En cumprimento do disposto no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, publícase como anexo a esta resolución o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 19 de xaneiro de 2026, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais e dereitos mineiros, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Marcofán, sito nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e promovido por Marcofán Eólica, S.L. (expediente IN408A 2017/20).
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2026
Paula Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 19 de xaneiro de 2025, polo que se outorga a declaración de utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais e dereitos mineiros, das instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Marcofán, sito nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e promovido por Marcofán Eólica, S.L. (expediente IN408A 2017/20)
Examinado o expediente iniciado por solicitude de Marcofán Eólica, S.L., en relación coa declaración de utilidade pública, así como a compatibilidade con diversos aproveitamentos forestais e dereitos mineiros do parque eólico Marcofán, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 26.10.2017, Adelanta Corporación, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa de instalacións de produción de enerxía eléctrica e as súas infraestruturas de evacuación para o proxecto denominado parque eólico Marcofán.
Segundo. O 28.12.2018, Marcofán Eólica, S.L. solicitou a transmisión do expediente do parque eólico Marcofán a favor desta sociedade, en que achega a documentación acreditativa das capacidades legal, técnica e económica.
Pola Resolución do 24 de febreiro de 2020, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse a transmisión de titularidade do expediente administrativo do parque eólico Marcofán a favor de Marcofán Eólica, S.L.
Terceiro. O 29.6.2022, tivo entrada nesta dirección xeral a solicitude presentada por Marcofán Eólica, S.L. relativa á declaración de utilidade pública, do parque eólico Marcofán, coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Cuarto. Mediante Acordo do 19 de setembro de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, someteuse a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, do parque eólico Marcofán, situado nos concellos do Irixo, Boborás e Beariz, na provincia de Ourense (DOG núm. 196, do 14 de outubro).
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia número 196, do 14 de outubro de 2022 e no xornal La Región o 14 de outubro de 2022. Así mesmo permaneceu exposto ao público no taboleiro de anuncios dos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e nas dependencias da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación (Consellería de Economía e Industria na actualidade) da Xefatura Territorial de Ourense, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública.
Asemade, a dita resolución estivo exposta no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación.
Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.
Quinto. O 31.1.2022, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense emitiu un informe en que indica «O parque eólico Marcofán está proxectado en terreos afectados polos seguintes dereitos mineiros:
Solicitude do permiso de investigación Macarena núm. 5190.
Perímetro de protección da autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño núm. 87.1.
Sexto. O 9.3.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos dereitos mineiros afectados, en relación coa solicitude do permiso de investigación Macarena núm. 5190 e perímetro de protección da autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño núm. 87.1, de acordo cos informes do Servizo de Enerxía e Minas de Ourense recollidos no antecedente de feito anterior, concedéndolles un prazo de quince días para presentar as alegacións que estimasen oportunas.
O 31.3.2023, Sequoia Venture Capital, S.L. (anteriormente Salamanca Ingenieros) presentou un escrito de alegacións, as cales foron trasladadas á promotora o 10.4.2023, que contestou o 12.4.2023.
O 17.4.2023, Augas do Paraño, S.L. presentou alegacións.
Sétimo. O 21.4.2023, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu da Sección de Minas da Xefatura Territorial de Ourense un informe do 21.4.2023 en relación ao artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que conclúe en que indica: «Infórmase a compatibilidade condicionada á variación da traza da gabia á zona de restricións mínimas e á presentación por parte da promotora das medidas que se van implementar durante a execución dos traballos para a eliminación total do risco de verteduras».
Oitavo. O 21.4.2023, Marcofán Eólica, S.L. presentou unha nova documentación técnica refundida do proxecto do parque eólico Marcofán. Esta modificación está motivada para a compatibilidade entre o proxecto do parque eólico Marcofán e o perímetro de protección da autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño núm. 87.1.
A modificación consiste, en esencia, na variación do trazado da gabia, evitando a zona de restrición media (ZME) do dito aproveitamento.
Con datas do 23.4.2023 e do 24.4.2023, a Dirección Xeral de Patrimonio Natural e Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emitiron os informes, por solicitude desta dirección xeral, relativos á dita modificación.
