DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 34 Venres, 20 de febreiro de 2026 Páx. 14448

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 2 de febreiro de 2026, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente 118034 e catro máis.

Logo de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázanse as persoas interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia.

Os actos obxecto de notificación foron adoptados pola Xefatura da Área do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo.

A comparecencia para coñecer o texto íntegro dos actos deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, avenida Ramón Ferreiro, nº 28, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 2 de febreiro de 2026

Alberto José López Díaz
Xefe da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

Acto obxecto de notificación

118034

Z0979753G

Trámite de audiencia sorteo Lugo barrio histórico

110366

35696569V

Trámite de audiencia sorteo Lugo barrio histórico

201105

33546722A

Trámite de audiencia sorteo Lugo barrio histórico

63545

33544554C

Trámite de audiencia sorteo Lugo barrio histórico

107123

33342171Z

Trámite de audiencia sorteo Lugo barrio histórico