Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 2026-0069, do 13 de febreiro de 2026, acordouse nomear a Silvia Fraga Louzán, con DNI ***8574**, funcionaria de carreira do Concello de Barro, para cubrir unha praza de administrativa, pertencente á escala da Administración xeral, integrada no grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso-oposición, quenda libre, incluída na OEP do ano 2025, segundo a convocatoria publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 52, do 18 de marzo de 2025.
O que se fai público para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción provisional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Barro, 13 de febreiro de 2026
Xosé Manuel Fernández Abraldes
Alcade