O 24.4.2023, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático emitiu un informe indicando o seguinte: «Á vista dos cambios para adaptar o proxecto ao condicionado da DIA, sinalados no documento «Addenda de valoración ambiental comparativa do cambio de modelo de aeroxenador do parque eólico Marcofán», non procede iniciar un novo trámite de avaliación ambiental, ao considerar que as modificacións pretendidas non se atopan dentro dos supostos recollidos no artigo 7 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Deste modo, considérase que non existen obxeccións á modificación pretendida pola promotora sempre que se cumpra o recollido na documentación achegada».
Noveno. Mediante Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Marcofán, sito nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense). (DOG núm. 101, do 30 de maio).
Décimo. Con data do 25.8.2023, Marcofán Eólica, S.L. solicitou unha modificación non substancial do parque eólico Marcofán, consistente, con carácter xeral, na modificación do trazado da gabia entre o aeroxerador núm. 2 e o centro de seccionamento e medida, para mellorar a compatibilidade coa captación de auga mineral natural O Paraño 101 S-2 pertencente ao permiso mineiro Augas do Paraño, así como adecuacións de plataformas, vieiros e zonas de volteo de acordo coas especificacións finais do tecnólogo suministrador dos aeroxeradores.
Décimo primeiro. Por Resolución do 30 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, recoñeceuse como non substancial unha modificación do parque eólico Marcofán, sito nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e promovido por Marcofán Eólica, S.L.
Décimo segundo. O 3.1.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais recibiu un informe do 15.12.2023, da Sección de Minas de Ourense, en relación ao artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que conclúe indicando: «... a solicitude do permiso de investigación Macarena 5190 non se trata dun dereito mineiro consolidado e, polo tanto, ao non existir o outorgamento do dereito, non se ten o recoñecemento de utilidade pública; polo que non cabe o trámite de compatibilidade ou prevalencia dunha utilidade pública sobre outra.
(...)
Infórmase a compatibilidade entre o parque eólico Marcofán e o perímetro de protección de autorización de aproveitamento de augas minerais, industriais e de manancial Paraño núm. 87.1.
Décimo terceiro. O 3.1.2024, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu do Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense informe en relación ao artigo 161 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que conclúe indicando «No documento anterior, indícase o seguinte: «(…) 5. En consecuencia, formalizáronse a totalidade dos acordos cos titulares dos bens afectados polas instalacións del Parque Eólico Marcofán (artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro). (…)».
En consecuencia, e salvo erro ou omisión involuntaria, non procede informar sobre a limitación á constitución de servidumes a que se refire o artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Décimo cuarto. O 26.2.2024, o Servizo de Propiedade Forestal remitiulle a esta dirección xeral un informe do 20.2.2024, do Servizo de Montes de Ourense, de aproveitamentos de masas forestais, este indica que o proxecto afecta:
• CMVMC As Santas, titular As Antas.
• CMVMC Marcofán, titular Iglesario.
• CMVMC Pena Marela, Marcofán, Costa do Muíño y Piñeiros, titular Magros.
• CMVMC Regueiro, titular O Regueiro de Abaixo, O Regueiro de Arriba y As Antas.
• CMVMC Chancela, titular Muradás.
• CMVMC de Cerdeira, titular Cerdeira.
• CMVMC Foral de Ventelas, titular As Ventelas.
• CMVMC Liñares, titular Os Liñares.
Décimo quinto. O 4.3.2024, Marcofán Eólica, S.L. presentou contestación en relación ao certificado de aproveitamentos de masas forestais emitido polo Servizo Provincial de Montes de Ourense, en que manifesta que non existe afección do parque eólico Marcofán sobre CMVMC das Ventelas, CMVMC Magros e CMVMC dos Liñares.
O 21.11.2023, a promotora achegou os acordos de cesión de dereito de superficie para a instalación do parque eólico cos montes veciñais CMVMC Cerdeira, CMVMC Regueiro, CMVMC Marcofán, CMVMC As Santas e CMVMC Chancela.
