DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 20 de febreiro de 2026 Páx. 14346

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2026 pola que se modifica a Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar.

No DOG núm. 162, do 26 de agosto de 2025, publicouse a Resolución do 18 de xullo de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar.

O anexo I da referida resolución inclúe o programa que rexerá as probas selectivas. Na parte específica do dito programa figura o tema 15. O Plan Camgal (Plan de control ambiental mariño de Galicia): obxectivos, redes de mostraxe, parámetros e seguimento do estado ambiental.

Porén, o acrónimo do referido Plan Camgal correspóndese co Plan territorial de continxencias por contaminación mariña accidental da Comunidade Autónoma de Galicia. Por motivo desta falta de correspondencia, e en atención ao momento procedemental deste proceso selectivo, considérase como medida máis axeitada a retirada do tema antes referido.

Por outra banda, apreciado un erro de redacción no tema 26, procede a súa corrección.

Por conseguinte, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,

DISPÓN:

Modificar o anexo I da Resolución do 8 de xullo de 2025 pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de ciencias do mar, no seguinte sentido:

Primeiro. Elimínase da parte específica do programa que rexerá a convocatoria de probas selectivas o tema 15. O Plan Camgal (Plan de control ambiental mariño de Galicia): obxectivos, redes de mostraxe, parámetros e seguimento do estado ambiental.

Segundo. Por outra banda, detectado un erro na parte específica do programa que rexerá a convocatoria de probas selectivas, na redacción correspondente ao tema 26, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 46661, onde di:

«Tema 26. Marisqueo: profesional, a pé e recreativo. Regulación, ordenación e situación socioeconómica».

Debe dicir:

«Tema 26. Marisqueo: profesional (a pé e en embarcación). Regulación, ordenación e situación socioeconómica».

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal