exercerá como intermediario na súa xestión, polo que, en aplicación da disposición adicional décimo oitava da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, en relación coa disposición derradeira segunda desa lei, na cal se establece o carácter permanente da disposición décimo oitava da dita lei, os expedientes correspondentes aos réximes indicados serán xestionados como operacións extraorzamentarias, conforme o sinalado no artigo 46.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
2. No que respecta aos réximes de axuda contemplados no capítulo II, do título III, Axudas a zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas incluídas no Plan Estratéxico da PAC 2023-2027, cofinanciadas segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), a concesión e o pagamento das axudas realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga na aplicación orzamentaria 15.80.712B.772.1:
a) 9.353.000,00 euros para as axudas a zonas con limitacións naturais en áreas de montaña, no código de proxecto 2025.00001, intervención 6613, subintervención 6613_04.
Estas axudas están cofinanciadas ao 65 % polo Feader, ao 22 % pola Xunta de Galicia e ao 13 % pola Administración Xeral do Estado.
3. No que respecta aos réximes de axuda recollidos no capítulo III do título III, cofinanciados segundo o indicado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), o pagamento das axudas correspondentes á anualidade 2026 das intervencións medioambientais e climáticas do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 convocadas na campaña 2023 e na campaña 2025, realizarase con cargo aos orzamentos do Fogga na aplicación orzamentaria 15.80.712B.772.1:
|
Denominación |
Código proxecto |
Importe da anualidade 2026 (en €) |
|
Subintervención 65014.01: apicultura para a biodiversidade |
2023.00002 |
1.672.440,00 |
|
Subintervención 65051.01: fomento de razas autóctonas ameazadas de erosión xenética (SIXC) |
2023.00009 |
2.527.266,00 |
|
Subintervención 65051.02: conservación de variedades autóctonas en risco de erosión xenética (SIXC) |
2023.00008 |
160.499,20 |
|
Subintervención 65013.04: extensificación de prados |
2023.00004 |
10.868.327,80 |
|
Subintervención 65013.05: extensificación de pastos arbustivos e arborizados |
2023.00013 |
529.816,00 |
|
Subintervención 65013.06: convivencia co lobo |
2023.00014 |
3.187.225,50 |
|
Subintervención 6503.17 e 6503.18.- Liña: cultivos agrícolas ecolóxicos |
2023.00005 |
363.801,06 |
|
Subintervención 6503.19 e 6503.20.- Liña: viñedos para vinificación ecolóxica |
2023.00006 |
23.157,96 |
|
Subintervención 6503.21 e 6503.22.- Liña: gandaría ecolóxica |
2023.00012 |
6.861.432,43 |
|
Subintervención 6503.23 e 6503.24.- Liña: apicultura ecolóxica |
2023.00011 |
316.260,00 |
|
Subintervención 65012.07: leñosos |
2023.00015 |
176.114,00 |
|
Subintervención 65012.04: economía circular. Pequenas explotacións sostibles |
2023.00010 |
48.000,00 |
Estas axudas están cofinanciadas ao 80 % polo Feader, ao 4 % pola Xunta de Galicia e ao 16 % pola Administración Xeral do Estado.
4. No que respecta aos réximes de axuda recollidos nas seccións 1ª e 2ª do capítulo IV do título III desta orde, cofinanciados ao 80 % polo Feader do PEPAC 2023-2027, ao 4 % pola Xunta de Galicia e ao 16 % pola Administración Xeral do Estado, a concesión e o pagamento das axudas realizarase con cargo aos orzamentos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal conforme se indica de seguido:
a) Aplicación 15.03.713B.770.0 2024 00105, compromisos de mantemento de forestacións, anualidade 2026, cunha prima anual para compensar os traballos forestais de coidado e mantemento posteriores á plantación, correspondentes á intervención 65022. Compromisos de mantemento de forestacións e sistemas agroforestais, subintervención 65022_01. Mantemento de forestacións ou repoboacións forestais, por un importe de 1.052.128 euros no código de proxecto 2024 00105..
b) Compromisos de mantemento do certificado de servizos ecosistémicos, anualidade 2026, incluídos na intervención 65021. Compromisos forestais de xestión:
– Subintervención 65021_05. Certificación de servizos ecosistémicos_1:
-Para entidades beneficiarias distintas das entidades locais: aplicación 15.03.713B.770.0, por un importe de 43.529,20 euros no código de proxecto 2024 00101.
-Para entidades locais: aplicación 15.03.713B.760.0, por un importe de 1.674,20 euros no código de proxecto 2024 00101.
– Subintervención 65021_06. Certificación de servizos ecosistémicos_2:
-Para entidades beneficiarias distintas das entidades locais: aplicación 15.03.713B.770.0, por un importe de 33.788,79 euros no código de proxecto 2026 00071.
-Para entidades locais: aplicación 15.03.713B.760.0, por un importe de 1.325,80 euros no código de proxecto 2026 00071.
Quinto. Prazo de presentación da solicitude única
O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2026, iniciarase o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de abril de 2026, ambos incluídos.
Unha vez finalizado o prazo para a presentación da solicitude única, as persoas solicitantes poderán modificar a solicitude ata o 31 de maio de 2026, incluído.
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2026
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