Décimo sexto. O 21.3.2024, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais efectuou o trámite de audiencia previsto no artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, cos titulares dos montes veciñais en mancomún CMVMC das Ventelas, CMVMC Magros, CMVMC dos Liñares, CMVMC Cerdeira, CMVMC Regueiro, CMVMC Marcofán, CMVMC As Santas e CMVMC Chancela, de acordo co informe do Servizo de Monte de Ourense recollidos no antecedente de feito décimo quinto, concedéndolles un prazo de quince días para presentar as alegacións que considerasen oportunas.
Durante o dito prazo, o 3.4.2024 CMVMC das Ventelas contestou ao devandito trámite de audiencia presentando alegacións. Esta dirección xeral remitiulle a planimetría correspondente ao Proxecto técnico de execución parque eólico Marcofán, novembro 2023 (visado colexialmente polo ICOIIG co núm. 20233590 do 17.11.2023), en que se recollen a configuración e as características finais do proxecto co obxecto de completar a identificación das afeccións. Asemade, deuse traslado ao Servizo de Ordenación e Coordinación da solicitude de acceso á información dos acordos presentados pola promotora coas diversas comunidades de montes veciñais en man común.
O resto das comunidades de montes veciñais en man común afectadas non presentaron alegacións.
Décimo sétimo. O 6.3.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático solicitou á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal o informe sobre a compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos forestais afectados polo parque eólico Marcofán na provincia de Ourense.
Décimo oitavo. O 4.4.2025 e 30.4.2025, esta dirección xeral recibiu do Servizo de Propiedade Forestal os informes do Servizo de Montes de Ourense en relación ao artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, que emitiu informes favorables sobre a compatibilidade dos aproveitamentos forestais do proxecto do parque eólico Marcofán e reiterándose nas comunidades de montes afectadas.
No informe do Servizo de Montes de Ourense indícase que: «Polo exposto anteriormente, e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade dos aproveitamentos da infraestrutura parque eólico Marcofán, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo e perda este o seu carácter forestal, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque eólico».
Os montes veciñais listados no informe e afectados segundo a cartografía do Rexistro de Montes Veciñas son: Monte Regueiro, de Cerdeira, As Santas, Foral de Ventelas, Chancela, Marcofán e Magros.
Décimo noveno. No marco do procedemento PO-7295/2023, interposto pola Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, contra a Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Marcofán, sito nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) (DOG núm. 101, do 30 de maio), o Tribunal Superior de Xustiza da Galicia ditou o Auto núm. 00115/2024, do 18 de abril de 2024, referido ao procedemento da Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, en que acordou a suspensión cautelar da resolución impugnada.
En concreto, o Auto do TSXG núm. 00115/2024, do 5 de marzo 2024,
RESOLVE:
«1º. Estimar, sen imposición de caución, a medida cautelar solicitada pola representación procesal de Asociación Autonómica Cultura e Ambiental Petón do Lobo, e, en consecuencia, suspéndese a executividade da actuación administrativa descrita no fundamento de dereito primeiro».
Vixésimo. O 19.2.2025, a Asesoría Xurídica emitiu un informe sobre a posibilidade de tramitar a declaración de utilidade pública dos proxectos de parque eólico (e/ou, de ser o caso, das súas infraestruturas de evacuación) que, ben que contan con autorización administrativa previa e de construción, están afectados por unha suspensión cautelar acordada polo TSXG no marco dun recurso contencioso-administrativo.
Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes:
Fundamentos de dereito:
Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Segundo. No expediente instruído para o efecto, cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental; na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. O informe de 19.2.2025, da Asesoría Xurídica, sobre a posibilidade de tramitar a declaración de utilidade pública dos proxectos de parque eólico (e/ou, de ser o caso, das súas infraestruturas de evacuación) que, ben que contan con autorización administrativa previa e de construción, estean afectados por suspensión cautelar acordada polo TSXG no marco dun recurso contencioso-administrativo, conclúe:
«5. O feito de que a solicitude de declaración de utilidade pública poida presentarse e tramitarse simultaneamente coa solicitude de autorización administrativa previa e/ou de construción (artigos 143.2 Real decreto 1955/2000 e 44.2 da Lei 8/2009), pon de manifesto que non é necesario que as ditas autorizacións estean aprobadas para poder tramitar a solicitude e, en consecuencia, que a medida cautelar de suspensión acordada respecto das autorizacións administrativa previa e de construción non é un obstáculo para tramitar as solicitudes de declaración de utilidade pública correspondentes aos parques eólicos coas autorizacións suspendidas cautelarmente. Isto é, na medida en que non é necesario que a autorización administrativa previa e a de construción estean aprobadas para solicitar e tramitar a declaración de utilidade pública, a suspensión cautelar destas autorizacións non impide tramitar as solicitudes de utilidade pública a que se refire a petición de informe e, en particular, realizar os seguintes trámites destacados na consulta formulada:
• Realización da información pública.
• Notificación aos afectados por cambios nos proxectos despois da información pública da relación de bens e dereitos.
• Petición de certificados de aproveitamentos forestais e mineiros afectados.
• Apertura do trámite de audiencia, de ser o caso.
• Emisión de informes de compatibilidade cos dereitos afectados (minas e montes).
• Emisión de informes de servidumes.
6. En todos os casos a que se refire a consulta, o proxecto executivo está aprobado, o que permite dispoñer da relación de bens e dereitos afectados pola expropiación (a diferenza do que sucedeu, por exemplo, no suposto analizado na STS 22.03.2010, Sala Terceira, do Contencioso-Administrativo, sección 3ª, Rec. 513/2007, RJ\2010\4447, FX 4º: «Se por calquera destas circunstancias, non se aproba o proxecto de execución, ou a localización da instalación se modifica para evitar os óbices urbanísticos, a declaración de utilidade pública e as actuacións expropiatorias derivadas desta terían resultado carentes de base firme e poderían ter ocasionado prexuízos innecesarios a algúns titulares de bens ou dereitos como a empresa recorrente»). Os efectos suspensivos da medida cautelar que afecta a autorización administrativa de construción non inhabilitan o alcance do proxecto executivo nin lle privan do seu valor para identificar os bens e os dereitos concretamente afectados pola instalación de enerxía eléctrica, motivo polo que é perfectamente posible declarar a utilidade pública solicitada polo órgano competente (ben a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, ben o Consello da Xunta nos supostos previstos no artigo 44.5 da Lei 8/2009 – supostos de compatibilidade ou prevalencia cando as autorizacións ou os títulos habilitantes para os aproveitamentos sexan competencia de máis dunha consellería) e proceder á súa notificación e publicación, de acordo co legalmente exixido.
7. Ben que a suspensión cautelar da autorización administrativa previa e de construción non impide tramitar e declarar a utilidade pública en concreto (ao tratarse de procedementos autónomos e tendo en conta o concreto alcance da medida cautelar de suspensión acordada), o certo é que non resulta razoable continuar a tramitación do procedemento expropiatorio (privando aos propietarios da súa posesión coa ocupación do ben ou dereito expropiado) cando a promotora non pode executar o proxecto por razón da medida cautelar. A esta imposibilidade material de executar o proxecto polo promotor, súmase a incerteza propia da pendencia do procedemento administrativo que pesa sobre as autorizacións administrativa previa e de construción, indispensables para a posta en funcionamento da instalación de enerxía eléctrica. Atendendo a estas circunstancias e co obxectivo de non ocasionar prexuízos innecesarios aos titulares de bens e dereitos afectados pola declaración de utilidade pública (STS 25.02.2016 e STS 22.03.2010, antes citadas), procede (como xa se propón na petición de informe) suspender o prazo para resolver o procedemento e notificar a resolución do procedemento expropiatorio ata o levantamento da medida cautelar de suspensión (ver ao respecto o artigo 132 LJCA), aplicando o previsto no artigo 22, punto 1, letra g), da Lei 39/2015, do 15 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas».
En consecuencia, tal e como se xustifica no informe da Asesoría Xurídica do 19.2.2025, a suspensión cautelar da Resolución do 24 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Marcofán, sito nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e promovido por Marcofán Eólica, S.L., acordada polo Auto do TSXG núm. 00115/2024, do 18 de abril de 2024, non impide tramitar a solicitude de declaración de utilidade pública para o parque eólico Marcofán presentada pola promotora, Marcofán Eólica, S.L., xunto coa correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, de acordo co exixido no artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Cuarto. De acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública leva implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
Agora ben, o levantamento da medida cautelar de suspensión acordada polo Auto do TSXG núm. 00115/2024 do 18 de abril de 2024 (ben mediante unha decisión expresa referida á dita medida cautelar de suspensión ou ben mediante unha sentenza firme que poña fin aos procedementos ordinarios que se seguen contra a Resolución do 23 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Marcofán, sito nos concellos de Beariz, Boborás e O Irixo (Ourense) e promovido por Marcofán Eólica, S.L., resulta indispensable para poder continuar coa tramitación do procedemento expropiatorio con todas as garantías para os afectados por este, de xeito que non se lles ocasionen prexuízos innecesarios, tendo en conta que a situación de incerteza que pesa sobre as autorizacións administrativa previa e de construción pola pendencia do procedemento contencioso-administrativo PO-7295/2023, se ve agravada singularmente pola medida cautelar que se impide a promotora executar o proxecto neste momento.
En consecuencia, atendendo a estas circunstancias e, singularmente, á suspensión cautelar acordada polo Auto do TSXG núm. 00115/2024, do 18 de abril de 2024, procede suspender o prazo para resolver e para notificar a resolución deste procedemento expropiatorio de acordo co artigo 22, punto 1, letra g), da Lei 39/2015, do 15 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
En canto á duración desta suspensión, de acordo co artigo 22.1, letra g) da Lei 39/2015, en relación co artigo 132 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, non procede dirixir solicitude ningunha ao órgano xurisdicional de acordo co artigo 132 en relación co artigo 130 da Lei 29/1998, iniciándose esta suspensión desde o momento en que así se declare. Polo demais, a suspensión debe estenderse, atendendo a cal é o pronunciamento xurisdicional que resulta indispensable para a continuación do procedemento, ata que, de acordo co artigo 22.1, letra g) da Lei 39/2015, en relación co artigo 132 Lei 29/1998, esta Administración teña constancia da emisión do pronunciamento polo que se acorde o levantamento da medida cautelar de suspensión (suposto no que a actuación impugnada recuperará a súa executividade) ou ben, no seu defecto, cando esta Administración teña constancia da emisión da sentenza firme pola que se resolva o procedemento PO-7295/2023.
Quinto. En relación coas alegacións presentadas durante a tramitación do expediente de declaración de utilidade pública, visto o seu contido e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre manifestar o seguinte:
• En relación coa titularidade e as características dos bens e dos dereitos afectados, tomouse razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas. Non obstante, corresponde á fase de levantamento de actas previas a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados e das súas características (localización, extensión, tipo de aproveitamento,etc.) así como das afeccións reais do proxecto sobre eles.
• En relación ás parcelas que se van incluír na relación de bens e dereitos afectados, o artigo 44 da Lei 8/2009, especifica que a solicitude de declaración, en concreto, de utilidade pública incluirá a relación concreta e individualizada dos bens e dos dereitos sobre os que non se obtivo un acordo cos seus titulares e sobre os que se considera necesaria a expropiación.
• En relación aos prexuízos xerados polo proxecto en canto a servidumes e a fragmentación en explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e madeireiras, cabe indicar que non están previstas afeccións aos usos actuais máis alá das propias zonas de implantación das infraestruturas definidas no proxecto de execución. En todo caso, no afectado exclusivamente no presente expediente de declaración de utilidade pública e, polo tanto, no que respecta ás compensacións polas afeccións xeradas polo proxecto, no caso de que non se chegase a un acordo entre a promotora eólica e os afectados durante o procedemento expropiador, fixaranse as compensacións correspondentes de acordo coa lexislación aplicable.
Sexto. No que respecta á compatibilidade do parque eólico cos montes afectados, e de acordo co establecido no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, finalizado o trámite de audiencia coas CMVMC das Ventelas, CMVMC Magros, CMVMC dos Liñares, CMVMC Cerdeira, CMVMC Regueiro, CMVMC Marcofán, CMVMC As Santas e CMVMC Chancela, o 30.4.2025 a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal remítelle á Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Cambio Climático o informe do Servizo de Monte do Departamento Territorial de Ourense do 30.4.2025 que se transcribe a continuación:
«Polo exposto anteriormente, e en cumprimento do artigo 53 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio a reactivación económica de Galicia, e do disposto no artigo 45.4 da Lei 8/2009, do 22 decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, emítese informe favorable sobre a compatibilidade dos aproveitamentos da infraestrutura parque eólico Marcofán, exceptuando a superficie en que se cambie a clasificación do solo, e sempre que se cumpra a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque eólico».
De acordo co exposto, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, proponse que o Consello da Xunta de Galicia adopte o seguinte
ACORDO:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico Marcofán, segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro) en relación coas parcelas recollidas no anexo I deste acordo.
Segundo. Suspender, de acordo co artigo 22.1, letra g) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o prazo para resolver e notificar a resolución do procedemento expropiatorio previsto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa en relación co artigo 56 da Ley 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se reugla o aproveitamento eólico en Galicia e se crean a canon eólico e o Fondo de Comprensación Ambiental.
Esta suspensión, de acordo co artigo 22 da lei 39/2015, estenderase, atendendo a cal é o pronunciamento xurisdicional que resulta indispensable para a continuación do procedemento, ata que, de acordo co artigo 22.1, letra g) da Lei 39/2015, en relación co artigo 132 Lei 29/1998, esta Administración teña constancia da emisión do pronunciamento polo que se acorde o levantamento da medida cautelar de suspensión acordada polo Auto do TSXG núm. 00115/2024, do 18 de abril de 2024 (suposto en que a actuación impugnada recuperará a súa executividade) ou ben, no seu defecto, cando esta Administración teña constancia da emisión da sentenza firme pola que se resolvan os procedementos PO-7295/2023.
Terceiro. Declarar a compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro afectado: Paraño núm. 87.1.
Cuarto. Declarar a compatibilidade do parque eólico cos montes veciñais en man común afectados: CMVMC das Ventelas e CMVMC Magros. Non se declara o trámite de compatibilidade coas comunidades de monte coas que ten acordo: CMVMC Cerdeira, CMVMC Regueiro, CMVMC Marcofán, CMVMC As Santas e CMVMC Chancela.
Esta declaración de compatibilidade axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:
• Tal e como queda recollido nos informes do 4.4.2025 e do 30.4.2025 emitidos polo servizos de Montes de Ourense mencionados no antecedente de feito décimo oitavo, debe cumprise a lexislación vixente sobre a xestión da biomasa dentro da poligonal de ocupación do parque durante toda a vida útil deste.
Quinto. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, por medio dunha Resolución da Dirección Xeral de Enerxía Renovable e Cambio Climático, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación deste acordo, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
ANEXO I
Relación de bens e dereitos afectados parque eólico Marcofán
|
Minas |
Datos catastrais parcela |
Afeccións (m²) |
||||||||||||
|
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Servidume de voo |
Ocupación temporal |
|||||||||||
|
Núm. parcela |
Referencia catastral |
Tipo de restrición permiso mineiro: máxima, media ou mínima |
Concello |
Polígono |
Parcela |
Lugar |
Cultivo |
Cimentación |
Plataforma |
CSM |
Vieiro |
Gabia |
||
|
1 |
32014A04500126 |
Media |
Boborás |
45 |
126 |
608,3 |
1.634,4 |
4,2 |
||||||
|
2 |
32036A08200108 |
Media |
O Irixo |
82 |
108 |
265,2 |
3.162,7 |
|||||||
|
3 |
32012A00700001 |
Mínima |
Beariz |
7 |
1 |
38,53 |
5.666,9 |
|||||||
|
4 |
32012A01300011 |
Mínima |
Beariz |
13 |
11 |
903,7 |
||||||||
|
5 |
32012A01300182 |
Mínima |
Beariz |
13 |
182 |
1.237,4 |
||||||||
|
6 |
32012A01300186 |
Mínima |
Beariz |
13 |
186 |
1.135,4 |
||||||||
|
7 |
32012A01300187 |
Mínima |
Beariz |
13 |
187 |
333,4 |
||||||||
|
8 |
32012A01300190 |
Mínima |
Beariz |
13 |
190 |
79,1 |
||||||||
|
9 |
32012A01300191 |
Mínima |
Beariz |
13 |
191 |
185,4 |
||||||||
|
10 |
32012A01300193 |
Mínima |
Beariz |
13 |
193 |
63,1 |
||||||||
|
11 |
32012A01400157 |
Mínima |
Beariz |
14 |
157 |
16,8 |
||||||||
|
12 |
32012A01400158 |
Mínima |
Beariz |
14 |
158 |
17,5 |
||||||||
|
13 |
32012A01400161 |
Mínima |
Beariz |
14 |
161 |
24,6 |
||||||||
|
14 |
32012A01400162 |
Mínima |
Beariz |
14 |
162 |
15,5 |
||||||||
|
15 |
32012A01400165 |
Mínima |
Beariz |
14 |
165 |
11,8 |
||||||||
|
16 |
32012A01400272 |
Mínima |
Beariz |
14 |
272 |
548,3 |
||||||||
|
17 |
32012A01400276 |
Mínima |
Beariz |
14 |
276 |
1.045,4 |
||||||||
|
18 |
32014A04500126 |
Mínima |
Boborás |
45 |
126 |
379,8 |
1.369,2 |
778,3 |
3.959,2 |
9.847,1 |
3.254,2 |
|||
|
19 |
32014A04600167 |
Mínima |
Boborás |
46 |
167 |
1.022,6 |
||||||||
|
20 |
32014A04600267 |
Mínima |
Boborás |
046 |
267 |
139,5 |
||||||||
|
21 |
32014A04600270 |
Mínima |
Boborás |
46 |
270 |
107,1 |
||||||||
|
22 |
32014A04600271 |
Mínima |
Boborás |
46 |
271 |
116,5 |
||||||||
|
23 |
32014A04600296 |
Mínima |
Boborás |
46 |
296 |
39,1 |
||||||||
|
24 |
32014A04600297 |
Mínima |
Boborás |
46 |
297 |
30,7 |
||||||||
|
25 |
32036A08200108 |
Mínima |
O Irixo |
82 |
108 |
265,2 |
||||||||
|
26 |
32014A04600264 |
Mínima |
Boborás |
46 |
264 |
13,4 |
||||||||
|
Afección total sobre o permiso mineiro Augas do Paraño OU/B/00087.1 |
379,8 |
1.369,2 |
38,53 |
3.660,4 |
14.969,4 |
14.644,2 |
3.258,4 |
|||||||
|
Datos catastrais da parcela |
Cultivo |
Afeccións montes (m²) |
||||||||||||||
|
Referencia catastral |
Titular |
Ayuntamiento |
Polígono |
Parcela |
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Servidume voo aero |
Servidume voo aero+vieiro |
Servidume voo aero+gabia |
Servidume voo aero+gabia+vieiro |
Ocupación temporal |
|||||
|
Cimentación |
Plataforma |
Csm |
Vieiro |
Gabia |
Vieiro + gabia |
|||||||||||
|
32012A01400271 |
CMVMC As Ventelas |
Beariz |
14 |
271 |
Matogueira |
19,6 |
||||||||||
|
32012A01400272 |
CMVMC As Ventelas |
Beariz |
14 |
272 |
Matogueira |
1.518,2 |
||||||||||
|
32012A01400276 |
CMVMC As Ventelas |
Beariz |
14 |
276 |
Matogueira |
1.253,5 |
||||||||||
|
32012A01300193 |
CMVMC As Ventelas |
Beariz |
13 |
193 |
Matogueira |
63,1 |
||||||||||
|
32012A01400277 |
CMVMC As Ventelas |
Beariz |
14 |
277 |
Piñeiral maderable |
565,2 |
||||||||||
Tipos de afeccións parque eólico en metros cadrados (m2):
• Superficie de pleno dominio:
– Cimentación (Cim.): cimentación do aeroxerador.
– Plataforma (Plat.): plataforma de montaxe do aeroxerador.
– Torre (Torre.): torre meteorolóxica.
• Servidume de paso:
– Vieiro: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.
– Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.
• Servidume de voo das pas dos aeroxeradores (Voo aero).
• Outras afeccións:
– Ocupación temporal (Ocup. temp.): ocupación de terreos durante o período de duración das obras. Serve temporalmente como provisión de materiais, montaxe de guindastres, provisión de pas e outros compoñentes dos aeroxeradores, etc.
